sábado, 9 de agosto de 2025

 Jules Renard: “De vez en cando di a verdade para que te crean cando mintes 

POLA BOCA MORRE O PEIXE


Nesta entradiña deste ventanuco de libertade, abrimos unha pequena fenda para axudar a ventilar o ácedo de dúas desas respostas envoltas en celofán, emitidas polo rexedor Carlos Viéitez no último pleno ordinario, celebrado o pasado 31 de xullo. Erra ou minte. Cal é cal?


Un intre do pleno do 31 de xullo de 2025
 
Primeira.
Cando a oposición interpela ao rexedor polas 310 entradas de comensal para o xantar da Festa dos Muiños celebrada o 27 de xullo, que voaron en tan só 2,5 horas do primeiro día en que se abría a inscrición, o alcalde Carlos Viéitez sacou o celofán falando da boa saúde da Festa (léase "xantar") desde que el acadara á alcaldía: “cando cheguei aquí -afirmaba, literalmente, en relación á alcaldía-, para o xantar (da Festa de Muiños), xuntar 250 persoas era moi difícil”. Esta resposta pode vela e escoitala na videoacta do pleno, tirando do enlace que aportamos abaixo, e situando o cursor en 1:53’53’’ (1 h. 53 minutos e 53 segundos), onde se aborda a cuestión e refire o aquí entrecomillado.



Convén descorrer o velo. Para iso aportamos aquí a cifra de comensais rexistrada na Festa do Muiños (ver hemeroteca de Faro de Vigo e outros xornais). Nesta táboa os datos arrancan desde 2018 (último ano organizado cando a  alcaldía de Lourdes Ucha), indo cara atrás, e chegando a 2005 (anos de Jorge Domínguez)


Comensais da Festa dos Muiños


(1)   Aprazamento da Festa do Muiños cando o fatídico accidente de tren en Santiago na curva de Angrois

(2)   Ausencia de datos por non cubrir ese evento por baixa médica


Visto o visto: Era moi difícil reunir 250 comensais? E o único ano con  esa cifra de 250 fora 2013 cando o de Angrois, e o aprazamento fixo que se celebrara en agosto. Agora, nos últimos anos, a cifra para a que se traballa é 310. Os números son o de menos, pero dase moi moi mal exemplo mentindo a autoridade. E a oposición sen replicar a resposta.


Segunda.
Cando a oposición lle pregunta sobre si existiu algún conflito coa policía local na Festa do Viño, respostou que non, e só fai referencia á baixa laboral dun dos dous axentes operativos (sen desvelar o conflito real acaecido, que non desvelamos aquí por respeto á intimidade). Ata aquí, unha verdade a medias. Agora, a mentira ou o descoñecemento. Interpelado sobre si Meaño aí quedarse sen policía local, e para cando, o alcalde Carlos Viéitez afirma (videoacta no enlace de arriba 1:50’22’’): “non sei a data exacta… debe estar por aí" (en relación ao 15 de agosto,  data que viñan falando no pleno nese intre). Falso. Saiba o lector que a oposición debe presentar por escrito as preguntas (tal como esta) cun mínimo de 24 de antelación en relación ao pleno, para, en boa lóxica, permitir ao rexidor documentarse para respostar. Ou sexa que non sabía a data en que Meaño quedaba sen policía local?
Aquí o desvelamos: Meaño ía quedarse (e quedouse) sen policía local desde o día seguinte, venres 1 de agosto ás 8 da mañán. Ese día 31 de xullo, fora o último día laboral do axente auxiliar, único operativo. E sen policía local seguimos. Erra ou minte? Respóstese o lector.
 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario