Condensación de Coirón

Todo
depende do cristal con que se mire, porque é inevitable que cada quen sempre tende
a arrimar a ascua a súa sardiña, procurando ampliar o abano de argumentos para
cargarse de razóns. Considerando máis o menos afortunados os zarpazos políticos,
cabe apartarse deles e ir a xénese, aos feitos. O feito número un, é que
o pavillón de deportes de Coirón, construido fai uns anos -como todo o colexio de
Coirón a fins dos 60- sobre unha zona de barrizal húmido, acusa un problema de
condensación que deixa impracticable a cancha de goma en inverno. O feito dous, as obras rematadas en xaneiro de 2017 e nas que se gastaron máis de
31.000 euros, foron baldías, porque o problema persiste -sen que, por certo, recaíra,
responsabilidade algunha sobre técnicos ou empresa en base a unha garantía de
obra-.
E feito
número tres: o goberno local tardou un ano en reaccionar na procura dunha solución
a un problema que, sabíase público e notorio, estaba aí. Agora, tres meses
despois desa reacción anunciase unha solución por calor radiante deste o teito
que, a este paso, vaise testar en primavera ou, se cabe, en verán. Os tres son feitos
incuestionables, o demáis é ruido. Tire o lector de conclusións, que a bo
entendedor, poucas palabras bastan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario