"A COVA DO TRASNO" (Asociación Cultural e Deportiva G.A.M.)
"RADÓN: O INIMIGO INVISIBLE"

Será una hora de tempo para informarte e resolver dúbidas sobre unha ameaza real, que está considerado o segundo factor de risco para o cancro de pulmón, onde as vivendas de Galicia, e de Meaño e particular, están sobre expostas a este gas.
A doutora Torres Durán integraba o equipo do Álvaro Cunqueiro que ven de traballar con sete grandes hospitais de Galicia e outros no Noroeste peninusula nun amplo estudo sobre o impacto da exposición ao radón residencial, e súa relación do cancro de pulmón. A investigación, dirixida polo profesor Alberto Ruano desde o Departamento de Epidemioloxía e Saúde Pública da Universidade de Santiago, conclúe que, mesmo as persoas nunca fumadoras, expostas a concentracións elevadas de radón (máis de 200 bequerelios m3) presentaban un incremento significativa do risco de desenvolver cancro de pulmón, en comparaión cos expostos a concentración por debaixo dos 100 bequerelios m3. Que podes facer na túa casa?
No hay comentarios:
Publicar un comentario