sábado, 29 de marzo de 2014

Hemeroteca, 1999: Lino Varela, colombófilo

Hoxe abrimos o noso particular Ventanuco a unha páxina de hemeroteca. A ela traemos unha entrevista publicada por este corresponsal en Faro de Vio o 10 de outubro de 1999 con un colombólilo do Salnés que descobre un mundo apixoante

Lino Varela é un veciño de Vilariño (Cambados). Carpinteiro e á vez viticultor de albriño ten ademáis unha afición pouco común na comarca: a colombofilia, e dicir, a arte de criar e coidar pombas mensaxeiras. Lino alberga 120 destos exepmplares, algúns dos cales xa voaron media España, dende lugares tan distantes como Madrid, Albaceta, Ávila ou Tarrasa

“OS CIENTÍFICOS AÍNDA NON SABEN QUÉ ORIENTA A ESTAS POMBAS”

Lino Varela en 1999. coas suas pombas. Foto: José Luiz Oubiña
- ¿Como e cando empezou a súa afición polo mundo das pombas mensaxeiras?
-  Empezou fai moito tempo, cando contaba con 10 ou 12 anos. Lembro que daquela meu avó tiña pombas do país na casa, e a min sempre me gustaban. Pero ó pouco empezou a aparecer pola casa algunha pomba mensaxeira que viña dalgún concurso, e unha acabou quedando na casa. O seu mundo foime fascinando. Cando fun á mili en Huelva acabei enganchándome por completo a esta afición, porque alí coñecín a un capitán que criaba pombas mensaxeiras, incluso eu lle fixera unha gaiola de madeira; pedínlle que me vendera unha parella e acabou por regalarme duas cando me viñen nun permiso. Aí empecei a criar e a meter pombas con pidigrée, a ler e a entrar en contacto con outras xentes aficionadas a este mundo.

- ¿Cantas pombas ten vostede actualmente no seu pombal?
- Teño 120; delas 100 son de vó, e 20 de cría que están nun pombal aparte.

- Este mundo da colombofilia: ¿é unha afición, un deporte...? ¿Como pode calificarse?
- É un deporte, incluso cos seus clubes regulamentados. Eu, por exemplo, estou integrado do cuble Ría de Pontevedra, que ten a súa sede en Marín e que agrupa a unha vintena de criadores. Como tal deporte hai que adestrar ás pombas para que estén en forma de cara ás probas, posto que tamén existen competicións, hai que coidar ó máximo a sua alimentación, estado de saúde...

- ¿E en que consiste ese proceso de adestramento?
- A partires dos tres meses os pichóns empezan a voar tres, catro ou cinco quilómetros en compaña das pombas adultas que lles enseñan. Esas pombas adultas, xa acostumadas obedecen á voz do criador ou a un son. Unha pomba nova ó cabo dun ano acaba por estar feita nun 80 por cento. Logo, xa de adultas convén adestralas pola mañán e pola noitiña.

- Por certo, ¿canto vive unha destas pombas?
- De dez a catorce anos.

- ¿Como funcionan as competicións?
- Levamos as pombas a un lugar predeterminado sexa en Galicia ou fora da nosa comunidad. Unha vez que se realiza a solta as pombas voltan ó seu pombal percorrendo decenas ou centeares de quilómetros, incluso miles si chegara o caso.

- Impresionante, pero ¿que é o que orienta á pomba nese camiño do regreso?
- Esa é un pregunta que esixe unha resposta bastante complexa. Polo que teño lido aínda hoxe os científicos non se poñen dacordo sobre que é o que as orienta. Hai teorías que falan de que lle inflúen as ondas magnéticas do planeta, pero eu non sen quen de afirmalo.

- ¿Que velocidade desenrola unha pomba mensaxeira nunha desas travesías?
- Entre 80 e 100 kms. por hora; e pode voar sin parar de 250 a 350 kms., incluso chegar ós 400 kms.

- Supoño que algunha pode morrer ó realizar tal esforzo ¿non?
- Sí, a min precisamente fai uns anos chegoume unha pomba dunha solta que fixemos, e tanto apurou na sua viaxe que cando chegou morreume nas mans. Cando sucede unha cousa así non logras entender por que viaxou tan rápido, podendo regular e vir máis tranquila.

As pombas menxaxeiras empregáronse ata nas guerras mundiais
- ¿Hai xeitos de motivar ás pombas para que realicen as travesías máis rápido ou máis despacio?
- Sí, hai algúns. Por exemplo, si unha pomba está criando e nesa época sóltala nun lugar, poñamos por caso en A Coruña ás 9 de mañán, esa pomba acelera máis a súa viaxe de regreso porque sinte a necesidade de chegar a unha hora determinada, caso das 12 do mediodía, para incubar os ovos. Polo tanto sí existen algunhas técnicas que fan que esas pombas voen máis rápido. Unha pomba que non teña esa responsabilidade vai voar máis lento.

- ¿A súas pombas teñen acudido a soltas de moi lonxe?
- No clube fumos a Ourense, Puebla de Sanabria, Zamora, Salamanca, Guijuelo, Ávila, Madrid, Albacete, Tarrasa... As veces por cuestión de competición, outras por puro espectáculo para inaugurar actos públicos ou festas. Por exemplo, ás festas da Peregrina en Pontevedra sempre empezan cunha solta de pombas diante da igrexa da Peregrina na que participamos nós: é precioso ver aquel espectáculo no que ó mellor unhas 10.000 pombas saen ó aire.

- ¿E algunha solta a onde lle gustaría acudir?
- Á de Bacelona, que é xa unha solta internacional.

- Voltando ó mundo da pomba, é de supoñer que vostede pode contarnos algunha curiosidade dos hábitos desta ave cando está no pombal ¿non?
- Hai moitas. Por exemplo, son moi fieis en canto á parella, sempre crían coa mesma, a non ser que ó criador lle interese desfacer a parella por canto non da bos pichóns. Outra curiosidade é que sempre poñen o mesmo número de ovos: dous, e realizan a posta más ou menos cada dous meses. Agora ben, tanto o macho coma a femia colaboran igual á hora de incubalos tendo para elo turnos fixos para estar no niño: a femia queda de noite, e aí polas once ou doce da mediodía vai o macho; a eso cinco ou seis da tarde volta a femia. Tamén comentar que na zona de cría cada pomba soe ter un lugar fixo onde pousa e descansa.

- ¿Chégaselle a dar nome a algúns exemplares?
- A algúns sí, sobre todo cando a pomba gaña un premio ou fixo algún feito digno dunha mención especial. Eu teño bautizadas a dúas pombas: Beethowen e Xiada.

- ¿E a que se deberon os seus bautizos?
- Beethown porque é un macho precioso, moi tanquilo no pombal, cólleo calquera, pero logo voando transfórmase: é unha pomba moi veloz. E Xiada porque quedou séptima nunha competición de velocidade que fixemos no clube. Logo teño unha pomba que está á espera de ser bautizada, de momento chámolle "o azul"; esta pomba tivo o mérito de chegar dende Tarrasa ata aquí, nunha solta que resultou catastrófica: soltáronnas un venres pola tarde, pero atopáronse con moi mal tempo no camiño, e moitas acabáronse perdendo; "o azul" a min chegoume ó luns pola mañán, pode semellar que fixo un percorrido lento, pero tendo en conta as inclemencias meteorolóxicas podo dicirche que as pombas que chegaron nese prazo son exemplares excepcionais. Por elo "o azul" é unha pomba para gardar, xa non compite máis.

- Unhas pombas así deben precisar os seus coidados ¿non?
- Home! Hai que preocuparse un pouco por elas. En canto á súa alimentación éste é un animal de competición polo ten que ter uns alimentos específicos: agora, nesta época, están a comer sementes de muda, que favorecen á calidade da pluma que lles está a cambiar, e tamén beben auga con algo de sales minerais. Hai que ter en conta que moitos concursos gáñanse nesta época, porque canto máis suave sexa a pluma que bote mellor voará a pomba. Tamén é unha época para que estean moi tranquilas, sin seren molestadas, por iso a min non me gosta que se fale alto no meu pombal. Logo cando estamos na época de concurso comen xa penso sport, que é un penso equilibrado para mellorar a súa musculatura. Tamén está a hixiene: hai que poñerlle bañeiras de auga e con algo de loción insecticida para que elas mesmas se laven. E non esquecerse e coidar a súa saúde, polo que incluso hai que vacinalas para evitar algunhas enfermidades.

- Dito así semella unha afición que pode resultar cara.
- Home, caro... depende a que lle chamemos caro; eu penso que é unha das afición máis baratas que pode haber se a comparamos con outras.

- Pero unha pomba que sexa campeona e que reciba todos esos coidados supoño que pode valer moitos cartos ¿non?
- Sí, é certo, poder valer centos de miles de pesetas, incluso por un exemplar que voou dende Francia a Xapón en 21 días chegáronse a pagar moitos millóns.

- Por certo ¿hai algún inimigo habitual das pombas nesta zona cando voan?
- Os falcóns, sobre todo o azor e o peregrino. É unha ave ésta que prolifera moito dun tempo a esta parte porque a Xunta soltou varias; o falcón cando colle a unha pomba destrózaa. Polo demáis advertir que é unha especie protexida e a súa caza está penada pola lei: calquera que dispare contra unha pomba mensaxeira pode recibir unha dura sanción de Medio Ambiente.

- Tan protexida que incluso semella que poden chegar a xogar un papel importante para á comunicación dos exércitos en caso de guerra ¿non?
- Sí, efectivamente. En épocas de guerra estas pombas adáptanse incluso a pombales móbiles, e poden chegar a voar de noite. Contan que os romanos xa sabían da importancia destas pombas nalgúns exércitos inimigos e por iso fixeron proliferar os falcóns que lles deran caza. Tamén hoxe xogan o seu papel, de feito no caso dun conflito bélico nós temos a obriga de ceder estas pombas ó exército se así as pide o Ministerio de Defensa.

- Para ir rematando ¿hai máis aficionados a este deporte que vostede coñeza na nosa comarca?
- Que eu saiba somos cinco, dous de Sisán, un de Vilagarcía e dous aquí en Cambados, pero pode haber alguén máis.

- ¿Como orientaría vostede a calquera que queira entrar neste mundo?
- Que se poña en contacto cun clube, na zona de Vigo hai moitos, pero tamén por aquí está o noso de Ría de Pontevedra. Nel incluso pode facerse con algunha parella que lle regale un criador para empezar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario