sábado, 25 de enero de 2025

Opinión***

FOCO INFECTO


Desde fai un par de semanas volta a estar vertendo augas fecais o colector de saneamento municipal ao río Chanca, a altura do lugar de Abuín (Dena). A obturación no colector chegou estos días ao punto de afectar ao aliviadeiro polo que antes manaba, e que agora está tamén atascado. Por esta razón as augas fecais rebosan o pozo de rexistro (cunha profundidade de en torno a 1,70 metros), e saen formando un regueiro de augas fedorentas que, ao cabo de percorrer uns metros, verten ao cauce río. E desde aí este verquido chega ao humedal da desembocadura do Chanca, incluido da Rede Natural 2000, espazo considerado de especial protección autonómica e internacional. (Na imaxe verquido de fecais polo aliviadeiro de Abuín, captado o 16 de xaneiro)

Mais sen ruborizarse, o rexidor Carlos Viéitez e goberno local miran para outro lado. O mesmo fan algúns colectivos veciñais, que perden toda razón de ser para plegarse a unhas simpatías políticas no Meaño actual, onde o medo se impón por doquier.
Este verquido é un foco endémico de fecais que ninguén semella ter vontade real de solventar. Ata por parte dunha oposición, que se resigna plácida, limitándose a asomar cada dous meses nos plenos ordinarios, académicos, sen posicións de forza ou insurrección en situacións tan graves como esta. Ante elas, un cidadán de pro, se quere ser útil á sociedade, non pode ficar quedo. Desde aquí, nós non o facemos. (Abaixo, vídeo do verquido de fecais, aquí denunciado e gravado o 23 de xaneiro de 2025, coas augas sucias saíndo do pozo de rexistro do sanaemento municipal).


 
Tal ocurriu así en outubro de 2023. Daquela, este verquido, mantívose durante seis meses. Nese prazo, a oposición non pasou de visibilizalo manifestándoo nos plenos, pero ante a inhibición do rexidor, nen unha soa medida imaxinativa de forza. Tivo que ser unha denuncia formal dun lugareño, a título individual, elevado a Augas de Galicia, quen alertou a este órgano.
Ao final, o concello de Meaño foi sancionado por Augas de Galicia por un importe de 1.920 euros (pírrica multa para tamaño verquido… Durante seis meses!). Unha multa que non foi polo verquido en sí, senón porque -así o verbalizou a edil de M.I. Cristina Castro no pleno de fins de novembro- “o concello non subsanou o verquido (o de Abuín) despois de concederlle Augas de Galicia un prazo de tempo para facelo”. En total, unha sanción que abona o goberno local pola súa inhibición e deixadez ou que, mellor dito, abónase cos impostos municipais.


Verquido polo aliviadeiro en Abuín (foto captada o 12 de xaneiro)
 
Namentras non se aborde unha solución nese tramo, cómpre facer labores de mantemento e desobturación nese punto cada dous ou tres meses en outono-inverno, antes de que o verquido asome, e que este goberno non fai. Tocaría obrar como calquera veciño fai coas caneletas ante a inminencia do inverno coa a chegada das choivas, ou antigamente cando saíaan o avós cos legóns para que  as venidas non nos entraran na casa.
E un engadido. Este punto de Abuín, sáibao, agravouse desde cando as crecentes augas do polígono de Nantes conectan uns metros máis arriba co colector de Meaño. O grave é que esa conexión mantense de forma irregular desde 2007, porque o concello de Meaño autorizou entonces con Jorge Domínguez unha conexión provisional de obra (que non definitiva) cando se empezaban a mover os terreos, conexion que nunca se regularizou deste entonces. Así -esta é información, non opinión- permañece a día de hoxe. E un informe de Augas de Galicia, emitido en febreiro de 2017 anunciaba xa que o aporte do caudal de auga procedente do polígono de Nantes saturaría a EDAR, e que o bombeo do Pasales -así como o actual colector- non podería con ese incremento de caudal. Tal cal. En Meaño, un goberno local calado, sen ruborizarse. Todo un modelo de xestión (“ancha es Castilla!”).
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario