Meañeses polo mundo (VI): BRASIL
Basilio Camiña Ucha / Campos de Goytacazes
Fai algo máis dun ano abriamos esta sección con Basilio Camiña Ucha que estaba de voluntario nunha ONG no Sahara e que acababa de ser repatriado, xunto con otros compañeiros, polo Fronte Polisario ante o clima de inseguridade que se vivía na zona a causa da presenza de grupos integristas islámicos. Daquela contounos como era o Sahara. Hoxe repetimos con este extrombonista da banda de Meaño, pero esta vez con Brasil como protagonista posto que acaba de chegar de traballar alí nun proxecto musical con outra ONG e, de paso, de percorrer tammén varios países latinoamericanos. Toda unha aventura para este meañés de 27 anos que comparte hoxe con todos a través do noso particular Ventanuco.
Basilio Camiña, abaixo no centro, cun grupo de metais na ONG "Orquestrando a Vida" en Campos de Goytacazes |
“O MUNDO DAS FAVELAS ESTÁ MOI CONTROLADO POLO
NARCOTRÁFICO”
Como che chega a
oferta para irte a Brasil?
Foi
a raíz da voda dun amigo de Simes, Fran Pérez, que asentou nese país e que se
casaba alí. Dábase a casualidade de que o seu sogro dirixe en Campos de Goytacazes
a ONG “Orquestrando a Vida”, un proxento no que tamén está embarcado Fran, e
que leva 14 anos traballando en base a música con rapaces sin recursos que
viven nas favelas e aos que queren sacar do mundo narcotráfico. Como eu eu ía viaxar para estar na sua voda propuxéronme que aproveitara a miña estadía
para botarlles unha man e aceptei encantado.
Viaxaste pois como
turista.
Sí,
polo tanto con só tres meses de permanencia.
Como é Campos de Goytacazes?
E
unha cidade duns 400.00 habitantes cara o interior e que está a unhas sete
horas en coche de Río… Hai que ter en conta que as distancias alí son enormes.
Basilio Camiña segue a interpretación dun alumno de trombón en Brasil |
E cal foi a túa labor na ONG?
Din
clases de trombón, de solfexo, dirixín pequeñas agrupacións… fixen un pouco de
todo porque alí está todo por facer.
Cantos rapaces acollía o centro de
“Orquestrando a vida”?
Uns
420 con idades de entre os 7 e 19 anos. O centro estaba atendido por unha
vintena de mestres que lles ensinaban música, de feito tiñan varias orquestras, mesmo unha delas veu tocando incluso a Portugal. Todos eran nenos sen recursos,
para os que a música era a súa única alternativa extraescolar. O tempo que
permañecían no centro non o estaban traficando con droga.
E moi habitual que os nenos se adiquen
alí ao narcotráfico?
Si, moito.
Empezan a traficar con 13 ou 14 anos, incluso con menos. A estrutura familiar
non axuda: alí cásanse con 18 ou 19 anos e aos 23 moitos xa están separados.
Por enriba os malos tratos no mundo da parella nese tempo son estampa habitual.
A ONG contaba tamén cunha psicóloga que traballaba cos rapaces: a condición era
un pouco que, para adicarse á música, tiñan que deixar o tráfico de drogas.
Onde vivías ti?
Eu
vivía no propio centro, alí tiña unha habitación cunha cociña e apañábame ben.
As instalacións abrían de 8 a 11 polas mañáns, e polas tardes, que era cando
tiña máis afluencia, de 14 a 18 horas. Certo que o horario non era estrito,
moitas veces eu quedaba máis tempo traballando con algúns rapaces.
No Cristo do Concorvado en Río de Xaneiro |
Como son os alumnos brasileños?
Cústalles
un mundo comprender as cousas, polo que o compensan ensaiando moitas horas,
repetindo unha e outra vez para aprenderse as partituras.
Que foi o que máis che chamou a atención
do país?
As
diferencias sociais que son brutais. Un 10 por cento da poboación, todos eles
brancos, é moi rico e exhibe un nivel nivel incluso superior ao de España, pero
o 90 por cento restante, toda ela pobaoción de negra, é moi pobre.
Visitaches o mundo das favelas en Campos
de Goytacazes?
Si,
un par de veces, unha acompañado do director na ONG a quen coñecían todos alí,
e outra da man da nai dun famoso narcotraficante. Do contario non podes entrar,
o acceso ao núcleo, que é como lle chaman alí, está controlado por xentes
apostadas na rúa, sentadas no chan ou mesmo en sofás, que che impiden o paso,
porque alí todo está moi controlado polo mundo do narcotráfico.
E con que te atopaches dentro?
Cun
mundo moi pobre. Os dirixentes políticos en Brasil, como en toda Sudamérica,
son moi populistas e como alí é obrigatorio votar convencen ás xentes das
favelas con bebida e subvencións por non facer nada, pero non hai un interés
real por ese mundo.
Con esa estampa que me debuxas, non era
perigosa a cidade de Campos de Goytacazes?
Polo
día non o percibín tanto, se ben de noite era recomendable non saír moito.
Como se vive en Brasil a cercanía do
Mundial de fútbol?
