domingo, 1 de diciembre de 2019


A COVA DO TRASNO


Segunda entrega do foro "A Cova do Trasno"que promove a Asociación Cultural e Deportiva GAM, centrada nesta ocasión nun Encontro co poeta grovense QUECO FRESCO. Será o xoves, 5 de nadal (véspera de festivo), no Pazo de Lis ás 20,30 horas. 

Este Encontro incluirá un momento para o coloquio e outro para un recital poético con música en vivo de man de mestres e alumn@s da EMMM. A este recital sumaranse tamén escolares que participarán nel a través da labor realizada cos mestres nos CEIPs de As Covas e Coirón, con motivo deste Encontro. 

Será tamén un momento de recital no que poderá participar o público, lendo ese poema durmido que, seguro, tes escrito nalgures. Pode ser en verso ou en prosa poética, en galego ou en castelán, ben se o rescatas do baúl das lembranzas ou te alentas a escribilo para a ocasión. Anímate! Comparte esos segundos inéditos de poesía con Queco Fresco.


Dado o limitado da sá do Pazo de Lis, abriremos as portas ás 20 horas ata completar aforo. E para amenizar esos 30 minutos de espera proxectaremos un vídeo de fotografía antiga da asociación GAM para revivir un tempos pasados. Un Encontro que se fai posible gracias á colaboración das firmas Albariño Lagar de Broullón e Panadería San Antoniño.

Queco Fresco
Para ir coñecendo ao noso protagonista, QUECO FRESCO, deixámoche aquí uns enlaces para escoitar a súa poesía. E outro no que recatamos un poema del, musicado pola cantante Carolina Rubirosa. Se te quedas a escoitalo, seguro que te enganchará para estar o xoves neste Encontro. Ah! E se queres poderás adquirir un dos seus libros de poesía que disporemos no pazo, e que poderá asinalo e adicalo Queco.


Pincha aquí para ver a






No hay comentarios:

Publicar un comentario