Nestos
20 anos como corresponsal de FARO DE VIGO en Meaño un tivo ocasión de facer
moitas entrevistas e coñecer a xente moi diversa. Pero sin dúbida unha das
personaxes mais entrañables e sorprendentes foi José Manuel Hermida, “o rei dos
niños”, un mestre que atesouraba unha excelente colección de niños de paxaros que
el mesmo fóra descubrindo dende cativo. Esta entrevista con el, cuxo orixinal
reproducimos aquí, foi feita o 5 de xuño de de 1997. Uns anos despois un cancro
segaralle a vida. Este é o noso particular homenaxe a unha persoa que nos
consta calou fondo en todos cantos un día o trataron.
José Manuel Hermida
Coleccionista de niños de paxaros
Naceu
en Ribadolouro (preto de Tui) fai 47 anos. Fesde fai tres a exerce a sua
profesión de mestre no colexio “O Cruceiro” de Vilalonga. De pequeno era
coñecido na aldea coma “o rei dos niños”. De aquí ven a sua curiosa afección de
hoxe: coleccionar niños de paxaros. Neste intre ten 38 niños de especies da
zona que intregran unha exposición permañente que alberga unha das casas de
mestres do seu colexio quen é, por vontade do noso protagonista, o auténtico
propietario da colección.
“VEXO NIÑOS ATA DENDE O COCHE EN MARCHA”
José Manuel Hermida en 1997. Foto: José Luiz Oubiña |
- Coleccionar niños semella unha afección un
tanto extraña, non?
- Segundo
como se mire, a primeira vista recoñezo que algo nada habitual, de feito non
sei de ninguén máis que o faga. Pero o dos niños é unha paixón que tiven
sempre.
- Como empezou en vostede esa paixón polo
mundo dos niños?
- Dende
moi pequeno, ala en Ribadolouro, era un gran afeccionado ao mundo dos paxaros e
xa daquela tiña unha intuición especial para descubrir niños. Lembro que unha
mañá, mentras a miña nai fora ao mercado, achegueime á ribeira -alá
chamabámoslle así a unha zona de lagoas con moitas árbotes- e en tan só dúas
hora fun capaz de atopar sete niños de rula. Así as cousas non é de extrañar
que me gañara na aldea o apelativo de “o rei dos niños”.
- E a idea de coleccionalos?
- É
bastante posterior. Cando xa estaba de mestre en Vilalonga vivín durante uns
anos en Dena. A miña a afección polos niños levoume daquela ao punto de colocar
unha rama na entrada da casa onde poñía os niños que ía atopando abandoados,
pero acababan por ensuciarse e estropeábanse bastantes. Entonces empecei a
gardalos en caixas de cartón no trasteiro. Pronto escomencei a pensar en
ensinarlle aos nenos do colexio estas obras de arte que fan os paxaros e a verlle
así un uso pedagóxico. A partires de aquí pedín permiso ao consello escolar,
falei con responsables da Consellería de Agricultura e montei esta colección
que foi exposta por primeira vez en 1986, colección que, desde sempre, decidín
que fora propiedade do colexio.
- Di vostede que colle niños abandoados,
pero non pode haber paxaros que volten a poñer no mesmo niño?
- Un
vecino de Dena díxome daquela un refrán: “no niño do ano pasado no hai
paxariños este ano”. É ben certo, a excepción dalgunhas especies. Eu procuro
asegurarme ben deste aspecto e non collo nunca un niño do que non esté seguro
sobre si vai a ter outra posta. Loxicamente para iso fai falla un coñecemento
dos paxaros e do bosque ademáis dun traballo de seguimento desos paxaros que
poden voltar a poñer.
Un dos niños da colección de José Manuel Hemida |
- Semella traballo de moita paciencia.
- Desde
logo que sí, pero eu disfruto moito del. Góstame adentrarme no bosque cuns
prismáticos e escoitar. Levaría cámara pero é que son moi mal fotógrafo. Ás
veces paso tardes enteiras atento ao canto dos paxaros e aos seus movementos.
Resúltame moi relaxante, métome no bosque e esquézome do que hai outras cousas,
é un paixón tal que ás vecs penso que o que a min máis me gostaría sería estar
no zoo en Vigo ou algo así. Si me propoñen cambiar de profesión para facer iso
acepto mañán.
- O niños búscaos ou atópaos?
- De
todo un pouco. De tanto estar no metido neste mundo xa os vexo ata dende o
coche en marcha. Penso que sempre tiven certa intuición dende pequeno para
descubrilos.
- É de supoñer que ao longo de tantos anos
observando paxaros e descubrindo os seus niños decataríase de cousas curiosas
sobre o seu comportamento, non sí?
