domingo, 4 de agosto de 2019

Arrancando agosto deixámosche aquí tres propostas para o verán. Cun chisco máis de tempo e ao caír cada tarde, podes emocionarte coa Historia. Visiona os dous vídeos que che propoñemos. Despois atrévete con este libro.

O HOLOCAUSTO ESPAÑOL 

Portada de "El Holocausto Español"
Tres son as propostas deste verán que che facemos chegar para descubrir o pasado silenciado, ese do que as xeracións non falaron, ou falaban entre bambalinas o xusto. Non se trata de revolver o pasado, nin o "facer arqueoloxía polas cunetas" (que alguns mentan a modo de rexeitamento), senón de descubrir a verdade de noso pasado: só aprendendo del poderemos evitar os erros do futuro. Por iso propoñémosche remontarnos a ese pasado espiñoso, ese que hoxe, 80 anos despois -data rendonda pasada moi por enriba- todavía non condean moralmente algúns partidos, incluído algún con anos de goberno en España.

De todo o escrito e visto sobre la Guerra Civil Española, cabe seleccionar ben, a fin de evitar a propaganda emocional sobe o político. A maraña do bosque en ocasións vese mellor desde fóra, como a altura da montaña cando estás abaixo. Tres son as propostas que aquí che deixamos, unha para para ler, e dúas para visionar. Para ler, "EL HOLOCAUSTO ESPAÑOL" publicado en 2011 polo hispanista británico PAUL PRESTON, 669 páxinas (epílogo aparte) de documentación tan honesta como conmovedora, e que podes mercar por algo menos de 15 euros (imprescindible). Despois de lelo, de emocionarte: poderás seguir sen condear moralmente o vivido?

Imaxe de apertura do documental en TVE, "O experimento Stuka"
E para visionar, non perdas O EXPERIMENTO STUKA (emitido en el TVE2 o pasado domingo 29 de xullo) que descobre a misión silenciada da Lexión Cóndor alemaña (Guernica aparte) nos pobos esquecidos. Para velo pincha no seguinte enlace:

O EXPERIMENTO STUKA

E, por último, un curto vídeo, desos humildes e discretos, "A VIDA DURANTE O FRANQUISMO", elaborado con sentimento por un alumno de 4º de ESO (curso 2017-18) traballando baixo a coordinación dun profesor de Historia, un que apadriña este blogue. (Ah! Non perdas o último minuto emotivo deste adolescente: así traballan na aula)





No hay comentarios:

Publicar un comentario