sábado, 29 de agosto de 2020


CORREMOS xa POR MEAÑO ... Ad libitum. 
Anímaste a dar pasos por Meaño?

Temi, Marcos e Aarón, na costa dos Fornos
Primeiros atrevidos estos días a experimentar "Correr por Meaño" unha iniciativa que, con imaxinación, ven de poñer en marcha a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. O obxectivo é rememorar una carreira que este ano, polo que todos sabemos, non pode ser: a XXXVI Carreira Popular de Meaño, que estaba fixada para o 13 de setembro, segundo domingo de setembro, que coincide sempre coa festa dos Miragres, patrona do concello.
  

Mónica e os dous Marcos na costa dos Fornos
Animamos desde aquí aos meañeses e outra de fóra, asiduos a esta carreira, a disfrutar un chisco de Meaño, das suas xentes e paisaxes, no corazón da Rías Baixas. E ollo! Este ano a vendima ven adiantada. Non deixes de pasar a oportunidad de correr (ou camiñar) por Meaño. Mañán domingo, día 30 de agosto, antes de darte un chapuzón na praia da Lanzada, pode ser un día ideal... Ou do contario polas noitiñas, ou mesmo de mañán, para todas aquelas que estades a saír a camiñar a ritmo facer deporte dun xeito saudable. Lembra: Dispós de prazo ata ata o 16 de setembro para participar nesta experiencia. Ou fai plan para os dous fins de semana que aínda se quedarán en setembro (pero coidadiño... Que non te pille a vendima! (🍇🍇🍇  😄😄 😅😅)

Eih! E por se tes dúbidas deixámosche aquí o perfil co circuito de 6,3 kms para os maiores (nados antes de 2006). Así fast unha idea das costiñas que che quedan por "patear".

Perfil do circuíto de 6,3 kms, No punto kilométrico 4,5 a Costas dos Fornos


Marcos (fillo) e Mónica
na costa do Fornos
Como participar?
Esta iniciativa é "ad libitum", non ten data nin hora. Desde fai uns días está en marcha e dispós ata o 16 de setembro, para correr ou andar o teu percorrido do que era (e seguirá sendo) circuíto da Carreira Popular de Meaño. Cronometra (opcional) o tempo que empregues (reto ao teu cronómetro). Se o tes mándanos ese rexistro co teu nome e un teléfono ou correo-e de contacto, máis unha foto que acredite ter experimentado CORRER POR MEAÑO (individual ou cos teus amigos de preto, coa prudencia habitual que ves poñendo en práctica). Remíteo ao correo-e asociaciongam@gmail.com e publicaremos a túa participación nas nosas redes sociais e nas vinculadas á asociación.

Todos os que participedes nesta experiencia mandando as vosas fotos cos datos, entraredes nun sorteo de:

Andrés Sueiro (dereita) e Alfonso García ("Achas"),
na Praza da Feira tras completar o percorrido de 6,3 kms.
na mañán do 30 de agosto
(tempo: 32' 25'')
- 2 lotes de albariño PACO e LOLA, con visita guiada a adega para dúas persoas 
  (maiores de idade)

- 2 bono-tapas en QUINTA DE SAN AMARO (con viño e tres tapas) para dúas persoas 
  (maiores de idade)

- 2 lotes infantiles SÚPER LAGE-MERCA MÁS para nen@s (e menores de idade)

O único obxecto de que remitades un teléfono ou correo de contacto é o de avisar aos gañadores dos tres sorteos, que faremos públicos, e galardóns que se comunicarán e se entregarán a fins de setembro, despois de vendima.

O internacional Carlos Adán
entra gañador en Meaño 2003
Queres participar neste sorteo? Non tes  nada máis que correr ou camiñar o teu circuíto, e mandarnos a foto cos teus datos ao correo-e asociaciongam@gmail.com Participar no sorteo con estas bases, implica autorizar a Asociación G.A.M. poder publicar foto, nome e tempo dos participantes, nas nosas redes sociais vinculadas á CORRER POR MEAÑO.

Voltamos a deixarche aquí os diferentes circuítos parar experimentar en función da idade. Se pinchas abaixo, enriba de do circuíto que dexeses percorrer, terás acceso directo no teu terminal (teléfono, tablet ou ordenador) a través de GoogleMaps ao percorrido correspondente, para poder guiarte por se dubidas no percorrido. Lembra: no punto de saída debes partir cara arriba na recta (é dicir, á dereita neste mapa convencional que ves en páxina)



 CIRCUÍTO LONGO: 6.330 metros. (nados a antes de 2006)



CIRCUITO MEDIANO: 1.600 metros (nados entre 2007 e 2012)



CIRCUITO CURTO: 1.070 metros (nados entre 2013 e 2015)



Calquera dúbida contáctanos a través d correo-e asociaciongam@gmail.com ou ben das redes sociais (tecleando en facebook a páxina: polo ventanuco). Lembra: esta e una iniciativa non regrada, dirixida a todos aqueles que teñades a inquietude de "correr (ad libitum) por Meaño".


E uns consellos:

- Loxicamente, non son circuítos pechados, polo que debes correr ou andar por arcéns e/ou beirarrúas, como calquera día normal de entrenamento por Meaño.
- Cumpre a normativa vixente con motivo do Covid-19 e que coñeces: evita os grupos (corre como un anacoreta ...😂😂😂) e, se a situación o esixe, fai o debido da máscara protectora.
- Sentidiño... E disfruta!

Se queres coñecer e saber máis sobre a Asociación G.A.M. e a Carreira Popular de Meaño pincha no seguinte enlace: Asociación Grupo de Amigos de Meaño (G.A.M)



Yolanda Gutiérrez entra gañadora en 2013

Aleandro Fernández en 2018, conquerindo a súa cuarta victoria en Meaño

Ester Navarrete, tras entrar vencedroa en Meaño'2019


Saída da Carreira Popular Meaño'2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario