viernes, 30 de agosto de 2024

(Entada con vídeo)

Cantando e recitando a...    HERMINIA FARIÑA 

Tocando o fin de verán, e antes de afrontar a vendima, abrimos este Ventanuco no día Virxe da Lanzada, para compartir desde aquí o vídeo “Relembros do Hirmán Emigrante”, extraído do foro “A Cova do Trasno… canta a Herminia Fariña”. Na voz de Baia Fernández, os versos de poetisa meañesa esquecida, e na Rafael Dovalo o poema de Herminia Fariña, musicado por este músico e compositor meañés fai máis de dúas décadas. Un cantar que nunca escoitaches e, sobre todo, nunca viches. Aos seus 82 anos, Rafael soltouse como antaño con “Los Diamantes”, “Los Chicos de España”, Los Salneses” ou “Solera” entre outros, para con guitarra interpretar a canción. (Na foto: Baia Fernández e Rafael Dovalo)


“Relembros do Hirmán Emigrante” fora un poema escrito por Herminia Fariña e publicado nos anos 40 do século pasado na revista pontevedresa “Sonata Gallega”. En plena posguerra e metidos nos “tempos de fame” no que o ditadura sumirá ao país, Herminia Fariña fai un canto egrexio ao emigrante galego anónimo que, allende do océano, sinte morriña da súa aldea galega.
O vídeo gravábase o pasado 9 de agosto con motivo deste encontró organizado pola Asociación Cultural e Deportiva G.A.M no Pazo de Lis-Museo da Muller Labrega Herminia Fariña. Desde aquí no noso agradecemento sentido a Baia Fernández e Rafael Dovalo por facer posible este documento. E, engadido a tamén meañés Pablo Dovalo Falcón, que asumiu de xeito altruista a gravación, edición montaxe de vídeo. Parabéns tamén á Asociación G.A.M. por esta iniciativa cultural. Desde aquí toca o maís doado, compartilo par achegar a ti. Un humilde legado. Sen pretensións.


 
Deixamos tamén aquí un enlace da páxina de Rafael Dovalo por se queres curiosear ou escoitar algúns dos moitísimo temas compostos: https://www.dovalorafa.com/


Un intre da gravación en público



No hay comentarios:

Publicar un comentario