Esta semana
finou aos 76 anos José Rial Martínez, quen durante os últimos 38 anos fora o cura
de Simes. Tamén o foi durante 28 de Lores, incluso durante un tempo tivo que
exercer nas parroquias de Meaño e Xil. Con el foise o último crego de toda unha
xeneración para o municipio de Meaño. El contaba que tivera unha infancia
enfermiza que o levara a empezar a andar con 5 anos. Como cura calou na xente,
fuxía de protagonismos e a humildade era quizáis a sua mellor virtude. Coa sua
peculiar voz ronca, era o Louis Armstrong das misas, o fumador empedernido, o
retranqueiro pausado… o pacificador. Non en van a el cabe darlle o méritos, de
ter contribuido de xeito decisivo á paz social entre Lores e Paradela, logrando
que superar un enfrontamento que se arrastraba na parroquia dende facía
décadas. O próximo 4 de agosto facía 50 anos que se ordeara sacerdote. Simes preparáballe
unha festa para esas bodas de ouro, unha data que din agardaba con emoción,
pero á cal non puido chegar. Asomamos POLO VENTANUCO para lembralo a través do
orixinal dunha entrevista feita con el o 24 de xullo do ano 2000 e publicada en
Faro de Vigo con motivo de cumprir daquela os seus 25 anos como cura de Simes.
PD.: Non deixes de ver novas fotos nas pestanas MEAÑOLEANDO
(San Cristóbal en Dena) e NO RETROVISOR
PD.: Non deixes de ver novas fotos nas pestanas MEAÑOLEANDO
(San Cristóbal en Dena) e NO RETROVISOR
Jose Rial Martínez
25 anos de cura-párroco en Simes
José
Rial Martínez cumpríu as súas vodas de prata como cura-párroco de Simes o
pasado domingo. Os veciños non quixeron deixar a oportunidade de rendirlle unha
cálida homenaxe que se pechou cun almorzo de confraternidade con 150 persoas
nun restaurante da zona. Nacido en Hío (Cangas) fai 63 anos e orfo dende os 3,
Rial Martínez decantouse polo sacerdocio dende novo, vocación na que leva agora
37 anos. Simes atouno definitivamente, aquí chegou fai 25 anos para exercer con
párroco e aquí quere rematar a súa vida de sacerdote "ata que o corpo
aguante".
"SIMES ATOUME POLA AFABILIDADE DA SÚA XENTE"
- ¿Que sigñificou para vostede a
homenaxe do domingo?
-
Foi algo emocionante e do que me sinto moi satisfeito. Verdadeiramente cando os
veciños se lembran así dun, nunha data tan sinalada, é para sentirse orgulloso
da parroquia onde un pasou os últimos 25 anos como sacerdote; e tamén é un
síntoma da boa convivencia e da paz social que vive a parroquia en sí.
- ¿Que foi o que lle levou no seu día a
decantarse polo sacerdocio?
- Ós
tres anos quedei orfo de pai e nai, alá en Hío, onde nacín. Foi daquela cando o
cura da parroquia veciña de Aldán, don José, fundou un colexio en Vigo para
nenos orfos, chamado "Colegio de Huérfanos del Mar de Panjón", e como
o meu pai morrera afogado no mar, don José acaboume levando para aquel colexio.
Co tempo, alí, empecei a pensar que xa que don José fixera algo por min
empezaba a ser hora de pagarlle a débeda e facer algo cristiano polos nenos.
Foi así como empecei a prantexarme o sacerdocio, carreira que acabei estudidando.
Cursei Humanidades en Tui, e logo filosofía e Teoloxía en Santiago. E cando
rematei en 1963 pedín un cacho de mar.
- ¿E conqueríuno?
- A
boa fe que sí, nomeáronme coadxutor da parroquia de Beluso, coa condición de
atender tamén a illa de Ons. No inverno soplaba un vento terrible na illa, que
facía moito ruído; elo explicoume o por que a xente de Ons falaba tan alto.
Logo, en 1966 destiñáronme, tamén como coadxutor, para Cabo de Cruz en Boiro,
onde estiven catro anos. Finalmente en 1970 o arzobispado convocou un concurso
para optar a unha serie de parroquias que quedaban vacantes e eu pedín como
primeira opción esta de Simes na que estou hoxe.
Igrexa romántica de Santa María de Simes |
- ¿E por que este rincón do Salnés que,
propiamente, non ten mar?
-
Porque era o mais cercano ó pobo onde nacín. Certo que non ten mar, pero está
moi preto. Pronto o calor e afabilidade das súas xentes atoume a esta parroquia
e fixo que non me replanteara xa nunca outro destiño, e a boa fe que en ningún
momento me ten pesado porque eu, o "José Rial" que se dí, caín ben.
