*** Opinión
Patria

Capítulos breves, con oracións curtas,
fogonazos que crean imaxes por doquier en días que case sempre son grises, no
relato ou na mente do lector. Novela que recomendamos nesta etapa de
confinamento que tamén resulta gris, nunha primavera que este ano non florece
en ti, polo que conectar cos protagonistas resulta se cabe máis doado.
Cando te enfrentes ao relato, aprovisiónate
dunha dose de paciencia no inicio, cuns vaivéns temporais, de personaxes que
veñen e van, de presente e pasado. Non te rebeles contra a orde trazada por
Aramburu, déixate levar polos vaivéns, para acabar disfrutando deles. Cando
remates, non te deixará indiferente, o conflito veralo xa para sempre a través
desta novela: humano (e atroz), cruel (e compasivo), incomprensible
(comprensible), morte (e vida)... Dun relato así sempre quitamos leccións: onde
estás, a quen serves, que medios empregas, para que, a costa de que. En fin.
*************************
E tal como como vimos facendo nesta
cuarentena deixamos aquí a nosa recomendación semanal. Pincha no seguinte enlace para ver o video proposto:
No hay comentarios:
Publicar un comentario