- Sí
de moitas. Por exemplo, o outro día puiden ver algo que nunca vira, o
apareamento da chasca, nun tellado da Vichona, con todo un ritual de círculos
do macho arredor da femia. Moitos coñecen o cuco, ese paxaro que vai poñendo
ovos nos niños de outros. Pero poucos saben que, en realidade, é tan “cuco” que
incluso varía a cor ou o tamaño do seu ovo para que coincida cos outros do niño
onde pon. Cando quere poñelos nun niño de carriza atópase coa dificultade de
que éste é como unha bolsa cun orificio de entrada moi estrieto. O cuco opta
entonces por poñer o seu ovo no chan e logo méteo dentro do niño da carriza co
peteiro. Pero algo realmente excepcional foi observar o comportamento da rula
cando se lle descubre un niño na copa dunha árbore. Si ten ovos a nai sairá do
niño voando en horizontal á altura del, pero si ten crías a rula tirarase en
picado cara o chan, cae, e vai dando tumbos polo monte adiante. A primeira vez
un queda sorprendidísimo ata que comprende que é un comportamento da femia que
procura así distraer a atención do intruso para que a siga e así se alonxe do
niño onde están as crías.
- Falemos da colección. De cantos niños
consta nes intre?
- Neste
intre son un total de 38 niños de paxaros e dous de araña. Todos son de paxaros
da comarca, a excepción de dous que viñeron de zona tropical, un ruiseñor
xaponés e un tecedor urbano. Logo hai especies diversas coma o paporroibo real,
o picaxuncos, a pega, a rula, o corvo viaraz… Cada niño está pechado nunha urna
de cristal con base de madeira. Loxicamente houbo que tratar previamente cada
un cun insecticida para matarlles a microfauna e evitar así que se deterioren
co paso do tempo. A colección en sí e propiedade do colexio porque eu doneina.
Está sempre montada nunha casa de mestre porque non hai espazo na centro para
ela.
- En que lugares estivo exposta nestos
anos?
- Tan
só saíu de Vilalonga para estar exposta no centro cultural de Sanxenxo, no
colexio de As Covas-Meaño, e na cultural de Dena. Pero nós estamos dispostos a
cedela para que se vexa en máis lugares. Agora estou pendente porque a
solicitou a Consellería de Agricultura para expoñer en Cotorredondo e na aula
de natureza do Siradella.
O niño de corvo viaraz foi o máis difícil de conquerir |
- Cal desos 38 niños lle resultou especialmente
difícil de conquerir?
- Lembro
especialmente difícil o do corvo viaraz. Atopeino na zona dos Sexiños, un lugar
entre Dena e Castrelo. Estaba na copa dun eucalipto duns 15 metros de altura.
Tiven que subir, amarrar a rama na que estaba o niño cunha corda, cortala e logo
baixala coa axuda da corda con moito coidao para que non se desfixera o niño.
Nesa zona tamén hai un niño de aguia ratoeira, que ten un diámetro aproximado
de dous metros, pero iso non o collo porque esa sí é unha especie que pon dun
ano para outro no mesmo niño.
A chasca fai o seu niño no medio do toxo |
- Que niño lle gostaría ter e aínda non conqueríu?
- O da
chasca. Trátase dun paxaro pequeno, de cores branco, negro e marrón, que fai os
seus niños no medio do toxo, prácticamente arrentes do chan e pon uns ovos
azuis. Debe o seu nome precisamente áo “chas-chas” que emite como ruido. A
mellor forma de atopalo é cando a femia vai a manter ás crías. Cando se pousa
na mata hai que estar moi atento porque acabará meténdose nela e por alí,
nalgún lugar ten o niño.
- Que lugares percorre habitualmente na
procura de niños?
- Xeralmente
vou cara a Padriñán porque vivo en Sanxenxo e quédame preto. Pero tamén vou
moito cara a Noalla e incluso cara a Dena. Toda esa é unha zona moi boa.
- Vai equipado de xeito especial?
- Non,
somentes cuns prismáticos.
- É de supoñer que cunha paixón así arrastra
á xente da casa ou do colexio.
- Sí,
trato de meterlles o bichoco, sobre todo no colexio. Precisamente este curso,
no mes de novembro, o museo de Pontevedra convocou un concurso sobre diversos
aspectos da nosa cultura que incluía o mundo das aves. Metinlles o gusaniño ao
meus alumnos de quinto, fixemos un traballo, presntámolo e cal foi a miña
sorpresa cando nos outorgaron o primeiro premio.
- E nunca se prantexou a posibilidade de
plasmar nun libro toda a sua experiencia?
- Recentemente
propúxomo Edicións Xerais, pero teño que pensalo moito porque me gostaría que
fora un libro moi didáctico e iso levaríame tempo.
A vella cerámica da Fianteira, reconvertida en centro de interpretación, alberga a exposición de José Manuel Hermida. |
EPÍGRAFE:
A colección de niños de José Manuel Hermida atópase agora nun centro de
interpretación que languidece na Fianteira en Vilalonga -preto dos Pasales e
da coñecida como “ría de Dena”-, centro no que se reconverteu unha antigua
cerámica que había na zona. E dicimos “languidece” porque o centro non ten horario
de apertura ao público, e só está operativo de xeito moi ocasional, polo que os
niños de José Manuel Hermida só poden verse algo desde fóra ao traverso do cristal. Desde aquí o chamamento para que o
traballo desde mestre volte á luz y poida verse neste verán e durante un tempo
en Meaño, poñamos que no Pazo de Lis, sede do Museo da Muller Labrega e da
oficina de turismo. É preciso que esta mostra sega a coñecerse.
Solo recordarlo me pasa algo por el cuerpo. Que buena persona era.
ResponderEliminar