sábado, 28 de noviembre de 2020

O terceiro do mes

Terceiro pleno do concello de Meaño neste mes de novembro, este ordinario, que non podía evitarse. Eso si, a falta de previsión e axenda fixo queimar dous extraordinarios nun prazo de quince días (4 e 18 de novembro). Un pleno en Meaño: 880 euros. Se engadimos as dietas correspondentes polas comisións previas e obrigadas, e que tamén poderían terse evitado polo menos nun dos casos… duplicamos esa cifra. Un chisco de por favor. Deixamos aquí o enlace para ver este terceiro pleno, o ordinario, seleccionando tres momentos destacables en calquera resumo: 5’10’’: moción do PSOE sobre o tratamento das augas residuais do parque empresarial de Nantes e debate; 22’20’’: moción de PSOE sobre a reducción do transporte asistencial e debate; 1h. 43’27’’: denuncia pública da portavoz de MI. Pincha no icono do play ou, se tes problemas coa conexión, pincha no enlace que ofrecemos abaixo.




CONFINAMENTO PERIMETRAL DE MEAÑO

Meaño atópase de longo no seu peor momento na situación covid. Pero dispoñemos xa da primeira vacina: acostumámonos aos mortos. Que o país acabara de coñecer a mediados de novembro unha semana con máis 400 mortos (a segunda máis elevada de toda a pandemia), que agora levemos nesta última semana 294 mortos… xa non nos semella tan preocupante como en abril. Que en Meaño estiveramos esta semana con 26 casos activos, agora 24… tampouco nos semella tanto, cando en abril, antes de Semana Santa, empezábamos a alarmarnos con… 5 casos!! (e temiamos o efecto contaxio multiplicador). Levamos 44.668 mortos por covid en España… Pero un empeza a non sentir dor por efecto da anestesia.

Vista panorámica de Meaño desde Outeiro

En Meaño convén que nos paremos un chisco a valorar seriamente o momento: temos que evitar a toda costa a relaxación mental na que estamos caíndo por efectos da analxesia da costume (espertemos!). Desde aquí a nosa humilde recomendación: emprega unha mascariña FFP2 e protéxete a ti mesmo á vez que aos demáis. En quen primeiro tes que confiar é en ti mesmo, antes que no que tes enfronte. Protéxete ti. Aínda así, a mascariña axúdarache, pero non garantiza nada. Polo tanto, distancia física co interlocutor, 2 metros mellor que 1,5 m…. e se podes 3 mellor que 2 (que caramba!). E unha terceira medida: sae da casa ou da túa eira só o absolutamente imprescindible. Se podes, achícate, por favor. Todos sairemos gañando, pero, sobre todo, gañarás ti mesm@. Démoslle a volta a isto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario