lunes, 14 de septiembre de 2020

CORRER POR MEAÑO:  
Imponse a pisada feminina
E quedan 2 días!

Trini correu por Meaño
Bravo, Trini!
Quedan pouco más de 48 horas para "Correr por Meaño" revivir a que tería sido a XXXVI Carreira Popular de Meaño e disfrutar do teu reto persoal. Este mércores 16 de setembro é o último día para sumarte a esta iniciativa. Un xesto que se promove desde a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. para lembrar que esta carreira segue viva. Podes experimentalo correndo ou camiñando, facendo deporte por unha vida sá en Meaño.

As atletas fenenimas coparon este fin de semana CORRER POR MEAÑO. Bravo por elas! Soltáronse para animar a máis mulleres a reencontrarse con este deporte para disfrutar. E Meaño é o lugar tranquilo para un reto ilusionante. Unha chamada para que máis mulleres apuren o tempo que queda para participar.




Nuria Gándara correu por Meaño
Bravo, Nuria!
Carmen Rodríguez correu por Meaño
Bravo, Carmen!



Sandra Mosteiro e Joel Rodríguez 
correron por Meaño
Bravo, Sandra e Joel!
Lembra que, polo único feito de participar e facérnolo saber entrarás no sorteo dos seguinte premios:


- 2 lotes de albariño PACO e LOLA, con visita guiada a adega para dúas persoas 
(maiores de idade)

- 2 bono-tapas en QUINTA DE SAN AMARO (con viño e tres tapas) para dúas persoas 
(maiores de idade)


- 2 lotes infantiles SÚPER LAGE-MERCA MÁS para nen@s 
(menores de idade)




Elva correu por Meaño
Bravo, Elva!
Como participar? 
Corre ou camiña o circuíto axeitado a túa idade. Dispós de prazo ata o 16 de setembro (incluido). Tes que madarnos unha foto túa sobre o circuito ou ao termo de facer o percorrido. Acompáñao co teu nome e, opcional, o tempo empregado no percorrido. Se o fas en en compaña ou pequeno grupo, podes mandarnos foto de grupo, pero especificando sempre o nome de cada participante. O teu correo serviranos como contacto, pero se engades un teléfono simplifícanos un chisco a comunicación máis inmediata. O único obxectivo noso é poder avisarte directamente se resultas premiado no sorteo. Remitenos todo ao correo-e asociaciongam@gmail.com 
Aceptar as bases implica autorizar a publicación da a foto nas nosas redes sociais e nas vinculadas á esta iniciativa, con obxecto de publicitar que ti sumaste e correste por Meaño. O prazo de entrega de foto e nome remata o mércores 16 de setembro ás 23:59 horas.



De esquerda a dereita: Lupe Vilar, Rosi Estevez e Nesti Piñeiro (Clube Atletismo Cambados)
correron por Meaño
. Bravo!

O sorteo realizarase nesta segunda quincena de setembro, de xeito público, feito que comunicaremos pola redes sociais. E, persoalmente, contactaremos con gañadores para darlle a nova e explicarlles o xeito de entrega do premio.

E non nos esquecemos d@s nenos, que aprenderon a disfrutar de Meaño. Porque en familia faise mellor, ou non?


Trini e Roque entrando en meta
Bravo, Trini & Roque!
Claudia, Olivia, Daniela, Raúl
e Martina correron por Meaño
Bravo, peques!
Voltamos a deixarche aquí os diferentes circuítos parar experimentar en función da idade. Se pinchas abaixo, enriba de do circuíto que dexeses percorrer, terás acceso directo no teu terminal (teléfono, tablet ou ordenador) a través de GoogleMaps ao percorrido correspondente, para poder guiarte por se dubidas no percorrido. Lembra: no punto de saída debes partir cara arriba na recta (é dicir, á dereita neste mapa convencional que ves en páxina)


 CIRCUÍTO LONGO: 6.330 metros. (nados a antes de 2006)


A peña infantil lucindo a camiseta da Carreira Popular Meaño'2020 tras chega a meta.Un forte aplauso!! Bravo!!

CIRCUITO MEDIANO: 1.600 metros (nados entre 2007 e 2012)


CIRCUITO CURTO: 1.070 metros (nados entre 2013 e 2015)



Calquera dúbida contáctanos a través d correo-e asociaciongam@gmail.com ou ben das redes sociais (tecleando en facebook a páxina: polo ventanuco). Lembra: esta e una iniciativa non regrada, dirixida a todos aqueles que teñades a inquietude de "correr (ad libitum) por Meaño".


No hay comentarios:

Publicar un comentario