domingo, 9 de junio de 2024

 SÓ LÁGRIMAS…

 

Abrimos este particular Ventanuco cunha entrada musical. Facémolo co “Sólo lágrimas” da poeta meañesa Herminia Fariña, e que musicou o tamén meañés Rafa Dovalo,
“Te di mi cantares / las más tiernas fragancias / el sueño de mis noches / mis azules miradas / ¿Y que me diste tú en cambio? / Lágrimas, sólo lágrimas” (…). Ofrécese en versión instrumental, de mans de Vanessa Dopazo (frauta), Brenda Rodiño (violonchelo) y Lorenzo Barbeito (guitarra), actuando en vivo no marco de “A Cova do Trasno”, foro de debate que organiza a Asociación G.A.M. en pro da cultura meañesa. “Te di mis pensamientos / la bondad de mi alma / el dulzor de mis besos / el por qué de mis ansias / ¿Y qué me diste tú en cambio? / Lágrimas, sólo lágrimas” (…). Foi o pasado 10 de maio en Simes e compatímolo hoxe contigo, anunciando xa unha terceira e última entrega da tempada, que se está cociñando para para prsentala ao público neste mes de xuño. Foron (e son) os elexidos unha terna de personaxes de renome e esquecidos: o político José Calviño, a poeta Heminia Fariña… E quen será o terceiro? Anunciarase en días, e cun "hit" en bandoleira". Permañece atento.




No hay comentarios:

Publicar un comentario