Uf!
En Brasil o Mundial é algo prioritario. Imáxinate que cando xoga a selección alí
faise festa nacional, e mesmo as vacacións que son entre decembro e febreiro
adiantáronse este ano a xuño para facelas coincidir co Campionato do Mundo. En Río os
alugueres soben día a día, incluso as favelas pacificadas están ofrecendo as súas
vivendas en aluguer para o Mundial.
E non se fala dos mortos que está
ocasionando a construcción acelerada dalgúns estadios?
Non,
alí non soaba nada diso.
É certo ese cliché de que en Brasil se
traballa a ritmo moito máis lento?
Si,
tanto que as veces resulta exasperante, pero alí todo o mundo vai máis relaxado,
pensan só no día a día e non no futuro, quedas a unha hora e é moi habitual que
che aparezan media hora ou unha hora máis tarde e sen presa algunha. E cando se
trata dun trámite burocrático pode ser desesperante...
Dede Brasil o noso protagonista empredeu unha viaxe por Latinoamérica. Na foto, na cidade de A Paz en Bolivia |
Acabas a túa estadía en Brasil pero non
voltas para Galicia.
Non,
quixen probar noutra ONG en Paraguai adicada neste caso ao ensino do inglés
polo que viaxei ata Asunción. Alí estiven cinco días vendo como traballaba pero
non me conveceu: era só dar clase o sábado, e para iso tiñas que desprazarte en
autobús a ciudades que estaban a máis de catro horas… Nin empecei. O que si me
chamou a atención nese tempo en Asunción foi a pobreza extrema: xente pedindo,
vendendo de todo pola rúa, no autobús…
E a partir de aí?
Xa
que estaba decidín quedarme a coñecer un pouco Latinoamérica, facendo auto
stop, durmindo en tenda de campaña… Primeiro fun a Arxentina onde contactei cunha
madrileña que traballaba na ONG “Ecoaldeas” e xuntos acabamos percorrendo o
norte do país. Logo uníusenos un arxentino e os tres demos o salto a Chile,
tarefa que non foi doada porque na fronteira pedíannnos ter vehículo posto porque
entrabas polo deserto de Atacama e a localidade máis próxima, San Pedro de
Atacama, estaba a 150 quilómetros.
Nas aforas de San Pedro de Atacama en Chile |
E como o solventáchedes?
Eu
dei cun camioneiro chileno que accedeu a subirme no seu camión tráiler. Os
outros atoparon cada un seu medio. Logo os tres rencontrámonos en San Pedro de
Atacama e xuntos percorremos en bicicleta o Val da Lúa, varias zonas do
deserto… Nesas demos cun chileno que sufrira un desengano amoroso e que estaba
a percorrer o país no seu coche e, como non lle gostaba viaxar só, acoplámonos
con el. Xuntos fumos cara o sur ata chegar a Santiago, visitamos Valparaíso…
E desde Chile para…?
Para
Bolivia: A Paz, Cochabamba, as minas do Potosí… Foron quince días vendo moitas
tribos indíxenas de Bolivia onde o alcol está a orde do día. Bolivia é un
país moi barato: por cinco euros dormes, comes todo que queres… É un país
extremadamente pobre, chamoume a atención sobre todo o traballo esgotador nas
minas: 8 horas ao día debaixo da terra e logo do xoves para o venres traballan
24 horas seguidas para poder cobrar o fin de semana, e a maioría despois
queiman esos cartos bebendo o sábado mailo domingo.
Nas ruinas do Machu Pichu en Perú |
Visitaches aínda algún país máis?
Si, estiven un par de semanas en Perú, pero xa fun eu só, porque pensaba que non
debía voltar sin ver o Machu Pichu e así o fixen. Visitei, Cuzco, as ruinas
incas… En fín, foi unha viaxe ben aproveitada.
Nin cabe dúbida algunha! E que che
decían os teus pais desde Simes de toda esta aventura?
(Risas)
Eu mantiña o contacto co meu irmán por internet e as aplicacións para móbil
porque os meus pais están pouco postos nas novas tecnoloxías. Cando viñen nin
avisei, só aparecín pola casa e sorprendín a miña nai que foi que primeiro me
veu..
E pensas xa en voltar a saír?
Teño
que traballar no verán, aforrar algo e logo si, penso voltar a saír de novo,
quizáis no outono.
Algún destiño en mente?
Gostaríame
voltar a Arxentina, alí quedoume moito por ver.
OUTRAS FOTOS QUE COMPLETAN A ENTREVISTA
Nota: Tódalas fotos publicadas nesta entrada son xentileza de Basilio Camiña
Descenso pola "Estrada da Morte" en Bolivia, preto de A Paz |
Co letreiro de Chile no paso en Axentina e o país andino |
No paso de Jama entre Arxentina de Chile |
No salar de Uyuni, o maior deserto continuo de sal do mundo (Bolivia) |
Illas dos Uros no lago Tiquicaca (Bolivia) |
Nas ruinas en Puno (Perú) |
No interior das minas de Potosí, co "tío Jorge" |
No Val Sagrado dos Incas (Perús) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario