sábado, 13 de diciembre de 2014

As palabras e os días: JORGE DOMÍNGUEZ, a voz

(PARTE I)


Jorge Domínguez en 2011. Foto José Luiz Oubiña
As voces dos que non están sempre resultan evocadoras. O pasado 20 de novembro cumpríanse os dous anos do pasamento do que fora alcalde de Meaño, Jorge Domínguez Rosal (1991-2012). Tiña 53 anos. O seu traballo e adicación deixaron unha pegada recoñecida.
Hoxe escoitamos a súa voz con motivo de cumprirse precisamente este 16 de decembro xusto os 20 anos desta grabación. Foi nunha charla coloquio no marco do foro de debate “A Cova do Trasno”, que promovía a asociación cultural e deportiva GAM no entonces local social da entidade, sito en As Covas, local que fora antiga barbería de Manuel Radío e que enchera para a ocasión as 40 cadeiras do seu aforo.
Baixo o título de “Meaño: un concello, cara onde?” Jorge Domínguez falou de como vía el o mundo da política e analizou a filosofía do municipio. Sen ataduras. Tiña daquela 35 anos, levaba tan só tres como rexidor por “Independentes de Meaño” e era o alcalde máis novo da provincia de Pontevedra.

As súas palabras neste documento seguen a ter hoxe unha actualidade e vixencia plenas. Proban que o seu pensamento situábase máis preto dalgunha formación política de novo cuño que está emerxendo no panorama nacional que de ningunha outra. Certo que para iso terás que escoitar as dúas entregas que faremos deste audio. Concebímolas a través dun formato vídeo do que, polo momento, dispós da primeira parte. O noso agradecemento a Marcos Castro, cuxa colaboración permite abrir hoxe este Ventanuco cun documento inédito á par que entrañable. Para escoitalo e velo pincha no icono de “play” que aparece abaixo.




Para coñecer máis sobre a personaxe pincha nos seguintes enlaces do blogue. Sempre hai cousas que cómpre reler:


Agradecemento: J. L. Oubiña por algunhas das fotos aportadas
NOTA: A segunda parte do audio-vídeo publicarase no mes de xaneiro


Ah! E non esquezas participar na ENQUISA desta semana que tes na marxe dereita, arriba de todo: Prefires como festivo local Santa Lucía ou que se mantivera o luns das Cabezas? Vota.

1 comentario:

  1. É incrible como 20 anos non fixeron nin a máis mínima mella nas verbas de Jorge, tendo unha total e absoluta actualidade. Estou seguro de que se fixeras unha enquisa para adivina-la data da grabación, ningúen acertaría, nin de lonxe!.
    Por outra banda, para os que coñecemos e tratamos con Jorge, independentemente das afinidades ou diferencias, este video desata todo un chorro de recordos e nostalxia, que nos fan ser máis conscientes do efímera que é a vida.

    ResponderEliminar