domingo, 11 de agosto de 2019

PEQUENOS TESOUROS AGOCHADOS
Fotos: Marcos Castro; fotos técnicas do roteiro: Sandra Martínez

Punto de partida e chegada: diante do concello
Despois dunha década baldía, voltaba a latexar na pasada tempada a Asociación Cultural de Deportiva GAM (Grupo de Amigos de Meaño), de mans dun grupo de nais, que botada a andar baixo este paraugas, un clube de tenis de mesa. Un rescoldo que fai brotar agora a actividade e dinamismo deste colectivo. E ese primeiro paso dase neste agosto cun ciclo de tres roteiros apaixoantes de sendeirismo, que baixo o nome "Ven a almorzar comigo en..." lévate a coñecer lugares emblemáticos de Meaño, conlevando consigo compartir toda a peña xuntos un almorzo na cita-destiño do día. E ese primeiro roteiro celebrábase na mañán do domingo 11 de agosto, unha iniciativa que tiña como particular "first date" o BANCO DO AMOR, no alto del monte de Fontefría.


Ficha técnica do roteiro


Nel participaban 23 sendeiristas que disfrutaron dunha camiañata concebida co obxecto de convivir, "parolar" mentras damos pernas. Resultou un momento entrañable para corpo e mente, porque con deporte no medio dunha paraxe natural así, flúen mellor as ideas, o humor, as emocións e os sentimentos, ou non? E cun gratificante (e xenoroso) "tentempé" no cumio, ao pe do vértice xeodésico, onde o meañés J.L. Gándara asentou o Banco do Amor, disfrutamos xuntos recuperando forzas, mentra divisabamos Meaño a Xil en primeiro plano, co pano da río de Arousa ao fondo, a desembocadura do Umia, a istmo do Bao, O Grove, e as illas Ons de Cíes ao fondo.


A expedición do Banco do Amor

Almorzando no vértice xeodésico
Foi unha camiñata de case que 9 kms, (90 por cento en terra), na que empregamos  máis de dúas horas (2,45 horas se contamos o tempo de almorzo no cumio). Nela arrancamos pola Tomada Grande, subindo ata a Queimada e Fontefría polo linde entre Meaño e Xil, e regresamos logo baixando polo Monte Maior, A Toxa e O Peñón. Considerado pol organización un roteiro dificultade media, a expedieición partíu dos 91 metros de altura, segundo o Instituto Xeográfico (51 metros segundo unha das aplicación da organización) para subir ao cumio de Fontefría situado a 397 metros de altura (357 segundo aplicación), e salvando así un desnivel de 306 metros (ou 294 m.) en 4,4 kms de ascensión.

Agora os participantes sabedes todos acadar xa o Banco do Amor, cun roteiro a pe por terra, ou ben, a opción de facelo en coche para chegar ao desvío (preto do monte do Limoar), debendo percorrer logo cada quen 800 metros a pe para sentarse no emblemático banco. 

Divúlgao. Meaño ten ese pequenos tesouros agacahados, dos que disfrutar, e sen fanfarrias. Ah! E se queres participar no vindeiro roteiro mantente atento ás redes sociais (nos facebooks POLO VENTANUCO ou CTMGAM): será o vindeiro fin de semana e presentarémocho nuns días. 
"Queres vir a almorzar connosco"?

GALERÍA DE FOTOS...


No sinal ao pe da estrada, monte do Limoar

Silueta do roteiro (foto Sandra Martínez)
(o roteiro do "cabaliño de mar")


Arrancando pola Feira








Alto ás portas do cemiterio de Meaño























No mirador da Queimada, a uns 50 metros de altura do cumio








No hay comentarios:

Publicar un comentario