domingo, 2 de agosto de 2020

PLENO MUNICIPAL DE MEAÑO EN ESTADO PURO

Dado que con motivo da crise do Covid-19 recoméndase non acudir ás sesións plenarias do concello de Meaño, e dado o exiguo da sá de plenos, por acordo dos tres grupos permitíuse a grabación e emisión das sesións polas redes sociais. Aquí vos deixamos o vídeo do último pleno completo, celebrado na noite do 31 de xullo de 2020, correspondente á sesión ordinaria. Un vídeo para visionar e ver as formas e talantes de cada un dos grupos, e cerciorarse das contradiccións en que incurren á hora de abordar e votar nos asuntos candentes. Para velo pincha no seguinte enlace



Una imagen sobre la sesión del pleno del 31 de julio de 2020


Por se non quere visionar o lector todo vídeo completo, detallámoslle aquí os minutos para ver ás polémicas que resultaron máis agrias nesta sesión sesión:

min. 2'40 a 4'13'': polémica sobre a acta coa inclusión da información agregada sobre o radón, que reclama MI e que non fora exposta no pleno anterior.
min. 18'00’’ a 26'30'': moción de censura do PSOE sobre a moción do pediatra, e discrepancia de MI sobre a data de presentación dun documento presentado á EOXI. min. 30'02'' a 30'45'': un wsp recibido polo rexedor fai matizar a polémica sobre o escrito presentado á EOXI, cando na sesión do pleno estábase a abordar unha moción xa posterior.
min. 52'50'' ata 1h.07'20'': polémica sobre a creación da praza de conxerxe que eleva Meaño Independiente, co momento máis álxido entre 1 h.00'50'' e 1 h.01'40''.
De 1h. 20'00'' ata 1h. 22'54'': polémica sobre se, sen ordenanza municipal de tráfico, pode colocar un alcalde, ou non, sinais de tráfico (procedemento que, en todo caso, esixe informe previo de policía local e unha resolución pública).
De 1h. 42'28'' ata 1h. 42'49'': A pregunta do PSOE sobre o cruceiro derrubado en Cobas, o alcalde indica "a empresa (que causou o dano) está identificada". ACLARACIÓN: Con data de sesión plenaria, 15/06/2020, a pregunta similar para coñecer a empresa responsable do dano causado nese cruceiro, e que emitía entonces MI, contestaba literalmente o alcalde (segundo se pode refrendar na acta) en pleno do 15/06/2020: "Contesta o Sr. alcalde que, segundo a información que ten, foron alí varias veces e nadie sabe nada ó respecto, parece ser que foi unha empresa que estaba por alí facendo uns traballos pero nadie sabe nada. A información é contradictoria entre a que ten vd (en relación a José M. Aspérez) e a que teño eu". En realidade, desde aquí constamos fehacientemente, que a alcaldía tivo coñecemento real (refrendado pola testimuña dos veciños que lle trasladamos ao alcalde no seu día) do nome desa empresa en decembro 2019 (cuxo nome omitimos aquí, de momento, a efectos legais). O día 16 de xuño, para disipar dúbidas entrevistámonos persoalmente en Cobas coas mesmas testimuñas do dano causado polo accidente por parte da citada empresa, testimuñas as cales reafirman que "en todo este tempo ningunha persoa, político ni non político, veu por aquí desde decembro a interesarse pola empresa que causou o dano". Un deles afirma literalmente: "podes poñer o meu nome e apelido, podo ata declaralo mesmo diante do xuíz porque esta estaba diante aquí no día do accidente" (por cortesía emitimos o nome, pero temos autorización para poñelo a disposición do goberno local, se o estima) A día de hoxe, 1 de agosto, en que escribimos isto, tampouco ningún foi a preguntarlle aos veciños. Certo que, agora sí, o alcaldía muda a posición: xa coñecen a empresa. Evidente: coñéceno e coñecíana persoalmente en decembro de 2019.
 De 2 h. 00''13'' ata  2h. 00'42: reclamación para recuperar os 600 euros da viaxe a Bruxelas. Segundo e rexedor foi unha reclamación verbal, e prantexarase elevar unha reclamación escrita para recuperar ese diñeiro. Aclaración desde aquí: reclamación baldía, para presentar esa reclamación escrita e facer efectiva a devolución dispoñía, legalmente, de 14 días de prazo (naquela situación). Esos días venceron fai meses. Diñeiro perdido.
De 2h. 16' 15'' ata 1h. 18' 58'': Meaño Independiente fai público o documento técnico do arquitecto municipal, emitido con data 4 de xuño de 2019, e silenciado/igñorado desde entonces polo goberno local (a pesar das continuas preguntas recibidas por esta cuestión durante un ano, ás que nunca respostou) e que acredita a irrregularidade das condicións en que se acometeu o transformador de Abuín por parte da firma Unión Fenosa. Instantes antes desta polémica, en 1h.39'31'' do vídeo, o PSOE preguntara se existía algunha irrgualaridade con transformador de Abuín. O alcalde, literalmente, refire: "a verdade, é que aínda non me informaron ao respecto. Nós entendemos que está regla". Uns minutos despois  (2 h. 16'15''), paradóxicamente, a opinión pública pode coñecer o informe do técnico municipal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario