domingo, 22 de marzo de 2015

Así foi e así soou…

300 PERSONAS ENCHERON O AUDITORIO DE RIBADUMIA NA GALA CONTRA O CANCRO DA BANDA DE MEAÑO E O CORO DA ESCOLA

Un momento da gala
Trescentas persoas encheron o auditorio de Ribadumia na Gala Musical Contra o Cancro promovida pola banda Unión Musical de Meaño e o coro da Escola de Música, nunha edición que voltou a ser todo un éxito pola causa. Baixo a dirección do meste Diego Javier Lorente e Marina Penas, banda e coro ofreceron un repertorio de cancións e bandas sonoras, na maioría da factoría Disney, que entusiasmaron a un público entregado.

“Lo más complicado en un evento así -recoñecía Diego Javier Lorente antes de iniciar a gala- es coordinar a cien personas sobre un escenario, chavales, jóvenes y adultos, todos con niveles muy distintos”. “Además -continúa- resulta complejo dar con el balance adecuado para que los instrumentos no tapen a las voces de los niños que, por encima, tienen un papel muy duro porque no es nada fácil aprenderse de memoria una obra de concierto”. De feito a maior carga de traballo cos nenos recaíu na parte coral  onde Marina Penas, recoñecía, levaba dous meses preparando o evento "o que, entre unhas cousas e outras, debeu de supor unhas 50 horas de ensaio cos rapaces, pero que respostaron moi ben".

Banda e coro reuniron a un centear de intérpretes
Baixo o fío conductor dun neno narrador, que acababa de recibir uns libros como agasallo por parte dos avós, o concerto foi levando ao público de conto en conto a través da música, mentras sobre unha pantalla do fondo se ían proxectando fotogramas das películas protagonistas.
O repertorio, de pouco máis dunha hora, incluía as pezas "O ciclo da vida", canción creada por Elton John para a película “O rei león”; “Un mundo ideal” de Alan Menken para a película “Aladdin”, “Pocahontas”, de Stephen Schwartz e Alan Menken; “Como niños”, do alicantino Vicente Egea; “A bela e a bestia” de Alan Menken; “A vida es bela” de Nicola Piovani, para a oscarizada película de Roberto Benigni; e “Que canten os nenos” do cantautor conquense José Luis Perales. Pero sin dúbida a que máis impactou pola seu vigor -e que, de feito, repetíu banda e coro ao final nun bis- foi “Heijamano” do belga Bert Appertmont da cal deixamos aquí unha mostra.


Deixamos aquí un vídeo da gala para que, 
onde queira que esteas, poidas velo.
Para elo pincha no seguinte enlace:
Gala Musical Contra o Cancro

Se queres visionar outro fragmento doa gala 
pincha no seguinte enlace:
Que canten os nenos (fragm.), 
Gala Musical Contra o Cancro



No hay comentarios:

Publicar un comentario