Congusto.es (I)
O
MUIÑO DO FERREIRO
Empezamos hoxe unha nova sección que, baixo o título de “Congusto.es”
vai achegar aos lectores o top ten
dos locais da hostalería meañesa que che recomendamos visitar cando te achegues por Meaño. Agardamos os teus comentarios e suxestións que nos
desexes facer chegar sobre cada un ou outros locais de Meaño que, como lector, queiras recomendar a maiores (podes remitilos, se prefires, a poloventanuco@gmail.com). Hoxe, na primeira entrega, “O MUIÑO FO FERREIRO", unha tasca acolledora, ideal para tapear e tomarse un viño ou unha cervexa á beira do río.
O Muiño de Ferreiro está enclavado nuna espléndia paraxe natural en pleno roteiro dos muiños de Lores |
A FICHA
Interior da tasca |
Onde está: Ruta dos muiños en Lores pola beira de río
Chanca. Campiña e praia fluvial con merendeiro, cascada e ducha no entorno
inmediato. Aparcamos no estacionamento da ponte de Caxoi e para chegar camiñamos 60 metros polo sendeiro a carón do río.
Horario de apertura: xullo e agosto de 12 de
mediodía a 12 na noite os sete días da semana. Xuño e setembro tódolos días a
partir das 20 horas. De Semana Santa a xuño só en fins de semana a partir das
20 horas.
Xerencia e xefa de cociña: Patricia Méndez Bugallo
Recomendacións:
Ovos fritos con pan de millo, chourizo ao inferno, polvo á feira, tortilla de
lacón con grelos, richada de boi, zorza.
Prezo medio menú/persoa: 10 euros.
Outros servizos: Terraza exterior.
A HISTORIA
Daniel o Ferreiro á esquerda (anos 60) |
O
muiño debe o seu nome ao último propietario que foi un veciño de Lores chamado Daniel
“O Ferreiro”. Foi construido a fins do século XIX por Manuel Fernández. A capa
grande do muiño foi feita cunha pedra baixada do monte das Amieiras en Bordóns.
No seu tempo foi muiño vivenda de maquía, isto é, o muiñeiro que vivía nel
cobraba polo seu traballo levándose unha parte de fariña da persoa que ía
moer. Moía unha media de tres ferrados ao día. Deixou de ser muiño maquiero a
inicios dos anos 60 do século XX e uns dez anos despois deixou de moer. No seu
día foi o único muiño de todo o roteiro que tivo enerxía eléctrica. A inicios de s. XXI o
concello mercouno a Tito Fernández, neto do que fora constructor. Rehabilitado como outros do roteiro neste caso cedeuse a xeito de concesión para convertilo en establecemento de hostalería par potenciar o roteiro. INFORMACIÓN: Rafa Vidal e Antonio Vieitez
Patricia Méndez rexenta hoxe o Muiño do Ferreiro |
A ENTREVISTA
Patricia
Méndez Bugallo ten hoxe 34 anos. Colleu xunto coa sua nai este local por unha
concesión do concello de Meaño en 2005 para convertilo nun negocio familiar de
éxito. Enclavado nunha extraordinaria paraxe natural e situado ao inicio dun roteiro de
sendeirismo pola ribeira do río, este seu é un desos locais aos que sempre che
quedan gañas de regresar.
"O SEGREDO DA BOA TORTILLA SON OS OVOS DA CASA"
Colle este local con 25 anos de idade: vostede sempre quixo ser
hostaleira?
(Risas)
Non, foron as circunstancias. A miña nai e máis eu viñamos de quedar no paro.
Daquela o concello sacou a concesión para explotar este local e pensei
que era unha boa oportunidade laboral. Eu nunca me fixera a idea de ser hostaleira, pero
recoñezo que hoxe si me gosta moito, sobre todo dada a paraxe na que estamos.
Un dos platos máis valorados aquí son as tortillas: española, lacón con grelos. Cal é o segredo dunha boa tortilla?
Os
ovos da casa. Nós criamos galiñas na casa pero tamén outra xente de Lores ven por
aquí e nos vende os ovos do seu galiñeiro.
Os ovos fritos con pan de millo famosos nesta tasca de Lores |
Un plato que lle dera fama?
Os ovos da casa fritos con pan de millo. Frítense un par de ovos en aceite de oliva e colócanse no plato sobre unha base de miga de pan de millo fresco e desmenuzado. Remondámoslle ao cliente que o mezcle todo co garfio para comer.
E algún proxecto para o futuro? Que lle gostaría mellorar?
Gostaríame
poder explotar máis dun muiño na ruta a xeito de establecemento de hostalería.
E tamén que abrisen os muiños os fins de semana de verán para albergar mostras de oficios
tradicionais ou de artesanía con gallo de atraer máis xente a coñecer isto que paga
moito a pena.
Con que dificultades habituais se atopa no seu traballo aquí?
Co
clima, porque no inverno isto é moi húmido, e tamén é pequeno (interior de 43 m2), polo que no inverno non
se pode traballar.
Estando a carón do río, ténselle inundado algunha vez o local con
algunha enchente?
Inundarse
literalmente non, só un inverno que choveu de arreo despois dun verán de moitos
incendios (ano 2006) entrounos a auga no local arrastrando a cinza dos montes e
puxo todo isto perdido, pero non houbo máis.
A RECEITTA: chourizo ao inferno (prezo 4 euros)
Cazolas co "chourizo ao inferno" preparada para servir e acenderlle o lume á agurdente |
Elaboración
- Colocáse
un chourizo caseiro atravesado por pincho sobre unha cazola que conta
cunha base de augardente.
- Acéndese
o lume da augardente e sérvese ao momento.
- comensal
vai asando na mesa o chourio ao gusto fancendo rotar o pincho. O lume da
augardente non toca o chourizo, si ben o comensal, se o dexexa, pode
engadirlle a augardente que está ardendo por enriba coa axuda cunha
pequena culler que acompaña o plato.
- Comer
quente acompañado dun bo viño
O Muiño do Ferreiro antes de ser restaurado. Foto: Rafa Vidal |
No hay comentarios:
Publicar un comentario