jueves, 17 de septiembre de 2020

 CORRER POR MEAÑO... 

The End


Correr por Meaño esgotou experiencia e pechou o mes que se mantivo activa. En total, foron 64 atletas rexistrados os que se animaron a participar nesta iniciativa altruista, deles 47 no circuito de 6,3 kms (adultos), e 17 nos circuítos infantiles. Foi un xeito diferente de rememorar a XXXVI Carreira Popular de Meaño que, por primeira vez despois de 35 anos consecutivos, non puido celebrarse motivado polo Covid-19.

Xoixe, 18 anos ininterrumpidos 
CORRENDO POR MEAÑO
Grande, Xoixe! Gracias!

Ante o baleiro que xurdía, desde a Asociación G.A.M. optamos por tirar de imaxinación para ofrecer unha alternativa diferente a todos aqueles que amamos Meaño e esta carreira. Foron 58 os que, por amor a Meaño, quixeron sumar o seu gran de area para que a 36º Carreira Popular non quedara en balde. Corremos, camiñamos -e ata organizamos- dun xeito diferente. Porque CORRER POR MEAÑO foi máis que deporte, foi un reto do corazón coas emocións, que se cruzaron a cada paso (7.560 pasos nas contas dalgún atletas que tirou de podómetro). En adiante lembraremos tod@s sempre esta XXXVI Carreira Popular, que corremos en mente e corpo, facendo gala da prudencia que toca no momento actual.

Ángel Piñeiro (na Feira)
CORREU POR MEAÑO
Gracias, ÁNGEL!

O noso agradecemento a tod@s aqueles que o fixéchedes posible. Foi un xesto o voso que nos enorgulleceu e que nos embargou por momentos de emocións cada vez que descubriamos as fotos que iades compartindo con nós. Sabemos que algúns outros que corréchedes, non mandáchedes fotografía, polo que non puidemos rexistrar a participación para entrada en sorteo. Tamén a esos outros, moitas gracias. Os nosos desexos de que todo isto de recompoña.


Lucas Buceta (baixando dos Agros)
CORREU POR MEAÑO

Gracias, Lucas!

Nos vindeiros días comunicaremos polas redes sociais a celebración do sorteo de premios aportados por Albariño Paco e Lola, hotel-restaurante Quinta de San Amaro e Supermercado Más-Lage. Un sorteo no que tamén imos a sorprender. Imaxinación.

 

Basilio Camiña e Enrique Vilar
CORRERON POR MEAÑO
Gracias, Basilio & Enrique!


Juan Manuel Pintado (en A Canle)
CORREU POR MEAÑO
Gracias, Juan Manuel!


Diego Rosal CORREU POR MEAÑO
Gracias, Diego!
 

Juan José Iglesias e Mª Pilar Prado (na Gaviña)
CAMIÑARON POR MEAÑO
Gracias, Juan José e Pilar!
E cunha camiseta que emociona: toca decidirse, Meaño




Belén Mosteiro, Cecilia Abal e Lucas Buceta, trala chegada á meta na
Praza da Feira. Tamén CORRERON POR MEAÑO

Gracias, Belén, Cecilia e Lucas!




No hay comentarios:

Publicar un comentario