domingo, 23 de junio de 2019

*** Opinión
“Sexa o que sexa, opóñome!” (Groucho Marx)

Esta memorable cita de Groucho Marx podería aplicarse ao posicionamento do PSOE na elección da alcaldía o pasado 15 de xuño: renunciou a presentar candidato e, acto seguido, vota en contra dos outros dous que se postulaban (Carlos Viéitez polo PP, José Manuel Aspérez por MI). Seguro que moito foi o que se falou durante a semana do acaecido naquel pleno de investidura, mentras que os mentideiros arden, pero só son iso, non máis. Por enriba das siglas, dos partidos, das ideoloxías, se escoitas isto desde fóra, a situación déixate perplexo no concello que sexa. E atrás quedou unha "comisión negociadora" creada polo PSOE coa consigna de non negociar nada con ningúen (¿?): un chisco economía de esforzo estaría mellor.

Os “principios”, ese vocablo que se enarbola ás primeiras de cambio -algúns máis na política que na vida- que, manido, perde sentido cando se emprega en exceso. O primeiro principio, do xogo político nunha democracia real é, chegado o caso, asumir a responsabilidade á que cada un concorre. Do contrario, mellor non facelo, porque contradice o compromiso que cada candidato adquire de partida en campaña. Isto é o principio (léase inicio), o resto do argumento que poida alegarse, é literario.
Á hora de postularse -ou renunciar-, de negociar unha alcaldía, un proxecto, unha obra… o que toca é antepoñer o interese colectivo dos veciños, ao individual do político, ao partidista do partido. Porque o bo político, como servidor público, debe velar polo interese colectivo, aínda a costa do seu propio. Do contrario, non exerce como tal. Para negociar de xeito constructivo, pensando nos veciños, toca tirar do programa, que cada un entende o seu como mellor. Pero é difícil, tal e como defendiamos aquí fai uns días, esos programas non existían, en casos non pasaban de misiva aos Magos.
En fin, a decisión do can do hortelano “que nin come nin deixa comer” que se lle atribúe ao PSOE meañés, pode entenderse, segundo se vexa, de “principios” ou “finais”. O tempo dará e quitará razóns.





No hay comentarios:

Publicar un comentario