domingo, 7 de diciembre de 2014

  ÉXITO DA BUMM E dAS BANDAS INFANTIL e XUVENIL DA EMMM  CO SEU CONCERTO “LUGARES”

Un momento del concierto tocando en penumbra
O auditorio de Ribadumia encheuse o Día da Nai para presenciar o concerto "Lugares" que protagonizaba a banda Unión Musical de Meaño (BUMM) mailas bandas infantil e xuvenil da Escola Municipal de Música de Meaño (EMMM) dirixidas polo mestre Diego Javier Lorente. Un concerto que, paradóxicamente, non era para agasallar as nais senón para celebrar -iso sí, con algo de retraso- a festivididade de Santa Cecilia, patrona dos músicos.

Outro dos intres do concerto
Actuou primeiro a Banda Infantil da EMMM que interpretou o “Seminar hynm” do mestre holandés Jacob de Haan maila “March for miniband” composta polo propio Diego Javier Lorente, e seguiulle a Banda Xuvenil coa “Festa paesana” de Jacob de Haan.
O concerto da BUMM contou coa axuda dun narrador con voz en off que guiou ao público por diferentes “Lugares” do mundo, partindo de Galicia e viaxando por África, París, Chicago e Nova York, para acabar regresando de novo a Galicia, todo elo con efectos de luces, momentos de interpretación a oscuras e outros con proxeccións de imaxes evocadoras e simultáneas coa música sobre unha pantalla de fondo. Para esta viaxe o repertorio elexido pola banda meañesa foi o “Negra Sombra” de Juan Montes -con Iván Fernández como tuba solista-, “París Sketches” de Martin Ellerby, “África” de Robert W. Smith, “Images of a city” de Franco Cesarini, o “New York, New York” de John Kander y a “Muiñeira dos pendellos de Juan Lois. Posta es escea fantástica, se acaso con textos demasiado longos que dilataban as pausas musicais en exceso co risco de que o público desconectara da líña musical.

Aproveitamos para lembrarvos que todavía está operativa ata este venres 11 unha ENQUISA para coñecer a vosa opinión: fixo ben a banda non participando este ano na misa de Santa Cecilia? A enquisa tela na marxe dereita desta entrada arriba de todo. Emite o teu voto pinchando na opción que consideres correcta (a enquisa ten carácter plenamente anónimo e permañece aberta ata o venres 12 de nadal as 20 horas). PARTICIPA!


Aquí vos deixamos un puñado de fotos do concerto "Lugares". O vindeiro fin de semana publicaremos máis  na sección "Meañoleando"










  



  


  


No hay comentarios:

Publicar un comentario