domingo, 30 de diciembre de 2018

POSTAL DE NADAL

Nunhas datas tan de todos abrimos nesta ocasión o noso particular Ventanuco para desexarvos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo 2019 para todos aqueles que confluimos aquí, co pretexto de Meaño. E, para felicitarvos estas festas, facémolo con imaxe e son, que vos convidamos a compartilo na rede como postal de Nadal con outros meañeses, aquí e no outro lado dos mares. Deixamos unha postal infantil, creada para a ocasión, e para esta entrada, por parte dunha nena meañesa, e abaixo a panxoliña "Blanca Navidad", interpretada pola Banda Unión Musical de Meaño, extraída da nosa fonoteca e vidioteca particular dun anterior concerto de Nadal 2016, e unha entrañable foto da xaneiras que cantaban na rúa @s nen@s do CEIP de As Covas fai uns días en Meaño.

Sara, 10 anos



 
Os nenos do CEIP de As Covas 
cantando as xaneiras na libraría O Principiño


  E máis fotos na pestaña Meañoleando (seleccionaa arriba, nesta páxina)  


No hay comentarios:

Publicar un comentario