sábado, 16 de mayo de 2015

Traemos hoxe ata a portada esta entrada de curiosidades. O obxecto non é outro que brindar un pouquiño de humor dentro dunha campaña electoral que sempre semella tan seria. Seguiremos actualizando esta entrada na pestaña Meañoleando conforme sigamos descubrindo curiosidades. 

GAZAPOS ELECTORAIS

Vaia, vaia!... Outro máis: EN BUSCA DO CANDIDATO PEGADO (parte III). Nesta ocasión témolo na candidatura do BNG, na foto de familia para o programa tirada pola formación nacionalista da Praza de Feira en Meaño.  Observaa: adiviñas aquí cal é o candidato pegado esta vez? 





Aghá!... Seguimos xogando estos días EN BUSCA DO CANDIDATO PEGADO (parte II)Na seguinte foto de familia da candidatura do PSOE realizada no mirador de San Cibrán hai un candidato pegado. Búscao: adiviñas cal é? 





oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo


Propoñémosche un xogo titulado EN BUSCA DO CANDIDATO PEGADO (parte I). Nesta foto, a oficial da lista de Meaño Indpependente (M.I.), hai tres membros da candidatura que non estaban no foto orixinal e que foron literalmene "pegados" despois. A ver, a ver: adiviñas cales son?

Foto oficial de familia da candidatura de Meaño Independente

oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo


Calquera sitio e do xeito máis rústico é bo para publicitarse. Así debeu pensar algún veciño de Viliquín-Dena que decidíu "recolocar" os carteis arrincados nun panel cercano da alcaldable do Partido Popular, Lourdes Ucha, e exhibilos deste xeito tan peculiar.

Carteris de Lourdes Ucha "recolocados" en Viliquín-Dena


oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

"Meaño, e así se vendeu en titulares de prensa, tivo este ano un superávit de máis de 700.000 euros" (José Aspérez, Meaño Independente, 01-05-2105, acto de presentación da canditatura, frase que repite no mitin de Dena o 10-05-2015). 
Dato incorrecto: O superávit de Meaño neste último exercicio foi de 633.448 euros, e nos titulares de prensa así figura, redondeo con ese "máis de" de case que 100.000 euros, un tanto excesivo, non?

oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

"Lourdes Ucha foi a impulsora da Escola Infantil 0-3 anos" (presentador na posta de largo da candidatura do Partido Popular, 02-05-2015). Dato incorrecto: A Escola Infantil 0-3 anos abríuse en 2001, sendo alcalde Jorge Domínguez, e Lourdes Ucha asume a alcaldía en decembro de 2012. Sería como atribuirlle a mellora de moitas estradas dos anos 90 ao concelleiro de obras e servizos. Ao César o que é do César.  


oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo



"Comprométome a traballar coas tres administración para construir un auditorio en Meaño porque é de xustiza" (Rafael Louzán na presentación da canditatura de Lourdes Ucha, 02-05-2015). Ollo ao dato: Deberá tomar boa nota o Partido Popular para non tropezar outra vez na mesma pedra, dado que é a cuarta vez que promete esta infraesctrutura. Jorge Domínguez levaraa no seu programa en 2003 e 2007, e fai xusto catro anos, pese a xa non figurarba, o propio Rafael Louzán, con Alfonso Rueda presente, no mesmo acto de presentación da lista do PP, tamén salón de Casa Rodiño, calificaron esta obra de "prioritaria", comprometéndose entonces (ao igual que o paado 2 de maio) a "financiala entres as tres administracións".

oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

"Por que se concedeu este ano por primeira vez unha subvención mediante convenio de 6.000 euros ao Asmubal? A resposta é: porque había eleccións" (Manuel Radio, nº 3 de PSOE, 07-05-2015, acto de presentación da candidatura)Dato incorrecto: O Asmubal recibe esta subvención por convenio desde 2009 cando a suscribiron Jorge Domínguez, como alcalde, e o entonces presidente do Asmubal, Pedro Pérez.

oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

"O salario da alcaldesa de 43.000 euros máis dietas é exagerado para un concello de 5.500 habitantes" (Icía García, no mitin en Lores o 15-05-17). Un chisco de coherencia: Cabería lembrar que cando Lourdes Ucha toma posesión da alcaldía, nos primeiros presupostos (11-12-21012) decidira rebaixarse o salario de 44.100 euros que percibía Jorge Domínguez a 43.000 euros. Aquela decisión foi aplaudida pola oposición, calificándoa públicamente no pleno Félix Sineiro -entonces portavoz socialista con icía García de nº -, de "aceptable" e "prudente" dado o actual panorama económico. Vexamos 43.000 euros de salario é moito ou non, é algo opinable, pero sería igual de moito ou de pouco en 2012 que en 2015, ou non?


MÍTINS ELECTORAIS
Se queres seguir aos candidatos non perdas a seguinte axenda:

Lourdes Ucha, candidata do Partido Popular
PP: LOURDES UCHA
Xoves 14: Padrenda, 21,30 h.
Venres 15: Xil, 21.30 h.
Venres 15: Lores, 21,30 h.
Domingo 17: Meaño, 12 h.
Domingo 17: Lores, 18,30 h.
Domingo 17: Simes, 20,30 h.
Martes 19: Cobas, 21,30 h.
Venres 22, peche de campaña: Dena (Casa Portuguesa, 22 horas)

Salvo o peche de campña, tódolos demáis nas casas de cultura das respectivas localidades

oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo



Icía García no acto de presentación da súa candidatura
PSOE: ICÍA GARCÍA
Luns 11: Padrenda
Xoves 14: Cobas
Venres 15: Lores
Sábado 16: Meaño
Luns 18: Xil
Mércores 20: Simes
Venres 22, peche de campaña: Dena

Todos eles nas casas de cultura en horario de 21,30



oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

Rodrigo Pazos, alcaldable do BNG
BNG: RODRIGO PAZOS
Sábado, 16: Simes, 21 h.
Domingo 17: Padrenda, 13 h.
Luns 18: Lores, 21 h.
Martes 19: Meaño, 21 h.
Mércores 20: Xil, 21 h.
Xoves 21: Dena, 21 h.
Venres 22, peche de campaña: Cobas, 21 h.
Todos eles nas casas de cultura da diferentes localidades




oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo
José M. Aspérez, candidato de M.I.


M.I.: JOSÉ M. ASPÉREZ 
Venres, 15: Simes, 21,30 h.
Domingo 17: Xil, 12 h.
Luns 18: Padrenda, 21,30 h.
Martes 19: Lores, 21,30 h.
Mércores 20: Meaño 21,30 h.
Xoves 21, peche de campaña: Dena, restaurante Miniño, 21,45 h.


oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo



Francisco Pombo, alcaldable de CxM

CxM.: FRANCISCO POMBO
Venres, 15: Padrenda
Sábado 16: Xil
Domingo 17: Lores
Luns, 18: Cobas
Martes, 19: Simes
Mércores 20: Dena
Venres 22, peche de campaña: Meaño.

Todos eles nas casas de cultura en horario de 21,30







ooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo 

No hay comentarios:

Publicar un comentario