O PLENO DO SAMAÍN
Entrando en novembro, o pleno
extraordinario do concello de Meaño vivido o pasado mércores 4, foi digno de
cualificalo, en ton coñero, como a "sesión do Samaín" ou
"Hallowen". Son 26 minutos para ver, e iso que a algúns pareceulles
que o debate estaba a supoñer un día (a ver, 26 minutos, son... 26 minutos).
Todo por unha cuestión aritmética que se reducía a sumar: canto é 5+1? Se
resolvemos o enigma e tiramos de regla de tres a proporcionalidade... legal?
Uf!. Desde logo aritmética, non. Ou si?. (Non estaría mal consultar cun
matemático, ou que?).
Aquí deixamos o enlace co vídeo do pleno. Que cada un
saque as súas propias conclusións. A nosa recomendación: o "hallowen"
empeza a partir do minuto 11'18''. E ao final, inédito abandono antes do urbi
et orbi
NOTA: Se tes dificultade de acceso arriba, pincha aquí abaixo no seguinte enlace
E como en Meaño puidemos ver un Samaín auténtico, deixamos aquí
unha selección de fotos da "caravana
das cabazas" que fixo o CEIP As Covas. Imaxinación a tope para
poñer en marcha un evento sublime, cargado de beleza e romanticismo. Da gusto
que en Meaño haxa xente que, con tan pouco, logra un resultado así de
exquisito. Un colexio que acerta de cheo na inmersión social, cultural e
paisaxística que o rodea, sacándolle un lustre envidiable. Desde aquí, abrimos
tamén o noso particular Ventanuco para darlle os nosos parabéns a toda a
comunidade escolar de As Covas. Fotos: CEIP As Covas
No hay comentarios:
Publicar un comentario