En vísperas como que dí de elección municipais de 2019, retrotraémonos a través deste particular Ventanuco ás municipais de fai 20 anos. En concreto, extraemos na nosa hemeroteca o orixinal da entrevista publicada en FARO DE VIGO o 26 maio de 1999, feito co candidato do PSOE meañés Laureano García Ruibal, e con fotos daqueles anos. Él foi o histórico do PSOE en Meaño nos anos da Transición. Hoxe vive no seu Dena natal afastado da actividade política. Lendo cousas así sempre sacamos leccións para o presente, ou non?
Laureano García Ruibal encabeza por cuarta vez a candidatura del PSOE en Meaño, un grupo político que no 95 perdeu por primeira vez a sua representación na corporación meañesa. Concelleiro dende o 79 al 95 Laureano destacouse por practicar no seu día unha acérrima oposición ó entonces alcalde Germán Rodiño. Tras un paréntese de catro anos volta á area política "coas mesmas ilusións que no 79" para encabezar unha lista que pretende ocupar un oco na nova corporación.
"ENTRE NÓS, POR SER SOCIALISTA, SINÁLANTE COMO SU FORÁS CUMPABLE"
![]() |
Laureano Garcia Ruibal en 1999 |
Básicamente defendemos en medio ambiente eliminar o vertedeiro de lixo de Meaño
e entrar en Sogama; en infraestructuras realizar unha forte inversión para
facer por fin un polígono industrial en condicións, dotado de servicios firmes
e accesos cómodos. No eido social postulamos un plan de vivenda para facilitar
o acceso a ésta por parte da xente, que é algo que aquí non se toca, porque, claro, se
ves as persoas que apoian as outras listas de dereitas (IM e PP) son as persoas
que teñen hoxe á venda os pisos no municipio, por iso enténdese que eles non
toquen o tema, pero nós temos a obriga de facelo. Finalmente no aspecto cultural
queremos dinamizar as bibliotecas públicas facéndoas atractivas para a
xuventude: terminais de ordenador, Internet. etc., en definitiva que as
bibliotecas realicen unha oferta que atraia á xente en vez de causarlles
rechazo.
Que valoraría e que
criticaría do goberno de IM nestos oito anos?
Valorar
en principio a valentía de presentarse outra vez. Nós entedemos que debe ser a
última porque o que apoiaba a quen fundou Independentes de Meaño decantouse
definitivamente pola posición natural súa, que é o Partido Popular, aínda que
sexa como candidato noutro municipio...
Estase a referir vostede a
Telmo Martín?
Sí,
sí…, a Telmo Martín concretamente. Tendo en conta esto seméllanos un pouco raro
que aquí continúen con invento de "independentes". Entendemos que ésta é unha palabra moi bonita que atrae moito á xuventude e a aquela xente
resabiada contra a política, pero que Independentes non é, únicamente foi, unha infraestrucutra que se montou no seu día con xente que se apartou do
Partido Popular polo que fose. Polo demáis valoro o que está feito porque é
unha realidade, sobre todo a posta en marcha de servicios coma o do lixo, e
incluso outros menores como a recollida de mostras de sangue en Dena para poder
facer analíticas sen necesidade de desprazarse a Pontevedra. Que criticaría? O
exceso de querer facer saíndose do que sería normal, en vez de ceñirse a esas
catro-cinco cousas que prometeran no seu día, o feito de non retirarse despois
dos oito anos que anunciaran, a escasa transparencia coa que se fan obras como a
depuradora de Dena ou a nula información coa que se aborda a reforma do Plan Xeral de Ordenación Urbana, porque é tristísimo que algo tan importante pasara
desapercibido entre os veciños, por que? Porque non houbo un concelleiro alí
que lle dixera ó alcalde: hai que mandar un equipo municipal para que informe
diso parroquia por parroquia nas casas de cultura, que son para eso. Con
respecto á alcaldía retrocedemos oitos anos atrás: voltamos á personalización e
glorificación da figura do alcalde, onde os problemas tenos que resolver un
señor, as ideas semella que as ten só un... tal vez non teña quen o acompañe, ou
quizáis non lle interese, non o sei. Nós entendemos que esto é negar o principio
da democracia.
![]() |
Laureano encabeza esta lista do PSOE en 1983 |
Todo está aberto pero nós somos o suficientemente cautos e expertos para saber
que, coa que está caíndo e aínda que aspiramos a todo, a realidade lévanos a ter
como obxectivo voltar a ter unha representación, eso sí, o máis ampla posible,
na vindeira corporación.
Teme vostede certa apatía
do electorado cara ó PSOE, debida en parte ó estado de invernación que
atravesou a agrupación meañesa tras perder a súa representación na corporación
en 1995?
