domingo, 3 de agosto de 2025

 

SEMANA NEGRA NOS MONTES MEAÑESES

Semana negra nos montes de Meaño da que nos facemos eco neste Ventanuco, con cinco incendios forestais que levan arrasado unhas de máis de 600.000 m2 de monte, entre as parroquias de Xil, Meaño, Dena e Simes. Ofrécemolo cunha entrada en imaxes nosas que compartimos contigo. Nunca viramos tal cousa desde aquella terrorífico verán de 2006 en Meaño e Galicia.

Estadiño de incendios desta seman en Meaño.
(Nota: falta por incorporar superficie queima este domingo 3 de agosto)

 
Desde aquí, o noso  chamamento a todos os veciños para estar atentos, inspeccionar as zonas de monte, e se ves calquera conato de lume chama inmediatamente ao 085. E no caso de querer cursar unha denuncia anónima sobre sospeitosos ou posibles autores de incendios forestais que teñas visto, para poder investigar as forzas de seguridade, podes facelo gratuitamente a través do tfno 900 815 085. Estas son as dúas canles oficiais de Xunta de Galicia que cabe ter a man esto días para, entre todos, PARAR O LUME NON NOSOS MONTES!. Non fiques quedo: patrulla o monte... E e ollo avizor.


E un último chamamento: na páxina do concello non fica nada, pero, desde aquí, nós pedimos aos meañeses e comisións de festas se absteñan, por responsabilidade e senso común, de botar estos días bombas de palenque ou fogos de lucería polas festas, a fin de minimizar riscos de lume e mentras a seca permañeza deste xeito. Un pouquiño de por favor... 😉 Divulga este chamamento, grazas.

Imaxes da mañán do martes do primeiro lume e o máis grande en Xil 
desatado en Xil esa noite...













Imaxes do incendio en Abuín, no paraxe de A Cachada...









E, abaixo, pola mañán arrefriando os montes queimados en Abuín...



Viña queimada no lume forestal desatado en O Castro


Arrefriando pola mañán os montes de O Castro (Dena)





Abaixo, incendio de Fiáns no alto de Simes e labor de 
enfriamento na mañán seguinte...




 




Abaixo, arrefriando e traballando na mañán do domingo 3 
no monte iniciado na Fonte da Seis...