XXXV CARREIRA POPULAR DE MEAÑO / LIVE
Cartel da XXXV Carreira Popular de Meaño. Foto: Mónica Irago |
championchipnorte.com
En total son 19 categorías (con andantes e chupetes incluidos), que se citan desde fai 35 anos cada segundo domingo de setembro, coincidindo coa Festa dos Miragres, que é a patrona deste concello. A Carreira naceu de mans da Asociación Cultural e Deportiva G.A.M., que veu organizando durante 25 anos. Logo, a proba foi legada ao concello de Meaño que, desde entonces asume a organización e a dirección, en colaboración cos membros da Asociación G.A.M.
Premios
Acto de presentación, co alcalde Carlos Viéitez e a atleta que protagoniza o cartel, gañadora de 2018, a venezolana Edymar Brea |
Logo, os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán preciados trofeos de cerámica exclusivos, diseñados para o ocasión pola ceramista Mar Barral, selo de calidade vinculado desde fai anos a esta Carreira. Ademáis todos os participatnes que completen os seus percorridos serán agasallados cunha camiseta técnnica de futuro porque anunicará xa a edición de 2020. E, a maiores, engádese un ano máis o "premio á fidelidade", un agasallo especial que se entregará a todos os particiapntes que cumpran nesta edición o ciclo de correr en Meaño nas últimas cinco edicións. Se no completa ciclo, anímate a participar para sumar e ir cmpletandoo en vindeiros anos, porque este premio é un valor firme, que naceu como compromiso de manterse para o futuro.
O santiagués Suso de la Fuente entra en meta batindo el récord no ano 2000 |
A Carreira discurrirá sobre os seus habituais circuitos, en función das categorías, sendo o grande, de 6,3 kms, e os menores de 1,6 kms e 1 km. Permañece inamovilbe o mítico récord de Suso de la Fuente, que parou no 2000 o crono nun tempo de 18'18'' no cirucito de 6,3 kms., mentras que en mulleres o récord é do ano 2007, coa protuguesa Patricia Pereira que diexou a marca de 21'05''. E un premio engadido, que se engade desde entonces: un reloxo de luxo da marca Viceroy doado por Xoiería Portonovo tanto para a mdoalidade masculina como feminina, se se baten calquera do récords.
Por Meaño pasou nestes anos o máis granado do mediofondo galego, e mesmo nos períodos álxidos da súa carreira. Inscribir o seu nome como gañadores é un incentivo para moitos deles, porque gañar en Meaño prestixia a calquera no mediofondo das populares en Galicia. Non en van, isncribiron en Meaño o o eu nome no cadro de honra de gañadores, atletas como os olímpicos Alejandro Gómez, Carlos de la Torre, Carlos Adán e Elisardo de la Torre, e mesmo atetas como Suso de la Fuente, Lolo Penas, Pedro Nimo ou Alejando Fernández entre outros. Mentas, en mulleres, fixérono atletas como María Abel, Fátima Paz, Mª Jesús Gestido, Yolanda Gutiérrez, Sandra Mosquera ou as internacionais portuguesas Filomenoa Costa, Leonor Carneiro, Ercilia Machado ou Patricia Pereira.
Agardámoste en Meaño!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario