conversas.com
JUAN
JOSÉ GARCÍA BARREIRO “XOANXO”
(cura nado en Meaño)
En cuestión de días haberá novo Papa na Igrexa de Roma.
Desde este Ventanuco poñemos o punto de mira no asunto. Para iso botamos man de
Juan José García Barreiro, cura natural de Meaño formado en Roma e afincado hoxe en Santiago. A primeira lembranza que
teño de “Xoanxo” é saíndo da igrexa de Meaño ao lado de Don Desiderio nunha
tarde de preparación para a primeira comunión cando eu era un cativo e el un
seminarista a piques se ordearse cura. A segunda é como é como mestre de latín.
Gracias a el aprendín -e, mellor aínda, comprendín- o suficiente nun mes de
verán para recuperar o latín de segundo de BUP. E a terceira lembranza que teño
del é como extremo esquerdo xogando ao fútbol no campo do Xil durante un verán nun
partido de solteiros contra casados. Tiñamolo enfrente, porque xogaba no
equipo dos casados pretextando en broma que “estaba casado con Deus”. Tiña unha
velocidade de pernas e unha verticalidade que nós diciamos “caramba co cura!”.
Hoxe subimos ata este Ventanuco para atoparnos con Xoanxo e conversar con el un pouco de todo, do divino… e tamén do humano.
“NESTA CRISE A IGREXA TEN QUE ESTAR AO LADO DOS QUE NON TEÑEN VOZ”
- Como
espertou en ti a vocación do sacerdocio? Influíu alguén?
- Supoño que de pequeno influíu Berta de Otero.
Ela foi a miña primeira mestra. Eu tiña cinco anos cando empecei a ir a sua
escola, xunto cunha vintena de rapaces. Era unha escola que estaba mesmo ao
lado da igrexa de Meaño e na que estiven ata os 13 anos. Daquela ela iniciounos
na oración, nas visitas ao Santísimo na igrexa que estaba aberta nas tardes de
verán... Tamén me influíu Victoria, a catequista que tiven sendo un cativo,
como vivía e transmitía a sua experiencia cristiana. Eran catequeses que había
os domingos pola tarde na igrexa a onde iamos tódolos rapaces porque ao rematar
o cura Don Desiderio levábanos a súa casa a ver a televisión, a sua foi a
primeira televisión que houbo en Meaño... era o ano 1959.
Xoanxo diante diante do piorno da casa en Meaño |
Penso
que foi ao verme un pouco naquel mundo, que Don Desiderio se fixou en min e
unha tarde chegou pola casa para falar cos meus pais. Eu enredaba por alí e non
sei moi ben cales foron os termos da conversa, pero os meus pais prantexáronme
ir ao Seminario Menor en Santiago. Antes formeime un ano co cura Don Arturo en
Dena, a onde ía en bicicleta, e que me deu clases de latín, lingua e relixión.
Logo fixen sete anos no Seminario Menor ata 1969 e despois no Maior ata
ordearme sacerdote o 20 de setembro de 1975.
- A
presencia túa no Seminario Maior coincidíu cos derradeiros coletazos do réxime
franquista. Eran anos de moita reivindicación na rúa, na universidade, últimos
fusilamentos… ¿Cómo se vivía todo aquelo dentro das paredes dun seminario?
- Dentro tamén vivimos o cambio político. Xa en
Belvís, no Seminario Menor, nós fumos a primeira xeración que non levou sotana
no ingreso. Logo no Maior, coincidindo con esos últimos anos do franquismo, fun
contactando con movementos sociais e estabamos sensibles coa loita na
universidade, coa movida laboral de Ferrol… Tiñamos ademáis profesorado que se
movía nesa liña reivindicativa. En 1971 chegamos incluso a protagonizar unha
folga dentro do seminario en demanda de cambios, nun senso de maior aperturismo
e conexión co movemento social. Mandáronos a todos para a casa e acabaron
pechando o seminario un tempo. Ao final, dos 19 que eramos, ao ano seguinte só quedamos
cinco, os demáis foron, digamos, convidados a abandoar.
- Caramba,
sí que foron uns inicios reivindicativos… E de aí a facer Teoloxía en Roma…
- Primeiro estiven de cura en Marín de Abaixo
entre 1975 e 1980. Foi logo cando fun facer a licenciatura de Teoloxía a Roma
na Universidade Gregoriana que estaba rexida por
xesuítas. Á volta estiven nunhas parroquias do concello de Touro ata o 92, fun consiliario xeral do movemento
xuvenil en Madrid ata o 95, logo dous anos cura de Castrelo e Sisán, e desde
o 97 en Santiago, estou na parroquia de San Fructuoso, nesa igrexa que sae nas misas
da TVG.
- Non te prantexas a posibilidade dun retiro como cura por Meaño?
- Non, non me gustaría. Cura xa é un, non ten
porque selo a familia. Ser cura tamén condiciona a familia si vives con ela.
Por outra parte Santiago é unha cidade que me cautiva.
- Viaxemos cara atrás, cara túa estadía en Roma.
Persoalmente, qué che aportou a capital italiana?
- Roma marcoume por unha doble experiencia. Por
unha banda, porque era saír da terra para ampliar horizontes. Por outra, pola
riqueza intelectual de xente chegada desde moitas partes do mundo e que se
movía nun ambiente de ilusión e aperturismo que aínda quedaba tralo do Concilio
Vaticano II, antes de que se impuxera a línea neoconservadora que impera hoxe.
Roma deume seguridade, amplitude de miras. De feito, dos meus compañeiros de
entonces, 18 son hoxe bispos en diócesis de España.
- Apenas só estiven nel como turista, porque
para entrar como crego era necesario ir con sotana e cleriman, que é esa camisa
para suxeitar o alzacuellos, e eu sempre me neguei a disfrazarme. Logo fun a
unha audición con Juan Pablo II no salón Pablo VI, cando algún arzobispo
español ía e nos convidaba a acompañalo.
- Desde
a tua perspectiva ¿que valoración fas da renuncia de Benedicto XVI?
- Foi unha decisión valente, pero hai que vela
como algo normal nun home da sua idade. Eu creo que non se quería ver na
situación dun papa como Juan Pablo II que acabou moi exposto á enfermidade.
Benedicto XVI rompeu unha inercia e abreu un camiño importante si de verdade se
desexa tocar cousas no goberno da Igrexa.
- ¿Pensas
que puido sentirse presionado, tanto persoal como externamente, para tomar unha
decisión así?
- Non sabemos ata que punto a curia, é dicir, o
circuito de xente que está arredor do Papa, lle puido pechar portas,
dificultarlle cousas… é un mundo moi pechado e complexo do que se sabe pouco.
- E sobre a elección do novo Papa ¿fas quinielas de quen pode ser?
- E sobre a elección do novo Papa ¿fas quinielas de quen pode ser?
- Non se sabe moito. O novo Papa sairá dos 115
cardenais que son electores. A maioría son bastantes descoñecidos porque non se
manifestaron nin se prodigaron moito en publicacións…
- ¿Cantos desos electores son españois?
- ¿Cantos desos electores son españois?
- Só cinco… e 60 son italianos!
- 115
electores, 60 italianos… non semella unha elección moi representativa da Igrexa
que digamos.
- Non, para nada. O núcleo italiano ten un peso
excesivo. Son dos que penso que a elección papal tiña que ser máis
representativa, con máis electores e protagonismo dos episcopados, en
definitiva, unha elección máis democrática.
- Todo son opinións. O certo é que a maioría desos
cardenais que poden saír elexidos son xente de entre 60 e 70 anos, o máis xoven
ten 50 e pico…
- Non
cabe agardar pois un gran xiro con esas idades.
- Coido que non. Por iso digo que a elección
tiña que involucrar a máis xente.
- Falando
disto venme a cabeza o libro do “Código da Vinci” que pon en tela de xuizo
pilares da doutrina de Cristo. Non sei si o leches e preguntábache si libros así fanlle moito dano a Igrexa.
- Non o lin, entre outras cousas porque parte
de teses que non comparto. Pero un libro así significa tamén unha
oportunidade para defender a tua postura cristiana.
- Un dos episodios que lastrou o aperturismo da Igrexa foi o fracaso daquela “Teoloxía da Liberación” que se expandíu por Latinoamérica e que semellaba en consoancia con
aqueles postulados de aperturismo do Vaticano II. ¿Qué visión tes de todo
aquelo?
- A Teoloxía da Liberación estaba inspirada no
libro do Éxodo: o pobo israelita oprimido rebélase contra o poder do faraón e
abandoa Exipto. O mesmo se pretendía nunha América Latina oprimida polas
ditaduras, cunha tendencia da Igrexa, esta da Teoloxía da Liberación, que estaba
comprometida co pobo e que lle decía que tamén era posible liberarse do xugo
opresor dun ditador. Pero daquela Reagan, Thatcher… e todo aquela línea
conservadora dura financiou a movementos anticristianos para derrubar aquela
Teoloxía da Liberación. Incluso o que acaba de ser Papa actual mostrouse entonces moi duro con ela. Aos grandes poderes non lles interesaba unha liña eclesiástica
dese tipo. A partir de aí o conservadurismo impúxose na Igrexa.
- Segundo
a tua visión ¿cales son os retos pendentes de afrontar pola Igrexa católica?
- O primeiro é o tema da muller. Nunha
sociedade onde prima a igualdade de dereitos,
é necesario que a muller poida acceder tamén ao sacerdocio, e con iso a
todo o que leva consigo, isto é aos cargos da Igrexa e incluso ao Papado. A Igrexa é a única institución tabú co tema
da muller, ata o exército se abreu a ela. E
o segundo reto é predicar unha nova evanxelización, chegar a xente co Evanxeo
desde a realidade e a lingua que impera agora, a fin de sintonizar con xente.
Porque realmente cabe prantexarse ¿a xente rexeita a Deus ou rexeita as
caricaturas con que o presentamos? Deus está a favor da felicidade, da
libertade, está co que sofre. Alguén me dixo unha vez que “o bo cristian debe
estar sempre na oposición”, porque aí está o que sofre.
- Vamos,
nada semellante o que foi a historia da Igrexa que sempre estivo, e segue
estando agora, preto do poder, incluso do opresor… Non cres que na situación de
crise actual a Igrexa está perdendo en Occidente unha oportunidade de estar ao
lado do débil, e cando digo isto falo dunha posición de mensaxe comprometida e
non só con comedores de caridade?
- Totalmente dacordo. Nesta crise a Igrexa ten que estar ao
lado do que non teñen voz. Pero, onde está, por exemplo, unha pastoral
dos bispos denunciando a explotación, a estafa das preferentes, o roubo da
banca…? Onde está un bispo, un crego, ao frente dun grupo para evitar un desahucio…?
- Caramba…!
E eu que pensaba que os curas erades todos de dereita.
- (Risas) Bueno por mensaxe cristiano moitos
sacerdotes estarían en sintonía coa mensaxe da esquerda, pero logo a hora da
participación política, tradicionalmente, sobre todo en España, sabemos que a
maioría se identifica máis coa dereita. Pero convén non esquecer que durante o franquismo,
en ocasións, algunhas sacristías foron lugares de xuntanzas clandestinas de
xente de Comisións Obreiras ou mesmo de comunistas que estaban perseguidos.
Conversa
gratificante esta con Xoanxo. Persoalmente sempre me gustaron os
librepensadores. Despois de escribila e de lela venme a cabeza unha canción de
Patxi Andión que sintonizaba con esta última parte da conversa. Titulábase "A quien corresponda", estaba dirixida aos cregos e cargos da Igrexa e empezaba dicindo: “Tened a bien recibir / los
que os llamáis hombres de bien [en relación áos cregos] / estas palabras que escribí /una mañana de
mi ayer…" Deixo aquí o enlace en youtube. Só tes que pichar nel para poder escoitala
No hay comentarios:
Publicar un comentario