sábado, 30 de mayo de 2015

*** Opinión
Eleccións en Meaño

Meaño quedou a só 73 votos do volco electoral que, de confirmarse, tería suposto toda unha sorpresa -unha máis das que houbo na comarca- ao desprazar ao Partido Popular da alcaldía nun concello no que se sentía firme. 
Cabe felicitarse porque concurriran nesta ocasión cinco candidaturas que, máis que nunca, abriron o abano de proxectos e opcións. Certo que logo, durante a campaña, máis ruido que noces. Mítines ao uso, con discursos planos, na maioría das veces lidos, e abusando de argumentos recurrentes que poderían escoitarse en calquera campaña de agora ou fai vinte anos en calquera concello de España. Faltou empatía en varios dos alcaldables -os que semellaban tela, paradóxicamente, carecían de público- e, en casos, linguaxe corporal e intelixencia emocional á hora de xestionar a recta final.

Concello de Meaño visto desde a Praza da Feira
Os programas? Ao lelos un sentíase como Chicote no seu reality televisivo cando, sentado na mesa do restaurante de turno, queda estupefacto co exceso de pratos da carta. (Xa o di o refrán: “quen moito abarca pouco apreta”). Así, tivemos programas cargados de propostas vagas, algunhas repetidas ao longo de décadas, e que moitas veces non van máis alá da pura semántica. Faltaron, na comparativa de antes con Chicote, pratos de autor, ideas propias e concretas, que se explicaran en detalle ante o auditorio, porque está irrumpindo unha nova xeración de votantes, con mentalidade distinta a fai 20 ou 30 anos. Alguén sabía, por exemplo, en qué consistía o Centro Tecnolóxico que propoñía Meaño Independente ou o Programa de Intermediación de “Business Angels” ou o de "Comercio B2B e B2C" de Compromiso por Meaño?. E que dicir das novas tecnoloxías -amén dalgún vídeo propagandístico-: non había quen de cautivar ao auditorio cunha recreación virtual destes ou doutros proxectos?.
En perspectiva, tralo 24-M, en Meaño todos perden. O PP case que 1.000 votos -que lle costaron tres ediles “e pico”-, caída que non resposta só á marca partido e que cabe interpretar tamén en clave local; M.I. porque tivo na man un cambio que, probablemente, só a orde elexida na confección da lista lle impedíu consumar; o PSOE porque, con só 122 votos máis que en 2011, non puido confirmar o ansiado terceiro concelleiro; o BNG porque, moralmente tocado xa de partida, confirmou a súa desaparición da corporación despois de tres lexislaturas; e Compromiso porque, cun discurso só correcto, non acadou o edil que o convertera en chave para o novo goberno. Sempre se aprende máis na derrota. Só desde a autocrítica se mellora, que ninguén se engane, o demáis é regalar oídos.


2 comentarios:

  1. Las elecciones municipales más reñidas en los ultimos 20 años. Pocas propuestas.Resultado esperado. Algunos candidatos muy flojos.La futura alcaldesa tendrá que cambiar algunas formas si quiere volver a ganar las proximas elecciones.

    ResponderEliminar
  2. En cuanto a la alcaldesa es más una cuestión de formas, que de fondo. Será eso lo que tendrá que cuidar. En cuanto a M.I. ¿es más una cuestión de fondo?, el tiempo lo dirá.

    ResponderEliminar