-
Si, si, pode ser que esa desconexión se note. Pero nós presentámonos co afán de
participar e facer unha proposta digna que serva de alternativa política. Ademáis
hai que dicir que esa desconexión producíuse só en parte, porque nós, nestos
catro anos, tamén viñemos traballando por Meaño: ás veces demandamos, como cun
recente escrito de alegacións, a reforma do Plan Xeral de Ordenación Urbana, ou
outro de protesta por unha escandalosa bairarrúa que no seu día estábase a
construir en pleno centro de Dena, saltándose daquela unha decisión aprobada pola
anterior corporación... E tamén colaboramos a través dos nosos deputados no
parlamento galego presentando, por exemplo, previo consentimento da alcaldía a
quen consultamos primeiro, algunhas demandas para Meaño a incluir nos últimos
presupostos: asfaltados dalgúns camiños, ampliación de carretera de Samieira a
Xil, a limpeza da ría de Dena, que a Xunta dotara ó centro médico de Dena de
persoal de servicios... Xa
por non referirnos a algunhas obras que agora andan en boca de moitos e nas que
nós tamén temos algo que dicir: fai seis anos nós xa pediramos un instituto
para Dena, e unha rotonda para Fonte-Coruxa e outra para o cruce de abaixo en
Coirón, da mesma forma que solicitaramos unha análise das toxinas ambientais que
pode haber nesta zona ó queimar os aceites de coches, e sen tratar, na cerámica de Campo en Vilalonga, e que pode incidir dalgún xeito na aparición dalgunha choiva
ácida na zona que dañe as viñas.
![]() |
Estes son os nomes dos integrantes da lista do foto de arriba (1983) |
Si,
pode influir pero Borrell non se presenta a ningunha alcaldía. A xente poderá
pensar o que queira, pero dende o 2 de maio de aquel 1879 en que o PSOE está a
servicio da sociedade, choveu, escampou, tronou, houbo Borrelles, houbo Felipes
González, Roldáns... Houbo de todo. Nós estamos aprendendo tódolos días e
seguiremos niso; outros partidos tamén podían ir aprendendo.
Por que tanto retraso en
coñecerse o candidato do PSOE por Meaño e presentar a súa lista?
Nós
entregámola o día 10, e tendo en conta que se abre o prazo o día 5 e péchase o
día 10 está dentro do prazo, non?
Si, pero no me negará que a
a elección foi bastante tardía.
Si, pero a cuestión é presentar a lista e o candidato cando son as eleccións, porque
despois cáese nesos erros de presentar un candidato e logo ter que cambialo, ou
cometer ilegalidades como a de pedir o voto cando non se pode. Certo que nós
presentamos algo tarde, pero hai qu ter en conta que para integrar a nosa lista
segue pesando todavía algo tan triste como aquelo de fai vinte anos de
"non podo ir con vós porque me perxudica no traballo", o cal débese, en gran parte, á prepotencia destos partidos que parece que asoballan a todo
aquel que non sexa dos de amén, amén, amén.
García Ruibal caracterizouse
por practicar no seu día unha dura oposición contra Germán Rodiño; logo foi
moito máis suave no período 91-95 con Domínguez como alcalde. Que Laureano
veremos a partires de 13 de xuño na oposición se o PSOE logra obter
representación?
Sería
o mesmo que se presentou ás primeiras eleccións, coa mesma ilusión e coas
mesmas ideas de colaborar e de axudar. O que ocurría daquela era que, con Germán Rodiñoa, era prácticamente imposible dialogar, o que non quita que despois falaramos
tranquilamente fóra do concello. Jorge tivo outro xeito de entender a política
e de tratar á oposición, pero creo lembrar algunhas veces que algún pleno se
ten suspendido, e tenme chamado ó seu despacho para solucionar as cousas.
Ademáis nesa lexislatura eu estaba agardando a ver se o Partido Popular, que
con cinco concelleiros na oposición era maioría, empezaba a rachar para diante.
Independentes de Meaño
promete baixar a urbana, o PP o enlace de Dena coa vía rápida ... Vostedes non
entran na subasta?
Nós
non entramos en subasta algunha, porque ademáis esas obras medio faraónicas
teñen que facerse a través de Xunta ou do goberno central. Nós presentamos un
programa e logo queremos agardar a que esté constituída a corporación: cos que
estén dentro será o momento de intentar priorizar as inversións e necesidades
do municipio dentro da oferta que cada quen fai.
Ser socialista en Meaño é tan
difícil como parece?
Si,
cando as nosas reunións de partido en Santiago, esta de Meaño é unha especie de
denominador común que temos os dos municipios pequenos. É moito máis fácil ser
socialista en Vilagarcía, Pontevedra ou A Coruña, que aquí entre nós sinálante dun xeito como se foras o culpable de tódolos males. En cambio, do que o
partido ten feito ben, ninguén se lembra ou non interesa que se lembre. E tamén
aínda temos en contra que desde algúns púlpitos todavía nos seguen facendo
anticampaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario