sábado, 5 de diciembre de 2015

MEAÑO, DA MÚSICA NA HONRA DE NEIRA VILAS  
AO "I CONCURSO DE TAPAS"

Un momento da actuación das bandas de Meaño e Gaitas de Forcarei 
A Unión Musical de Meaño e a Banda de Gaitas de Forcarei fusionaron o pasado fin de semana a súa instrumentación nun concerto de música galega concebido na honra de Santa Icía, patrona dos músicos, pero que se transformou nunha improvisada homenaxe ao escritor Xosé Neiras Vilas, finado un día antes. O público encheu a auditorio de Ribadumia para disfrutar dunha velada que sorprendeu pola súa emotividade e frescura. Trala Banda Infantil da Escola causou sensación a versión da banda soora da película "A Rocha" de Hans Zimmer interpretada Banda Xuvenil. 

O concerto resultou unha mestura unha fusión de dous estilos
Tras delas, quenda para o concerto da banda popular e a de gaitas que con 130 intérpretes encheron o escenario nunha fusión á que se sumou o propio director Diego Javier Lorente que, murciano el, ataviouse para a ocasión cun traxe típico galego para dirixir ao unísono ambas formacións. Gaitas, acordeóns, pandeiretas e ata unha guitarra española amplificada sumáronse así a clarinetes, saxos, trombóns, trompas, trompetas, fagotes, chelos e frautas traveseiras, entre otros. Dous bailaríns para unha muiñeira e unha cantante solista, completarion o elenco para para interpretar algunhas pezas do máis granado da música popular galega. Desde unha alborada cun popurri de música popular ata a “Rianxeira” pasando polo “Miudiño”, “Noites de lúa na praia” ou a “muiñeira de Chantada” de Avelino Cachafeiro, todo un himno para os gaiteiros de Forcarei que rememoraron ao final o dito do “gaiteiro de Soutelo”: “non hai festa que acabe sen a muiñeira de Chantada”, peza que voltou a soar, con dedicatoria explícita na honra de Xosé Neira Vilas nun bis final atronador e con participación do público.

De Tapas por Meaño
Un momento da presentación do cocurso cos diferentes hostaleiros
Por outra banda fin de semana de creación gastronómica este e mailo vindeiro en Meaño. Se gustas da orixinalinalidade culinaria e do sabor da terra non debes deixar de pasarte por Meaño para degustar 26 creacións de altura no "I Concurso de Tapas por Meaño" que organiza o concello e no que participan trece establecementos hostaleiros, a saber: Muiño de Conda, Taberna de Cancela, Casa Portuguesa, Bar Tilve, Vinoteca Vijaque, Parrillada O Compadre, Taberna O Fiolato, Cappitoné, O Pedrán, Muiño da Birta, Quinta de San Amaro, Taberna Rural Pazo de Lis y Casa Rodiño. Cada cal deseñou dúas tapas para presentar a concurso que poderás degustar ata o martes 8, e logo no fin de semana do 11 ao 13 de decembro, en horarios de mediodía e noite e a un precio de 2 euros a tapa.

O cartel que promociona o concurso
Se te animas a degustalas todas poderás puntualas votando para un premio especial do público, polo que automáticamente participarás nun sorteo de 390 en vales para consumir nos locais participantes. Para elo poderás facerte nos propios establementos cunha cartiña que deberás selar en cada local a medida que probes e puntues cada tapa. 
Non obstante, o premio oficial -tapas de ouro, prata e bronce- será o do xurado, composto para a ocasión polo cociñeiro e estrela Michelín, Pepe Solla; Alberto Traversa, periodista da revista gastronómica “La Alacena Roja”; Rocío Garrido, autora do blogue “La cocina de mi abuelo”; os sumilleres José Luis Aragunde (Cambados) y Eduardo Camiña (Simes); e la enóloga meañesa María Sineiro.
Entre las tapas a concurso unha hamburguesa de sepia, unha tosta de pulpo ou outra de piña caramelizada, un “falso turrón de mexilón”, uns escalopins de solomillo á pimenta, unha empanadiña criolla, unh cazola de grelos con ovos de codorniz ou unhas milfollas de salmón e queixo fresco.


No hay comentarios:

Publicar un comentario