miércoles, 31 de julio de 2013

MEAÑO ACLAMA Á BUMM NO SEU REGRESO TRIUNFAL (e VIIi)

NOTA: ENTREVISTA "VIÑO DE AUTOR" EN "MEAÑOLEANDO"


A BUMM sobre o escenario da Praza da Feira nada maís chegar e coa banda infantil el pirmeiro termo

    Onte martes 30 de xullo, ao fío xa da medianoite, regresaba a banda Unión Musical de Meaño depois de terse proclamado o pasado domingo campeona da sección primeira no “World Music Contest de Kerkrade”, onde competía con 18 bandas máis seleccionadas dos cinco continentes Unhas 800 persoas agardaban á formación na Praza da Feira nun recibimento onde non faltou de nada: música con gaiteiros e a banda infantil, pancartas, bocinas, globos, confeti, champán… A expedición apeábase dos autobuses ao final da Rúa Salnés e percorría a pé pola estrada, coa policía local mailos gaiteiros de Penaguda diante, os 200 metros ata a Praza da Feiras. Exultantes, entre cánticos de “campeones del mundo” e portando unha pancarta onde se podía ler “Unión Musical de Meaño, campións 1ª sección WMC Kerkrade 2013”, os 92 compoñentes entraron cunha ledicia desbordante na praza completando entre aplausos o corredor ata o escenario onde proseguía logo a festa durante case tres horas. Unha vez alí micrófono en man, o trombonista Juan Portela oficiou de improvisado speaker dando paso ao presidente Manuel Arosa, Manuel Lage “Gayoso”, a alcaldesa Lourdes Ucha, o director David Fiuza e outros, a maioría coa voz rota por tanto berro e festa. Mentras, abaixo, a banda infantil intercalaba pezas, ás ordes do veterano mestre Padín, outrora mítico compoñente da BUMM.


Momento da entrada exultante ao pe das escaleiras da Praza de Feira
   O triunfo en Kerkrade supón todo un fito, non só para a formación meañesa, senón para toda Galicia por canto nunca antes unha banda galega conseguirá este triunfo, e só unha o lograra de toda España. E non só iso, senón o de ter gañado conquerindo a máxima puntuación das 200 bandas de tódalas seccións do certame, polo cal que recibíu o preciado “timbal de ouro”, amén de quedarse a tan só décimas do récord histórico de todo o festival. O director David Fiuza recoñecía que “este foi sin dúbida o logro máis importante da miña vida, e creo que o será por moitos anos, é o máximo ao que se pode aspirar cunha banda de música no mundo”. Un Fiuza que, unha vez no escenario pedía apoio para a BUMM e recalcaba que “un logro así só se pode conseguir nun pobo con xente tan nobre e con tanto amor pola música como é Meaño”.
    O momento máis emotivo da festa sobre o escenario vivíuse cando Juan Portela adicaba o triunfo aos presentes, a Jorge Domínguez e ás vítimas do accidente de tren en Santiago. O nome no rexidor finado “sin o cal non estariamos nós hoxe aquí” -dixo- foi interrumpido polo aplauso máis cálido e longo da noite. Acto seguido, na honra dos mortos de Santiago, gardouse un minuto de silencio que rematou coa enoación do himno galego por parte de tódolos presentes.
Logo saudaron por seccións os 92 compoñentes da banda en Kerdrade, oficiando de speaker en cada unha o máis atrevido para presentar con doses de humor e inxenio aos seus compañeiros de corda. Ao momento non lle faltou nin a gracia nin o bico dalgunha parella sobre o escenario ao máis puro estilo Casillas.

David Fiuza diríxese ao público
    José Padín, clarinete da banda desde que esta reapareceu en 1985, recoñecía que “si o pasado ano Lalín celebrou o seu cuarto posto neste misma sección de Kerkrade coma un triunfo imaxínate como podemos estar nós, e a ledicia máis grande nos meus 28 anos aquí”. “O certo -continúa- é que traballamos moi duro preparando o certame desde fins do verán de 2012, e estos días en Holanda os ensaios moi intensos. Ainda así algúns máis novos aínda tiñan forzas para festa polos corredores do hotel ata altas horas da madrugada, agás na última noite, nesa todos estaban moi concienciados e a partir da medianoite non se oíu un ruido.” Padín rememora o momento del fallo de xurado: “nada máis publicarse a puntuación nas pantallas -asegura- houbo un momento de confusión, pero David, que controlaba todo iso, enseguida foi consciente de que gañaramos e empezou a gritar, daquela todos nos desbordamos”. “Durante un par de minutos -continúa- todo foron berros de ledicia, pero desa os máis novos empezaron a chorar coa emoción, e iso nos contaxiou a todos, daquela eu díxeme: pois haberá que chorar, e así foi”.
Francisco Javier Morgade (dereita) xunto con Andrés Hay
    O anterior director Francisco Javier Morgade viaxou tamén coa formación a Holanda: “Aínda que non son natural de aquí -afirmaba- eu síntome de Meaño desde que dirixín esta banda e fun mestre da escola de música, polo que sempre que podo estou co eles. Gañar o festival máis importante do mundo coa banda que máis quero é o máximo ao que un pode chegar”.
   O director David Fiuza, ao quen se lle cantou o “Fiuza quédate”, foi agasallado cunha bandeira do WCM Kerkrade asinada polos músicos da banda. El recoñecía que o festival tiña para el a su dose de emotividade pola anunciada marcha en setembro “pero son ciclos da vida que un compre”. Sobre a motivación dos múscios no concerto en Kerkrade entendía que “a nosa adicatoria previa ás vitimas do tren de Santiago e o minuto de silencio que se gardou antes de empezar contribuíu a crear una atmósfera especial que axudou na concentración e na sensibilidade dos músicos á hora de interpetar e iso notábase”. “Certo -recoñecía- que nós iamos pensando en disfrutar e transmitir, non en gañar porque en Kerkrade hai moi boas bandas, incluso alguhas prefesionais, e foi unha verdeira sorpresa, pero Meaño merece isto e máis”. 


AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DA FESTA. Permañece atento, en vindeiros días publicaremos máis fotos de Kerkrade. Grazas a todos os que mantiveches aberto o Ventanuco nestos días, agardamos ter sido unha canle útil.

A Praza 30 minutos antes.
- Hai que estar guapo para a recepción, deixa que te peino

Padín alecciona a un xoven compoñente da banda infantil
- Non vos deixedes impresionar, vos tamén podedes facelo moi ben hoxe

A banda entra bailando e cantando na praza: algarabía plena


En dirección ao escenario
- Ei rapaza, que che trabo unha perna!


Sobre o escenario: "Caaampións do mundo... la ra la ra la...


A banda en pleno sobre o escenario. Abaixo a banda infantil:
- A ver Padín... empezamos, ou que?

- Padín, Padín, Padín...!
Padín, emocionado, mira ao escenario que o aclama
















Manuel Lage "Gayoso" puxo a nota de humor
O presidente Manuel Arosa diríxese ao público







David Fiuza mostra o "timbal de ouro" e Juan Portela o estandarte ddo WCM Kerkrade






Empeza a presentación das diversas corrdas da banda...
...e mentras tanto roda o cava...

Outra panorámica co público ao fondo


Parte da corda dos clarinetes


Motivo da camiseta na parte traseira
- Vou camiño Ker - kra - de!
- Somos o número un...
-Estou aquííí...!





No hay comentarios:

Publicar un comentario