sábado, 7 de julio de 2018

*** Opinión
Altura de miras


A posibilidade de construir por fin unha beirarrúa a altura do nº 2 de As Covas, en concreto no tramo que discorre por diante da perrucaría Teresa, é unha oportunidade que non pode deixar pasar o grupo de goberno. Desde que no curso 2003-04 se ampliara a estrada e se construíra a beirarrúa que une os centros de Meaño e Simes, este tramo de apenas 70 metros foi o único de 2 kms  que quedou sen ela.
Agora ábrese a porta a unha situación enrocada. A propietaria pretende segregar unha parte da finca para poder construir nesa nova parcela unha segunda vivenda. Para iso é preciso que ceda para dominio público o que establece a norma, o que ven a ser o frontal que xa se lle requería en toda a fachada da finca fai 14 anos. A esa cesión a propietaria -non lle queda outra-, está disposta. Pola súa banda, o concello autorizaría a segregación coa condición de que a dona rebaixe o terreo para deixalo a nivel da estrada. Pero hai outro requisito que emerxería logo: para outorgarlle licencia de obra, esixiríanlle urbanizar o tramo que queda fóra, é dicir, construir/pagar a beirarrúa que no seu día impedíu. Este último condicionante é o que omite, de momento, no seu argumentario a rexidora. E a construir esa beirarrúa non está disposta a propietaria que, chegado o caso, podería renunciar á segregación e á construcción da vivenda. Se eso ocorre, a posibilidade desa beirarrúa enterraríase por xeracións. Ao tempo.


Desde aquela os veciños -escolares incluidos-, asumen a diario un risco innecesario circulando sen berarrúa nin arcén nese tramo, onde a plataforma de aglomerado limita literalmente cunha fonda cuneta de terra. Ao longo dese tempo foron moitas as demandas dunha solución.
Non procede agora revolver nas razóns do acontecido fai 14 anos en relación co desencontro entre propietaria e concello para que non cristalizara a beirarrúa. Facelo, sería cargarse de argumentos vanos, non aportaría solucións. E quen menos debe removelo é o actual grupo de goberno que, lembremos, debería ser, como todo goberno que se precie, un órgano de xestión do ben común. Os gobernos non deben decidir desde o plano emocional, condicionados, como neste caso, por paixóns do sucedido entonces, senón que as súas decisións terían que estar rexidas por un plano cerebral, antepoñendo sempre ese ben común para o que foron concebidos. Eso é a política, e altura de miras. O resto sobra. Cando a xente debate sobre este caso en particular, moitos só ven razóns, eu, no futuro, só vexo unha beirarrúa.



1 comentario:

  1. Será que eso e o que sí a lei agora,
    O mellor si a paga o concello está prevaricador, pois a todos aqueles que estén nun caso parecido de segregación, ou de petición de licencia, tanto pasados como futuros, sería un agravio que éstes últimos pagasen ou tiveran que pagar o que manda a lei, e no caso que nos ocupa que pagase o concello.
    Da igual quen sexa, ou en onde sexa, a leí e igual para todos

    ResponderEliminar