sábado, 26 de junio de 2021

 

MÁIS QUE UNHA FEIRA

“A realidade é a raíz cadrada da utopía”
(Ramón Villares, durante unha clase de Historiografía).


Asomamos neste particular Ventanuco cunha entrada sen complexos, con libertade e sen pudor para amosar  o que soñamos. Un proxecto de auditorio que, fai unha década, desde a alcaldía , imaxinaba Jorge Domínguez, e que daquela no podía ser (cuestión de venta); un proxecto que logo Lourdes Ucha (cando tivo a opción de compra) no lle soubo ver o potencial; e ao que agora Carlos Viéitez non quixo ver, nin para tentalo.


Cosendo aquel diseño que Domínguez bosquexara nun papel no despacho da alcaldía aquel sábado, coas ideas dun arquitecto de dalgún outro sobre o terreo, tratamos de dar forma aquí a un proxecto integral para ordenar a Praza da Feira y darlle valor escénico, arquitectónico e cultural ao centro de Meaño, con obxecto de convertir este espazo nun referente, dentro e fóra de Meaño.


Recreación da proposta sobre a Praza da Feira


A parte superior amosa unha imaxe aérea da Praza da Feira. Sobre esa fotografía, silueteada logo en branco de negro a xeito de bosquexo, superponse o novo proxecto, cosido coa proposta inicial da alcaldía fai unha década. Precisións:


1. Todo pasa pola adquisición dun inmoble no centro da Feira, que o concello con Jorge Domínguez quixo mercar, pero que a propiedade entonces non quería vender; fai uns anos, cando o propiedade quería vender, o concello, con Lourdes Ucha, non amosou interese en mercar. Oferta e demanda é agora, en esencia, cuestión de vontade política.

2. Jorge Domínguez bosquexara a opción dun auditorio ("coqueto", acorde para Meaño, non "magno") con dobre entrada, unha nun nivel superior pola beirarrua de PO 303, e outra a un nivel inferior desde Praza da Feira.

3. O inmoble Escola da Música podería comprender dúas ou tres alturas, segundo a necesidade que se estime. Neste inmoble o arquitecto avoga por unha fachada artística, podería que mesmo con columnas (unido co lateral de entrada ao auditorio pola praza), fachada que debería concebirse para facer as veces de decorado de fondo, con boa iluminacion, ao escenario natural, a nivel de solo, que pasaría a ofrecer a Praza da Feira (ver punto nº 4).

4. A praza actuaría, á par, de como espazo de xogo (como agora), pero tamén como un escenario natural (modelo arte clásica). Completaríase cun anfiteatro, a xeito de graderío a media lúa para que o público poida seguir o evento (concerto, teatro, cine, etc) ubicada abaixo, sobre o solo da Praza. De fondo, o decorado arquitectónico que ofrecera a fachada da Escola de Música. Nunha palabra, segundo a estación do ano e o climatolóxico, os eventos poderían optar por un auditorio natural ou cuberto, segundo as necesidades e obxectivos.

Anfiteatro con escenario natural nun parque da cidade de León. 😍 😍


5. A ubicación da biblioteca e sás de conferencia nese mesmo entorno, permitiría que os rapaces e alumnos fluiran dun inmoble a outro, con naturalidade e seguridade plena ao non ter que cruzar estradas. Isto convertiría a Praza da Feira no espazo cultural e musical por excelencia, contibuiendo así a dinamizar económicamente ese centro de Meaño.

6. A concentración dos espazos evitaría o desprazamento de músicos e instrumental (mesmo o pesado), partindo da idea de que os tres bloques estarían intercomunicados polo interior, posibiliitando o acceso a calquera dos bloques por dentro.
 
7. Ah! E a beirarrúa da PO 303 quedaría en todo ese tramo ensanchada, gardando a debida aliñeación coa do concello o a do edificio da farmacia.

Este é un proxecto de ideas cosidas para artellar de forma imaxinativa o espazo da Feira que, por superficie, pese ao que algúns digan, é posible (cuestión de medicións, que nós medimos antes esos espazos). Para nós é o Meaño que ilusionaría, concebido para dinamizar a praza e as súa contorna, porque soñar, imaxinar, forma parte das realidades belas. Nós soñamos. E ti?





No hay comentarios:

Publicar un comentario