domingo, 6 de septiembre de 2020

REVÍVEO CORRENDO POR MEAÑO ...Ad libitum. 

Dando pasos por Meaño... e ti?

Clube Atletismo Cambados Seguros Noval, tras correr
en Meaño o domingo 6 de setembro
A asociación G.A.M. segue mantendo a iniciativa CORRER POR MEAÑO... ad libitum para visibilizar a Carreira Popular que debía correr este ano (o 13 de setembro) a edición número 36 consecutiva, pero a a situación Covid o impide. Con imaxinación e pernas, correndo ou camiñando todo é posible. Próbao! Disfruta ao teu ritmo da baixada a San Amaro e A Solda, da baixada de Galiñáns a Ponte Lores, e da sinuosidade da pista de Paradela. 


Laura Ortigueira, baixando cara a Canle, no cirucito infantil
(30 de agosto)
Tocará sofrir na xa mítica costa do Fornos, que ben recoñecen tódolos asiduos á Popular Meaño, en encarar Cidrón se toca vento norte, e logo facer ese último esforzo na costa da Solda outra vez. Á altura da igrexa, sentirás como que a meta te agarda á volta da curva da que fora "casa de reloxeiro". E desde aí encararás a recta de meta en subida, agora vacía de xente, pero ti visibiliza ao público aplaudíndo desde detrás das vallas e a música atronando desde a megafonía... mentras o sso luce para ti. Meaño agárdate para revivir ti no corazón o que este ano non pode ser... pero que ti podes facelo posible. Nós tamén. Esta iniciativa ponse marcha sen outra intención que contribuir que ser feliz por un chisco percorrendo un rural de Meaño, desapercibido en pleno corazón do Salnés. Desde aquí non vendemos Meaño como destiño, compártimolo. Descubre Meaño en ti, desde outro ángulo, con esta experiencia emocional.
  
Cristina Castro Fani Silva e a "chupete" Clara Hermelo
na costa dos Fornos (30 de agosto)
Eih! E por se tes dúbidas deixámosche aquí o perfil co circuito de 6,3 kms para os maiores (nados antes de 2006). Así faste unha idea das costiñas que che quedan por "patear". 

E se tés nen@s, non deixes de correr con eles os seus circuitos infantiles. Comparte vida! Un día lembrarán os momentos de CORRER XUNTOS POR MEAÑO. Vas deixar pasar esta oportunidade?

Perfil do circuíto de 6,3 kms, No punto kilométrico 4,5 a Costa dos Fornos

Como participar?
Clube Atletismo Cambados Seguros Noval,
gardando as distancias no quencemento en liña de saída
Esta iniciativa é "ad libitum", non ten data nin hora. Desde fai uns días está en marcha e dispós ata o 16 de setembro, para correr ou andar o teu percorrido do que era (e seguirá sendo) circuíto da Carreira Popular de Meaño. Cronometra (opcional) o tempo que empregues (reto ao teu cronómetro). Se o tes mándanos ese rexistro co teu nome e un teléfono ou correo-e de contacto, máis unha foto que acredite ter experimentado CORRER POR MEAÑO (individual ou cos teus amigos de preto, coa prudencia habitual que ves poñendo en práctica). Remíteo ao correo-e asociaciongam@gmail.com e publicaremos a túa participación nas nosas redes sociais e nas vinculadas á asociación.

Todos os que participedes nesta experiencia mandando as vosas fotos cos datos, entraredes nun sorteo de:

Alberto Agís Graña, tras correr en Meaño
o domingo 6 de setembro (tempo: 25'27'')
(Clube Atletismo Cambados-Seguros Noval)
- 2 lotes de albariño PACO e LOLA, con visita guiada a adega para dúas persoas 
  (maiores de idade)

- 2 bono-tapas en QUINTA DE SAN AMARO (con viño e tres tapas) para dúas persoas 
  (maiores de idade)

- 2 lotes infantiles SÚPER LAGE-MERCA MÁS para nen@s (e menores de idade)

O único obxecto de que remitades un teléfono ou correo de contacto é o de avisar aos gañadores dos tres sorteos, que faremos públicos, e galardóns que se comunicarán e se entregarán a fins de setembro, despois de vendima.

Queres participar neste sorteo? Non tes  nada máis que correr ou camiñar o teu circuíto, e mandarnos a foto cos teus datos ao correo-e asociaciongam@gmail.com Participar no sorteo con estas bases, implica autorizar a Asociación G.A.M. poder publicar foto, nome e tempo dos participantes, nas nosas redes sociais vinculadas á CORRER POR MEAÑO.

Carrreira Popular de Meaño en 2014 na costa do Fornos


Ramón Oubiña
(6 de setembro)
Voltamos a deixarche aquí os diferentes circuítos parar experimentar en función da idade. Se pinchas abaixo, enriba de do circuíto que dexeses percorrer, terás acceso directo no teu terminal (teléfono, tablet ou ordenador) a través de GoogleMaps ao percorrido correspondente, para poder guiarte por se dubidas no percorrido. Lembra: no punto de saída debes partir cara arriba na recta (é dicir, á dereita neste mapa convencional que ves en páxina)


 CIRCUÍTO LONGO: 6.330 metros. (nados a antes de 2006)


CIRCUITO MEDIANO: 1.600 metros (nados entre 2007 e 2012)


CIRCUITO CURTO: 1.070 metros (nados entre 2013 e 2015)

Calquera dúbida contáctanos a través d correo-e asociaciongam@gmail.com ou ben das redes sociais (tecleando en facebook a páxina: polo ventanuco). Lembra: esta e una iniciativa non regrada, dirixida a todos aqueles que teñades a inquietude de "correr (ad libitum) por Meaño".

E uns consellos:

Sufrindo na Costa dos Fornos, Popular de Meaño 2014
- Loxicamente, non son circuítos pechados, polo que debes correr ou andar por arcéns e/ou beirarrúas, como calquera día normal de entrenamento por Meaño.
- Cumpre a normativa vixente con motivo do Covid-19 e que coñeces: evita os grupos (corre como un anacoreta ...😂😂😂) e, se a situación o esixe, fai o debido da máscara protectora.
- Sentidiño... E disfruta!



Se queres coñecer e saber máis sobre a Asociación G.A.M. e a Carreira Popular de Meaño pincha no seguinte enlace: Asociación Grupo de Amigos de Meaño (G.A.M)


Imaxes da Carreira Popular de Meaño en 2014, na costa do Fornos. 
Porque o espíritu desde Carreira é máis... e pervive en este 2020






Saida na Carreira Popular de Meaño en 2013








No hay comentarios:

Publicar un comentario