domingo, 7 de noviembre de 2021

 

PREMIOS CORRER x MEAÑO-2


O pasado venres, 29 de outubre de 2021, aproveitando o entrenamento de tenis de mesa da sección deportiva CTMGAM, realizábase no pavillón de deportes de As Covas o sorteo de premios de CORRER x MEAÑO-2. Un sorteo no que entraron @s aficionad@a que participaron nesta segunda edición, unha inciativa concebida en lembranza de tentar manter viva a chama da CARREIRA POPULAR DE MEAÑO. Un gran de area, para sumar por Meaño tirando de imaxinación.



Clube Atletismo Corbelo en Correr por Meaño-2


Nesta iniciativa, na práctica, participaron este ano un total de 48 personas, se ben non tod@s aportaron os datos persoais para entrar neste sorteo a nivel individual. Así, a participación do Club Atletismo Corbelo, con 12 corredores, pasaron a figurar como entidade colectiva, cun número que se lle asinou  para o sorteo. Polo demáis, con participación individual, contamos con 27 corredores sénior e 9 rapaces. (Nota: por decisión ética, non entraron no sorteo presidente e vicepresidente da asociación, G.A.M.).
Para coñecer os premiados tes que visionar vídeo do sorteo que se fixo de xeito público, tirando nesta ocasión dunha modalidade nova, sen maxia nen trucos, que poderás descubrir a contiuación: 




PREMIOS
MODALIDADE INFANTIL: 2 PREMIOS CAFÉ-CAR LAGE
Hamburguesa ou bocata + refresco, para premiad@ + acompañante
 
MODALIDADE ADULTOS: 2 PREMIOS QUINTA DE SAN AMARO
Bono aperitivo (viño/vermouth ou refresc + tapa), premiad@ + acompañante

 
MODALIDADE ADULTOS: 2 PREMIOS ALBARIÑO PACO&LOLA
Lote de botellas Rías Baixas en adegas Paco&Lola


Parabéns @s premiad@s a gracias a tod@s por participar!
 
NOTA: A Asociación Grupo de Amigos de Meaño (G.A.M.) poñerase en contacto cos premiados para facerlles chegar a acreditación do premio correspondente. Lembra: os premios son persoais e instranferibles, debendo acreditar o gañador a identidade, a cal acompañará con bono á hora de disfrutar destos premios nas firmas sponsorizadoras.


oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

SAMAÍN NO MONTE


Este pasado venres 5 de novembro, Samaín fantasmagórico no monte do CEIP As Covas máis da ANPA A Toxa que, xuntos, fixeron posible unha festa diferente que, nas vísperas de Todos os Santos, tiveron que aprazar pola mal tempo. Unha festa para enmarcar, nun Peñón oscuro, poboado por multitudes de cabazas con velas ás marxes do camiños, con sons inquietantes dos músicos que pululaban entre a multitude da xente, e que contou tamén cun contaconcontos de terror, cemiterio, espectros e unha Santa Compaña... das de verdade. Deixamos aquí unhas imaxes no intre. 














 

No hay comentarios:

Publicar un comentario