Lendo na pedra: caneciños románicos
da igrexa de Meaño
Hoxe
achegámonos a arte rural meañesa a través dunha das tres igrexas románicas que
alberga o municipio e que son as de Simes, Lores e esta de San Xoán Bautista de
Meaño. Esta igrexa conserva no exterior unha extraordinaria colección de pezas
debaixo dos aleiros que se coñecen co nome de caneciños e que é das mellor
conservadas da provincia de Pontevedra. É razón de por que algunha xente
que nos visita se para neste adro.
Digno de ver... e de redescubrir.
Son moitos os que pasan por diante da
igrexa de Meaño sin reparar apenas nela. É desos pequenos tesouros que adoitan
pasar desapercibidos. Sin embargo, para os ávidos da arte rural en Galicia a
visita a esta igrexa é case que unha obriga. Trátase dun pequeno templo románico, cuxa
parte primitiva, que é a absida rectangular (cabeceira), data probablemente do
século XI. Non obstante, a nave resposta a unha ampliación posterior que se
acometeu, segundo o estudioso do románico rural galego Hipólito de Sá Bravo, no
século XVII. Certo que nos “libros de fábrica” do arquivo parroquial, que se
remontan ao ano 1625, non se refrexa obra alguna dese calado.
Pero o extraordinario desta igrexa é
que conserva unha das coleccións de caneciños
románicos máis impresionantes da provincia, tanto pola súa riqueza
figurativa como polo seu excepcional estado de conservación. Probablemente
proceden da igrexa primitiva. Trátase dun total de 22 pezas situadas baixo os
aleiros da nave en número de 11 a cada lado. As súas tallas son tan diversas como
atraíntes, podéndose apreciar dende os modillóns de rollos decorativos, propios
da arte hispanovisigoda, ata figuras humanas e de animais, en ocasións nas
posicións máis grotestas e inverosímiles.
Caneciños baixo o aleiro na lateral sur da igrexa |
Todas elas encerran un mundo cheo de
simbolismos, tan presente na arte románica, onde nada era gratuito. Estas pezas
convértense nun xeito extrarracional de transcribir unha visión instintiva,
unha lembranza da vida superior, evocando innumerables estados anímicos, virtudes a adquirir, vicios a combatir.
Son unha canle para poder pasar da materia ao espíritu, pezas anónimas que non
refrexan sentimentos pasaxeiros do tallista nin a sua fantasía persoal, senón
un desexo de transmiti-la Sabiduría, o Coñecemento.
Así podemos contemplar entre estos caneciños cabezas de boi, unhas grandes
fauces, un home masturbándose, unha figura humana que pretende acadar os seus
excrementos, figuras femeninas desnudas en posturas eróticas... Toda unha
variedade de formas en alusión á contemplación ou impetuosidade do poder
creador (cabeza de boi), necesidade de liberarse do pecado (simbolizado pola fauces),
ou ás baixas paixóns terrenais, luxuria e erotismo (masturbación, defecación,
desnudez...). Estamos diante dun xeito distinto de linguaxe da pedra que se
dirixe ao noso insconsciente para convidar á meditación, ao ser interior de
cada quen.
Unha das teorías máis extendidas da razón destos caneciños das igrexas románicas defende que estaban concebidas para ser contempladas antes de entrar no templo, para que deste xeito cada quen poidera facer un “exame de conciencia” das suas baixas paixóns, dos seus pecados, e purificarse antes de acceder ao interior sagrado. Esta contemplación debía facerse desde unha actitude de recollemento para facilitar a conexión co simbolismo que encerra cada peza en sí.
Unha das teorías máis extendidas da razón destos caneciños das igrexas románicas defende que estaban concebidas para ser contempladas antes de entrar no templo, para que deste xeito cada quen poidera facer un “exame de conciencia” das suas baixas paixóns, dos seus pecados, e purificarse antes de acceder ao interior sagrado. Esta contemplación debía facerse desde unha actitude de recollemento para facilitar a conexión co simbolismo que encerra cada peza en sí.
Home masturbándose |
Defecación |
Caebeza de boi |
Torsión e dor |
Grotesto |
A igrexa complétase no interior cun retablo barroco, restaurado nos anos 90 do s. XX, e que se apoiaba nun vello altar que databa do 1714, segundo figura nos libros de fábrica do arquivo parroquial, rexistro onde eran anotados de xeito puntual tódolos gastos que se producían na igrexa. A templo coñeceu unha renovación recente, nos anos 70 do século XX, e así perdeuse aquela vella tribuna feita no ano 1726, cando por aquel entonces “doce reales llevaron los serradores por serrar las entretablas (...) para componer la tribuna de la iglesia”, segundo consta nos libros de fábrica a 15 de maio dese ano 1726.
Cada igrexa rural agacha a súa propia pequena historia. Algunhas, como acabamos de ver, albergan pezas tan curiosas como sorprendentes. Achegarse a elas pode resultar apaixoante. Agardo que este artigo contribua a ese encontro. Meaño bríndache unha ocasión. Date un instante, párate.
....................................................................
P.D.: FOTO DENUNCIA: ¿Ata cando manterá esta igrexa o impacto visual do alumeado colocado no seu día para iluminar a fachada?
Imaxe tomada ao lado das escaleiras de acceso á igrexa. A sua instalación foi contratada no seu día polo concello de Meaño |
No hay comentarios:
Publicar un comentario