Co
tempo fun sumando outras parroquias da que me tiven que ir facendo cargo: no 82
Lores, no 91 Xil, que agora non teño, e no 97 Meaño trala marcha do que hoxe é
vicario José Soneira. Das tres estou moi satisfeito, sei que través delas e das
súas xentes fíxenme máis sacerdote. Penso que son o que se dí un cura con
sorte: estou a gusto no lugar onde vivo e teño as tres parroquias nun radio de
dous quilómetros no concello de Meaño, o que hoxe é un privilexio.
- ¿Que foi o mellor e o peor destos 25
anos?
- O
mellor foi a entrega, a servicialidade do pobo cristiano en tódolos lugares
onde estiven. Concretamente en Simes lembro dun xeito especial, con agarimo e
ata con emoción como cando viñen en 1970 a rectoral estaba derruida e tiven que
vivir durante ano e medio na casa dun veciño. Pero ó pouco o pobo, por conta
toda del, remodelou por completo a vella casa para darme un teito propio baixo
o que vivir. Este feito e atoume definitiva-mente á parroquia e fíxome ver en
seguida a calidade e cariño das súas xentes.
O
peor foi os momentos de soedade que che tocan vivir como sacerdote, si ben eu
sempre procurei esquivalos buscando a compaña dos veciños. E tamén algún
enterro vivido en Simes, sobre todo cando se trataba dunha persoa xoven; lembro
de xeito especial a morte da xoven Sara Souto Besada, alá nos anos 70, que
finou con tan só 16 anos [o seu rostro non oculta á emoción ao lembrar o
momento durante este intre entrevista]; confeso que aquel día moito chorei.
- Vostede que vivíu en plena madurez
como sacerdote o tránsito do franquismo á democracia, ¿que transformacións
importantes percibíu na Igrexa a nivel parroquial?
-
Percibín moitas. A nivel eclesiástico e como parte positiva liberámonos dunha
serie de cargas como a sotana, actos relixiosos demasiados tristes, o latín...
Pero tamén coñecemos transformacións negativas, sobre todo no referente á
xuventude que abandoa as igrexas motivada, penso eu, polos cambios de horarios
de diversión que se viven coa democracia; hoxe o normal é que a xente xoven
chegue o sábado ás seis da mañán, e sendo así eu comprendo que o día seguinte,
que é domingo, non estén para acudir á misa, é algo normal.
Pero
tamén creo que se trata dunha idade transitoria porque o home é un animal
relixioso, e como tal sempre acaba voltando á súa espiritualidade e á Igrexa.
FOTO HISTÓRICA: José Rial, a dereita de todo, cooficiando nunha misa en Meaño nos anos 80. (Terceiro pola esquerda -o máis ancián-, D. Desiderio, cura parroco de Meaño) |
- Para vostede, que xa coñeceu moito,
¿que opinión lle merecen temas como a falla de vocacións relixiosas ou a
polémica que semella haber con declaracións sobre a conveniencia do matrimonio
ou parellas de feito por parte dalgúns dirixentes políticos?
- A
falla de vocacións é un problema moi complexo e con solucións difíciles. Pero
no mundo de hoxe, onde o matrimonio ten un fillo ou ó sumo dous, é normal que
non pensen neles como futuros sacerdotes senón en continuadores da descendencia
familiar.
Sobre
o matrimonio ou parellas de feito o que digo e que eu respeto tódalas
libertades de cada quen, aínda que non esté dacordo con elas. Pero a relixión
cristiana non debe collerse por trozos, ou se está ou non se está, cada quen deben
saber o lugar que ocupa. A pesar de todo eu trato con xentes de toda condición,
figúrate que algúns dos meus mellores amigos aquí non pisan a Igrexa, pero eso
non quita para que poida compartir bos momentos con eles.
- Os sacerdotes xubílanse con 70 anos,
¿vostede optará pola xubilación ou continuará daquela?
-
Dada a situación actual de falla de sacerdotes non penso na xubilación, faremos
un pouco como di San Pablo e continuaremos mentras o corpo aguante.
- Dígame unha recomendación para un cura
que empeza.
-
Oración e entrega total á parroquia.
- ¿Con 63 anos téñense proxectos futuros
para as parroquias?
-
Sí. En Meaño gustaríame rematar a restauración da rectoral, algo que en Lores
tamén penso que habería que facer. Con respecto a Simes... quixera ver antes de
finar unha estrada Samieira-Castrelo digna, porque créeme Simes meréceo polo
pobo acolledor que é. Ogalla as tres parroquias vivan como si foran unha.
- E si voltara a nacer sería...
-
Cura de novo, seguro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario