jueves, 22 de agosto de 2019

TESOUROS AGOCHADOS (2): O CON DA CABALARIA


Fotos: Marcos Castro

No cumio do Con da Cabalaria
Segundo roteiro de verán da Asociación Cultural e Deportiva GAM, o celebrado o pasado domingo 18 en Meaño. O obxectivo, acadar o Con da Cabalaria no alto de Lores, nun roteiro que partíu da ermida de San Bieito (onde falamos un chisco da lenda e da historia do santuario), para logo facer un alto na fonte do Souto (informando do abano de fontes potables/non potables que Meaño alberga ao longo e ancho das sete parroquia). Despois, por un camiño de terra, enfilamos unha subida esixente ao monte de Lores, que nos fixo tirar de pernas e corazón. Arriba, unha vez acadado o cumio, demos co Con da Cabalaria, mítica pedra de abalar non catalogada na Galicia, e polo que esta asociación vai traballar no futuro inmediato. Ao seu carón demos conta das lendas que envolven estas pedras no imaxinario popular, legado dunha tradición milenaria que mezcla crenzas, ritos e mitos. 


Datos técnicos do roteiro
Logo tocou repoñer forzas cun almorzo reconsituinte en toda regla, ao pe mesmo do con, e que nos permitíu descubrir un segredo agochado: o xeito de cómo facer "abalar" (balancerar) un só, in situ, unha pedra que, calcúlase, pesa unhas... 40 toneladas!.

Despos do "esforzo" baixamos por un vial aglomerado que nos devolveu en apenas un cuarto de hora a Lores por Freixeiro, momento que aproveitamos para visitar fonte do Laboriño (non apta para o consumo humano), co seu pozo e lavadeiro esquecidos. Mais antes, poidemos dar con outro tesouro engadido ligado ao Con da Cabalaria, e que nos descubrira Suso Seijas no cumio, que nos ensinara arriba como abalar a pedra, e que nos convidaba a degustar en adega o seu "Con da Cabalaria", un Rías Baixas selecto, da que envasa tan só 2.000 botellas, albariño elaborado a partir do da uva da Cabalaria cultivada con mimo a 257 metros de altura. 


Na eira da adega O Parral para degustar o "Con da Cabalaria"
Suso Seijas co seu "Con da Cabalaria"

E unha recomendación para o lector: non deixes de pasar por esta adega para degustar os seus viños in situ, baixo a parra dunha eira coidada ao detalle, e acompañando o viño coa tapa de quenda que serve na casa. Marabilloso! No o perdas antes de que se vaia o verán. Un roteiro que nos deu unha lección engadida: que por enriba de paixase, resulta ainda máis abraiante a xente de Meaño. Foi roteiro en boa compaña para rematar cun adegueiro entrañable, e mellor persoa, que nos fai valorar o xente coa que compartimos Meaño.



Este era o o "Second Date" dos roteiros de verán. No tinteiro, queda o último do ciclo que che presentaremos nos días vindeiros. Convidámoste. Coñece connosco.


GALERÍA DE FOTOS

Baixando cara a Freixeiro, con Lores e Meaño ao fondo

O roteiro do dromedario,
que así bautizamos aio final

No alto de San Bieito antes da saída

Na subida cara o alto de Lores

Preparándose para almorzar ao pe do Con da Cabalaria

Tapa de callos na adega O Parral (Lores)

Foto de época para os sendeiritas: así era o lavadeiro da fonte do Laboriño en 1992



No hay comentarios:

Publicar un comentario