sábado, 20 de junio de 2020

 A Carreira Popular de Meaño, con ALEJANDRO GÓMEZ

O xornal Faro de Vigo facíase eco esta semana de que, aos seus 53 anos, o atleta vigués Alejandro Gómez, considerando un dos mellores mediofondistas galegos de toda a historia, foill diagnosticado un tumor cerebral inoperable. Desde este particular Ventanuco, a asociación GAM lembra o seu paso pola Carreira Popular de Meaño, coincidindo ademáis co momento de máximo apoxeo da súa carreira deportiva.

Alejandro Gómez entra gañador na Carreira Popular de Meaño en 1992

Alejandro Gómez Cabral correu os 10.000 metros nas Olimpíadas de Seúl 88, Barcelona 92 e Atlanta 96. En 1997 foi segundo na maratón de Rotterdam, cun tempo de 2h,07:54, que supoñía batir en 11 segundos o récord de España de Martín Fiz na distancia (un record que logo pasou ás mans de Fabián Roncero en 1998 con 2h.07:23)   
Na súa carreira deportiva representou a España en 41 ocasións, proclamándose ademáis campión de España dos 10.000 metros en catro edicións (1989, 1993, 1995 e 1996), campión de España de Croos nos anos 1989 e 1995, e campión de España de media marathón en 1992 e 2003.


Carreira Popular de Meaño 1997 no seu primeiro paso por meta: Alejandro Gómez (dorsal 5110) segundo, por detrás de José Antonio Ramallo (campión junior de España de 10.000, en 1998). Atrás, con camisola amarela e pantalón vermello, Martínez Gendra (gañador da edición'97), un xoven Pedro Nimo de vermello (dorsal 4120, que gañaría a  categoría xuvenil nesa edición), e xusto detrás, medio tapado e todo de amarelo, Serafín Portela.

No medio, o seu paso por Meaño, onde se proclamou gañador da Carreira Popular de Meaño, en setembro de 1992, cando viña de correr precisamente a final dos 10.000 metros na Olimpíadas de Barcelona. E logo en 1997, cando Gómez clasificou terceiro, nunha das mellores edicións de todas as Carreiras Populares de Meaño que se lembran, na que uns pletóricos Martínez Gendra e Serafín Portela romperon os pronósticos para batir a Alejandro Gómez, proclamándose daquela eles, primeiro e segundo respectivamente. 

Desde Meaño, en nome da asociación GAM e, permitídonos a licencia, de todos os atletas populares que pasaron e pasan por Meaño, o noso humilde alento para Alejandro Gómez, familia  e amigos neste intre, para seguir empurrando hoxe e por sempre. Forza, Alejandro!


1997, Alejandro Gómez
na liña de saída da
Popular de Meaño


Cartel do 25 aniversario, co elenco
de gañadores. No medio atrás, con
camiseta azul celeste,
Alejandro Gómez en 1992



E ante o COVID-19... descobrímosche

Se queres facerte con mascariñas protectoras de selo meañés, con triple filtro, lavables, personalizadas e con tallas adaptadas (tamén para nenos), consulta o enlace que che apaortamos abaixo. E aquí mostrámoche algún das decena de de modelos que poes atopar. Podes ver máis modelos para nen@s pinchando arriba na sección MEAÑOLEANDO











No hay comentarios:

Publicar un comentario