domingo, 28 de julio de 2013

… o boom da bumm en holanda: campións!
Os compoñentes da banda pousan nas rúas holandesas tralo éxito no WMC de Kerkrade
- Victoria!!... Somos o número 1...!! Oé, oé oé...!!!

A Banda de meaño CONSEGUE O PRIMEIRO PREMIO DO “WORLD MUSIC CONSTEST DE KERKRADE” (vi)
           
Compoñentes da BUMM celebran o triunfo nas ruas de Kerdrade
   Éxito rotundo: a BUMM conseguíu hoxe domingo, 28 de xullo, o primeiro premio do “World Music Contest de Kerkrade”, considerado o auténtico mundial das bandas de música e que reúne cada catro anos a unha selección de 200 bandas de todo o mundo. Competíu na primeira división xunto con 19 formacións e obtivo trala sua actuación unha puntuación de 96,25 sobre 100, quedando segunda unha banda holandesa con 95,75 e terceira unha belga con 94,75. Nesta sección participaron bandas de países como Noruega, Alemaña, Inglaterra, Italia, ou Thailandia entre outras así como unha española de Ciudad Real (a banda de Membrilla). Fantástica actuación de banda de Meaño que, tanto na obra obrigada, "Extreme Beethoven" de Johann de Meij, como na libre "Os Caprichos de Goya" de Martínez Gallego, otivo a máxima puntuación.
    O director David Fiuza valoraba o éxito acadado: “aínda me costa creelo -afirmaba unhas horas despois-, estamos todos nunha nube, foi un éxito rotundo que non agardabamos, a satisfacción é enorme. Podemos dicir que somos campións do mundo durante catro anos que é o tempo que tardará en voltarse a celebrar este festival en Kerkrade”. Sin dúbida foi é o broche de ouro á fantástica labor deste xoven director de 28 anos, natural de Vila de Cruces que, está anunciado, deixa a BUMM o vindeiro mes de setembro e que se propuxera como gran obxectivo do seu proxecto levar a banda de Meaño a este certame internacinal. 
    A banda meañesa era así hoxe noticia en televisións holandesas,algunhas das cales retransmiten os concertos en directo, e será mañán luns primeira plana de moitos xornais dese país. Á hora de adicar o premio o David Fiuza non dubidaba: “primero, aos músicos polo seu traballo -afirmaba-, non coñezo outra banda en Galicia que derroche tanta enerxía e tanta entrega nos ensaios e sobre o escenario, e non só por este festival senon durante estos sete años que compartimos, tanto é ese traballo que este premio non o paga; e despois, adicalo á memoria de Jorge Domínguez, sin o seu empeño non estariamos aquí, el foi quen puxo o apoio e a decisión para, cando houbo a posibilidade, traer a sua banda de Meaño a Kerkrade”.
   Tamén a alcaldesa Lourdes Ucha, presente para o ocasión en Kerkrade, mostraba a sua satisfacción: "sentímonos tremendamente orgullosos polo premio e polo traballo exemplar da banda -aseguraba- son os grandes embaixadores de Meaño".
O escenario no momento previo ao inicio dos concertos coa bandeira de Galicia
con lazo negro en lembranza da v´citicmas de Santiago
   A banda actuaba a las 9,30 de la mañana e, por certo a entrada para o quenda da mañán,valía 10 euros (15 pola tarde para ver a sección especial de bandas de concerto). Daquela hora o aforo do auditorio aínda non estaba completo polo cedo que era, pero mesmo o mestre holandés Marcel Van Bree, director titular da Banda Municipal de A Coruña que estaba presenciando o evento, recoñecía que, en comparación con edicións anteriores había máis público do habitual para ver a banda meañesa. Sin dúbida, amén da calidade, axudaba a emotividade do momento pola lembranza das víctimas do fatídico accidente de tren en Santiago. A petición da BUMM o auditorio gardou un respetuoso minuto de silencio, colocouse sobre o escenario a bandeira de Galicia con crespón negro e os músicos portaron lazos negros en sinal de loito. Ademáis, tal e como explicou o presentador en nun académico inglés antes de empezar o concerto era desexo da banda adicar a sua actuación á memoria das víctimas do accidente. A emotividade contaxiou aos músicos que completaron un concerto brillante, e afloraba logo a xeito de lágrimas nada máis coñecerse o fallo do xurado.

  
            NORABOA  A TODOS...!


Aquí vos deixamos fotos do concerto e dos momentos posteriores. Engadiremos conforme transcurran as horas e nos vaian chegando


A Banda de Meaño fai a sua entrada para participar no festival


O público aplaude rala actuación da BUMM

O director David Fiuza é entrevistado para unha televisión holandesa ante unha expedición emocionada


4 comentarios:

  1. Noraboa a todos! Gozade moito deste premio tan merecido que recompensa as moitas horas de traballo empregadas. Sodes os mellores!!!

    ResponderEliminar
  2. Noraboa ganadores do WMC 2013!! CAMPEÓNS DO MUNDO!!!!!, moitas felicidades a todos, dendo o mais grande ao mais pequeno, e en especial ao mestre David Fiuza.

    Decirvos que nos sentimos moi orgullosos de vos, e trasladarvos no nome de toda a directiva e de todolos meañeses, que estamos orgullosos dos músicos que temos, e do alto que deixastedes o nome da nosa BANDA.

    ResponderEliminar
  3. noraboa a todos!!!!!!!!!tanto esforzo non podía ter mellor resultado!!!!!!!!!sodes uns CAMPIONS!!! AGORA A CELEBRALO COMO GALEGOS!!!

    ResponderEliminar