sábado, 25 de abril de 2020

hemeroteca 
Rescatamos hoxe aquí e completa o orixinal dunha entrevista feita o 16 de outubro de 2003, e publicado logo en FARO DE VIGO, a Arturo Sineiro con motivo de seu século de vida. Con ela abrimos con ela o noso particular Ventanuco este semana, sexta con confinamento polo Covid-19. Desde aquí o noso apoio a todos os meañeses, e esta páxina para entreter lembrando.


Arturo Sineiro López acaba de cumprír os100 anos de vida. O vindeiro domingo os seus conveciños de Lores aproveitan a Festa da Terceira Idade para rendirlle unha cálida homenaxe nun xantar con preto de 100 comensais. Co seu século ás costas Arturo Sineiro segue sorprender a todos pola súa lucidez e o seu excelente senso do humor.

“NA GUERRA DE MARROCOS MATEI MOITOS PIOLLOS”

Arturo Sineiro durante o xantar do seu centenario
¿Que tal se atopa de saúde con 100 cumpridos?
Cansado, sobre todo das pernas. A estos anos é unha debilidade normal. Si estivera de pernas como estou de lingua (risas)... pero non me podo queixar. 
Supoñemos que ilusionado pola homenaxe do domingo en Lores.
Sí, estou contento, fun sempre a esta festa. Este ano síntome algo máis canso... pero hai un bo motivo para ir ¿non?. 
Algún é o segredo para vivir tanto?
Segredo ningún, a non ser que me axudara o moito que traballei na vida. Polo demáis a saúde foime respetando, iso é todo. Certo que non cometín excesos. Fumar non fumei nunca; ¿beber? o necesario; ¿mulleres? teño que dicir que sempre me gustaron, aínda hoxe me gusta mirar para unha boa moza. 
Pero supoño que garda algún réxime de comidas.
Como de todo, pero comida lixeira e moita froita. Non me presta o leite, pero sí me presta o par de vasos de viño tinto a comida que sigo bebendo. 
Como transcurre un día na vida dun centenario como vostede?
Como me sinto canso levántome tarde, a iso das dez. Xanto e logo boto a sesta case toda a tarde. Despois levántome para cear e regreso a cama. Durmo moito, si me deixan durmo case todo o día. 
Unha curiosidade, ¿pasou vostede algunha vez polo quirófano?
Só unha vez e estivo a pique de mandarme ó outro mundo. Foi en 1938, e todo se complicou casualmente: deume ás dúas da mañán en Lores, daquela non había coches aquí e houbo que pedir o chamado "coche de alquiler" que había en Sanxenxo; pero non estaba, esa mañán ía coma familia do notario en Pontevedra. Chegou pola tarde. Montáronme nel, e cando chegamos a Samieira pinchou unha roda. Cambiouna, chegamos a policlínica en Pontevedra e non estaban os médicos que tiveran que saír a operar a Arcade. Pensei que quedaba alí. Por fin voltaron e operárnome a dez da noite. Dixéronlle a familia que si chegaba ás doce da noite podía saír dela. E saín, e desde aquela ata hoxe aquí.
Que lembranzas conserva daquel Xil de principios de século?
Moitos. Non había luz eléctrica, nin auga corrente nas casas, nin estrada. A estrada de Xila foi aberta a pico e pala anos despois, e cada vez que aparecía un con o capataz ordeaba unha curva. Así está hoxe. Daquela recoñezo que era traste. Lembro que unha vez desarmei unha bomba de palenque que tiña o meu pai no alboio e gardei o pistón no peto. Cando fumos botar o gando ó monte un amigo máis eu plantamos lume nunha touza de toxo e guindamos alí o pistón. Como tarda en estoupar achegámonos un pouco e nese momento "boom". A min saltáronme unhas areas pero o meu compañeiro sangraba pola testa. Meu pai tivo que pagarlle a factura do médico, cinco pesos daquela, e eu rapei unha tunda que aínda me lembro hoxe.

Estivo vostede na guerra?
Guerra del Rif - Wikipedia, la enciclopedia libre
Imaxes da Guerra de Marrocos
Sí, pero non na guerra de España [en referencia á Guerra Civil], porque esa colleume xa tarde. Eu estiven na guerra de Marrocos case que tres anos participando en operacións de retaguardia. Marroquí non matei ningún, pero o que si matei nesa guerra, dispensando, foi moitos piollos.
De que traballou de novo?
Andiven a navegar durante 20 anos nun cargueiro, percorrín todo o mundo, coñecín Norteamérica, Italia, Chile, países de África. 
Vinte anos no mar dan para moitas anécdotas, e seguro que algún susto: lembra algún?
Lembro como unha vez o cargueiro no me andaba, de nome Neptuno, estivo a piques de naufragar. Viñamos de Norteamérica cargados de millo e na metade do Atlántico colleunos un temporal. Rompeu unha peza da hélice e estivemos á deriva unha noite e case que un día enteiro. Ó final o capitán logrou contactar cunha emisora norteamericana que mandou un avión de recoñecento. Enviaron un remolcador holandés na nosa axuda, enganchou un cable e trouxonos ata as Azores. Si non é polo remolcador non a contamos. Días antes naufrara nesa mesma zona outro cargueiro español, o Castillo de Montjuic. 
Bueno agora o traballo velo de lonxe ¿non sí?            
Agora non fago nada, estou moi canso. Pero ata o ano pasado aínda que encargaba de moer o gran de millo no muiño, que era o traballo que máis que gustaba.


*********************************************
Ante a crisis do Covid 19 que estamos a vivir sorprendémonos con dúas novas: 

Ø  En Portugal, a ministra Marta Temido, máster en Xestión e Economía da Saúde pola Universidade de Coimbra, Doctorada en Saúde Internacional pola Universidade de Lisboa, xerente de varios hospitais lusos... En España, á fronte de Ministerio de Sanidade, Salvador Illa... licenciado en Filosofía!!. 😒😒😒 Dous coñecementos opostos, dous modelos de xestión. Ver para crer... e padecer.

Ø  E en Estados Unidos, Trump propoñendo inxectar desinfectante aos pulmóns dos enfermos: non é o presidente de USA, é Nerón á fronte de Roma. 😰😰😰


E tal e como vimos facendo nesta cuarentena deixamos aqui un vídeo para disfrutar, con sabor Meaño, dun sexteto de clarinete: seis músicos, todos eles interpretandos á par polo mestre de clarinete e  director da BUMM Diego Javier Lorente López, tocando "Viva la vida" de Coldplay, o seu particular homenaxe nesta loita contra o Covid-19




No hay comentarios:

Publicar un comentario