SABÍAS QUE…?
Sabías que?... O “Atardecer Solidario” meañés na Quinta de San Amaro recadou 5.325
euros, partida que, tal e como anunciara, doou en favor colectivo ribadumiense
“Gotas” Ribadumia. Unha causa solidaria máis na comarca saliniense de apoio a colectivos que loitan por causas xustas.
“Gotas” responde a un colectivo nado en 2018 e que, desde
entón, loita por visibilizar e normalizar a diversidade social. O seu compromiso
responde a seguir creando “espazos seguros, visibles e transformadores no rural
galego”. Este recoñecemento, afirman desde este colectivo “empúrranos a seguir
sementando futuro, sempre coas loitas do pasado presentes”.
O “Atardecer Solidario” meañés, pioneiro na comarca arousá, ao longo dos seus dez anos, fixo chegar os seus fondos a colectivos como “Arelas” (que integra a familias de menores transexuais);,Os Palleiros” de Pontevedra (protección de animais), o “Comité anti-Sida de Vilagarcía de Arousa”, o colectivo coruñés “Ás”, a prol da defensa dos dereitos das persoas LGTBI, ou AIVS (Asociación pola Integración dous Valores Sociais) compostelán, Parabéns aos promotores e organizadores e, desde aquí, trasmitimos a grazas a tod@s que fixeron realidade esta edición.
Sabías que?... Na XXIV Festa do Viño organizada polo
concello, os prezos dos viños Rías Baixas por botella oscilaban entre os 10 e
os 42 euros do máis caro e, por copa, entre os 2,50 e o 8 euros. Un prezo, o máis
alto, “delicatessen vinícola” de Torre Penelas Granito, embotellado polo grupo catalán Torres que, primeiro desembarcou en Portas en 2017, e en 2022
chegou a Meaño mercando a outrora Adegas Valdamor.
E que as 22 adegas presentes
nesta edición foron: Vionta, Lagar de Pintos, Cabaleiro do Val, O
Forrollo, Pablo Padín, Avó Roxo, Pedro Méndez, Terra de Mareas, Rozas, Attis,
Terras de Lantaño, Paco&Lola, Luis García, O Parral, Zárate, Fulcro, Torre
Penelas, Anadigna, Veiga Naúm, Seixido, Rexurdir y Albamar.
E sabías que?... Para a Festa
dos Muiños, que tamén organiza o concello e que se celebra o vindeiro fin de
semana en Lores, os 310 boletos que se poñían á venda para participar no xantar popular, agotáronse en tan so dúas hora e media do primeiro día. O coste do menú de
catering é de 47,85 euros por cuberto, dos cales cada comensal aportaba 25 euros
e o concello asumía os 22,85 euros restantes. Subvenciona así o concello o xantar
de comensais de fora do municipio deixando fora dese cupo de 310 menús -que era
o aforo fixado- a veciños meañeses que desexaran acudir? Cabería tomar nota e
reformar as bases desta festa?
No hay comentarios:
Publicar un comentario