domingo, 2 de febrero de 2020

"A COVA DO TRASNO" (Asociación Cultural e Deportiva G.A.M.)

"COA MÚSICA A OUTRA PARTE"


Cartel anunciador para divulgar
Co título de COA MÚSICA A OUTRA PARTE, a terceira entrega do foro "A Cova do Trasno" comparte unha historia de solidariedade meañesa que nos leva pola experiencia de Basilio Camiña, como cooperante de ONGs, ata as suas vivencias en Marrocos, no Sahara, na zonas deprimidas de Brasil, Uganda e India. 
Será este vindeiro venres 7 de febreiro ás 20,45 no Pazo de Lis, coa colaboración da adega Lagar de Broullón. Un intre para coñecer de primeira man e departir con Basilio Camiña sobre as suas vivencias, amosando un abano de fotografías e pequenos vídeos persoaiis recollidos no seu traballo por tres continentes. A sá do Pazo de Lista abrirá ás 2030 horas e a entrada será libre ata agotar aforo. A duración, como criterio deste Foro de Debate que organiza a Asociación Cultural e Deportiva GAM, será de unha hora exacta. Unha ocasión excepcional para coñecer un mundo de solidaridade real desde meañés.

Basilio Camiña
Basilio Camiño Ucha realizou os estudos de Maxisterio e, tras iniciarse como trombonista da BUMM con 12 anos, acabou cursando tamén a carreira musical, completando o Grao Superior de trombón no Conservatorio de A Coruña. En 2012 sentíuse chamado por unha inciativa solidaria que, de mans da ONG "Felicidad sin Fronteras" levouno, primeiro, á cidade marroquí de Azrau, nas montañas do Atlas,  onde traballou con 80 nenos e nenas entre 6 e 13 anos. Xunto cunha vintena de voluntarios daban clase, organizaban os xogos, preparaban o xantar, recollían mesa e lavaban os pratos, realizando un taballo global. 
Logo, en 2013, coa ONG "Profesores en el Sahara" foi destinado ao Sahara, para desempeñar a súa labor de mestre no poboado de Smara, no campo de refuxiados de Tinduf, acollido por unha familia saharaui, e traballando con adolescentes de entre 12 e 17 anos. Aquela foi unha experiencia breve, porque o temor ao conflito entre Mali e Alxeria e a radicalización co risco de células de Al-Qaida sobre o territorio, o Fronte Polisario, por seguridade, decidíu repatrialo xunto cun grupo de voluntarios.


Basilio creando orquestra en Uganda
En 2014 a súa inquedanza solidaria levouno a Brasil, de mans na ONG "Orquestrando a vida"para traballar con rapaces de rapazas nas depauperadas favelas de Campos de Goytacazes. E en 2015, coa ONG "Muscee Iganga" trasladouse ao corazón de Árica, en Uganda, para desempeñar a súa labor formativa na cidad de Iganga, situada a norte da capital, Kampala. Foi unha experiencia aquela que compartía coa meañesa Myriam Portela. Xuntos recadaron desde Meaño 2.600 euros que invertiron íntegramente a aprovisionar a suas alforxas nas que, xunto con doazóns, levaban dous trombóns, dúas trompetas, seis clarinetes, tres flautas traveseiras, varias caixas de percusión, palas, metrónomos, libros..., e que poideron pasar na aduana, mercede a unha acreditación do cónsul español en Uganda. Material meañés co que traballaron en Uganda durante tres meses para crear unha orquestra, y que logo deixaron en Iganda, para que a música seguira soando alí no corazón de África.


Basilio na súa experiencia na India
E a fins de 2018, unha quinta experiencia solidaria levouno nesta ocasión ata a India ca ONG "Lotus Spain", nunha labor que desempeñou en Beranés, unha das cidades sagradas da India, onde a espiritualidade fusiona vida e morte ata o extremo, con constantes cremacións a orelas do Ganxes, onde entre 200 e 300 cadaveres diarios son lavados nas augas sagradas do Ganxes, e logo queimados en piras, para seren logo vertidos ao río. 

A crenza refire que todos os que finan nun radio de 20 kms. de Beranés, acadaron o último escalón da reencarnación para o descanso eterno. Por esta razón moitos enfermos terminais son trasladados nos últimos días ata Beranés para acadar a fin. En Beranés traballou a formación musical cunha vintena de escolares, a par que se acompañaba co seu trombón, oficiando como músico ocasional na rúa, facendo soar a música de Galicia a orelas do Ganxes.


Se queres coñecelo por dentro, e aproveitar a ocasión para visionar as súas fotografías e vídeos, non perdas este Encontro na Cova do Trasno. Unha experiencia para emocionar o corazón e tocar as conciencias. Agardámoste!


Basilio Camiña co su grupo de alumnos de metais nas favelas do Brasil



No hay comentarios:

Publicar un comentario