O cetreiro meañés Iñaki Orge acaba de proclamarse Campión de España na modalidade de Vó Azores, ao facerse co título celebrado fai unos días na localidade sevillana de Osuna. Competía na categoría de azores xunto con outros 25 cetreiros, campións nas suas respectivas comunidades autonónomas, proclamándose Orge campión galego o pasado mes de novembro en Ordes (A Coruña). Xa en 2016, de mans de Sociedade Galega de Cetrería, obtivera un subcampeonato no Galego con Musa, que era unha águila de Harris
"SILVER FIXO UN VÓ FANTÁSTICO PICO A VENTO"
Iñaki Orge, campión en Osuna |
- O primeiro foi a recepción e o sorteo para voar. Non é o mesmo ser primeiro en saír a voar que facelo a última hora, dependes tamén do vento e das condicións climatolóxicas de cada momento do día. Na segunda xornada tocou disputar a fase de clasificación, con dous vós por ave, e na terceira a final disputábase xa a vó único.
- Como se resolveu a fase de clasificación?
- Foi moi axustada. Pasei como cuarto clasificado á final. Nun dos vós Silver foise moi longo e os xuices no puideron visionar ese final que non puideron valorar, iso penalizounos.
- E como transcurríu a final a vó unico?
- Foi un vó fantástico se Silver, de 105 metros pico a vento (con vento en contra), cazou a 300 metros de distancia e capturou a presa no aire.
- Que valoran os xuíces nunha competición así?
Valoran a distancia desde a caixa da que parte a ave, logo se vai ou non pico a favor ou en contra, e se logra capturar no aire ou non chan. Puntúase máis unha distancia maior, cazar con pico en contra e capturar a perdiz, que é a presa que se utiliza, no aire.
Iñaki Orge co seu azor Silver |
- (Risas) É un azor que que ten un ano, e que merquei fai cinco meses a un criador criador en León. Desde que o teño traballeino con tacto para musculalo e convertilo nunha ave que pesa entre 760 e 900 gramos. Logo, nos últimos quince días, fago unha posta a punto para os camionatos, o que supón que baixe de peso para deixalo en 710 gramos, que foi o pesso co que chegou a Osuna.
- E como logra que baixe peso?
- Limitándolle a comida, sobre todoa a proteína. Iso supón ir intercalando a codorniz con pitos, porque esta carne ten menos calorías. É certo que pódeslle baixar o peso rápido a unha ave, pero eu son máis partidario de facelo lentamente, para que non perda facultades físicas co esa perda de peso. Cabe facelo con mimo, para que, chegado o día, a ave teña fame. A fame é o acicate para que o cace no campionato, pero o mellor é que voe cun peso máis lixeiro para atrapar esa presa cun vó que van puntuar os xuíces.
- A súa participación en Osuna fixoa tamén noutra categoría.
- Sí, fixeno tamén na modalidade de pequenas aves, que deben ter un peso inferior a 360 gramos, que son de vó baixo e que cazan codorniz. No meu caso fíxeno cun peryan, que é un híbirdo de falcón e cernícalo. Nesta categoría competimos quince cetreiros de toda España, pasei a fina, e nela a clasifiquei quinto.
Momento en que recibe el trofeo de ganador en Osuna |
No hay comentarios:
Publicar un comentario