viernes, 11 de septiembre de 2020


13-S/Correr Meaño 

13-S GAM non é un modelo de Renault, nin Citroën, nin de Seat 😂😂😂!! Non!!. É una iniciativa da Asociación G.A.M. para CORRER POR MEAÑO, rememorando a que estaba chamada a ser XXXVI Carreira Popular de Meaño, pero que polo Covid-19 este ano non pode ser. Esta empresa altruísta ten como obxectivo seguir dinamizando Meaño e a súa Carreira, considerada unha clásica das populares galegas que se gañou o afecto tras 35 anos ininterrumpidos (que se di pronto!).


Sandra Caneda CORREU POR MEAÑO... entrando en meta (km. 6,3) Gracias, Sandra!

Esta iniciativa permañece activa para ti ata o 16 de setembro, para poder cada quen "matar o bichoco" de correr, camiñar ou, sinxelamente, dar pasos por Meaño. Só ti, coa túa participación, farás posible experimentalo e visualizalo. O noso agradecemento a tod@s aqueles que o estades facendo (e algúns repetindo... que podedes voltar a facelo!! 😉😉😉) e que nos mandáchedes fotos correndo polos míticos circuítos. Son xestos que emocionan aos que levamos tantos anos enrolados neste evento, traballando de arreo para querer mostrar ao exterior a imaxe de Meaño, contribuir a situarnos no mapa e consolidarse como un modelo de organización. 


Damián Andrade CORREU POR MEAÑO (Pereiras, km. 4,9). Gracias, Damián!

Mesmo o ano pasado chegaron a Meaño 584 atletas desde 65 municipios diferentes das catro provincias galegas, máis Portugal... Moitos desos 584 teclearon no navegador "Meaño" para chegar ao verdadeiro Corazón do Salnés e situarnos así no seu mapa. É un compromiso dunha asociación a cambio de  disfrutar e facer disfrutar de Meaño aos que nos visitan.


Jesús González CORREU POR MEAÑO (Pereiras, km. 4,9). Gracias José Antonio!

Mañan domingo, 13 de setembro ás 11 horas debía tomar a saída a 36 edición dunha Carreira que non pode partir. Esa edición que moitos tendes emplazada por unha camiseta técnica azul oscura, que foi o agasallo que se entregaba en 2019 en meta. Una camisola que sempre anuncia por tradición a carreira do ano seguinte. Sabes de onde procede esta idea? Da maratón de Nova York. A idea suxeríunola o marinense Manuel Rosales, campión de veteranos de tantas citas internacionais: campión do mundo, de Europa, da maratón de Nova York na sua categoría... E a quen Meaño estivo sempre unido. Existe un vínculo afectivo que permañece entre tantos atletas e nós, é algo que non se ve, pero que se sente: ese é mellor agasallo de tod@s vós.


Jose Luis Padín CORREU POR MEAÑO aos 69 anos. Entrado en meta. Gracias. José Luis!

Lembra, se participas en CORRER POR MEAÑO terás acceso a participar no sorteo dos seguintes premios:
- 2 lotes de albariño PACO e LOLA, con visita guiada a adega para dúas persoas 
  (maiores de idade)
- 2 bono-tapas en QUINTA DE SAN AMARO (con viño e tres tapas) para dúas persoas 
  (maiores de idade)
- 2 lotes infantiles SÚPER LAGE-MERCA MÁS para nen@s (e menores de idade)

Pepe Martínez CORREU POR MEAÑO. Na praza da Feira tras entrar en meta 
e co tempo rexistrado. Gracias, Pepe!

Queres participar neste sorteo? Non tes  nada máis que correr ou camiñar o teu circuíto, e mandarnos a foto cos teus datos ao correo-e asociaciongam@gmail.com Participar no sorteo con estas bases, implica autorizar a Asociación G.A.M. poder publicar foto, nome e tempo dos participantes, nas nosas redes sociais vinculadas á CORRER POR MEAÑO.


Corremos con corazón... E voltarémolo a facer este ano!

 CIRCUÍTO LONGO: 6.330 metros. (nados a antes de 2006)


Claudio Vera CORREU POR MEAÑO
Ao carón do concello.
Gracias, Claudio!
Jesús Pérez CORREU POR MEAÑO
Ao carón do concello.
Gracias, Jesús!

CIRCUITO MEDIANO: 1.600 metros (nados entre 2007 e 2012)


Maxi Oubiña CORREU POR MEAÑO.
Chegando á Canle.
Gracias, Maxi!
Daniel García CORREU POR MEAÑO
Na Praza da Feira tras meta.
Gracias, Daniel!

CIRCUITO CURTO: 1.070 metros (nados entre 2013 e 2015)


Laura Ortigueira CORREU POR MEAÑO. Baixando dos Agros á Canle (curcuíto curto).
Gracias, Laura!

Calquera dúbida contáctanos a través d correo-e asociaciongam@gmail.com ou ben das redes sociais (tecleando en facebook a páxina: polo ventanuco). Lembra: esta é una iniciativa non regrada, dirixida a todos aqueles que teñades a inquietude de "correr (ad libitum) por Meaño".

Ramón Oubiña CORREU
POR MEAÑO
(saída).
Gracias, Ramón!
Alberto Agís x 4 (😊) ... CORREU POR MEAÑO.
Na Praza da Feira.
Gracias Alberto!

Andrés Sueiro e Alberto García CORRERON POR MEAÑO. Na Praza da Feira, co escenario ao fondo.
Gracias Andrés e Alberto!





PARA LEMBRAR...

Presentación da Carreira Popular de Meaño 2007 na Quinta de San Amaro.
De esquerda a dereita: Julio Oubiña, Martín Rodríguez, Jorge Domínguez, Marcos Castro

Primeiro paso por Meaño en 2010

Miriam Portela, 1ª clasificada de Meaño
recibe o premio de Nacho Crespo
(Quinta de San Amaro) en 2017



No hay comentarios:

Publicar un comentario