*** Opinión
Un alcalde, un legado
Un alcalde, un legado

En canto a programas electorais, os exhibidos non van máis alá dun tríptico publicitario ao uso, de como fai 40 anos, programas sen escribir, sen desenvolver, marcando as pautas, e que deberían ser a folla de ruta coherente dun goberno que se precie para unha lexislatura de catro anos. O que non escribes, non existe.
Despois de ler e reler os encartes, de arriba para abaixo, de atrás para diante e viceversa, ao intre decátaste que tes na man unha carta aos Reis Magos. Pero, visto o visto, ogallá sexa só unha carta, porque o que propoñen nalgún programa é poñer en xogo o vindeiro 26 -e de aí para o futuro-, unha dicotomía Meaño-Dena que pode voltar a abrir unha fractura social -e ata económica- sen precedentes. Jorge Domínguez traballou para sellala desde 1991, logrouno e cicatrizou. Agora erran en abrila en canle. As feridas sangran pronto, pero tardan en curar (se curan).
É a teoría dos vasos comunicantes: o que inclinamos para un lado, ven de outro. O segredo é equilibralos. Se non coñeces o pasado, errarás no presente, pagarao o futuro. Domínguez, que tanto aínda mentan, nunca suscribiría un proxecto así. Un alcalde, que se precie como servidor público (en toda a extensión de palabra PÚBLICO), ten que saber que asume unha responsabilidade coa historia. Que ninguén lembre o teu legado polos erros. Nin o noso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario