domingo, 20 de diciembre de 2020

POSTAL DE NADAL

Desde este particular Ventanuco, os nosos mellores desexos neste Nadal para saír do pozo nuns tempos que están sendo os máis complicados de toda unha xeración. Un ano e unhas pascuas que nos ensina de cheo o importante que son os nosos. Desde aquí, compartimos os anhelos de felicidade para ti e os teus nun Nadal onde se impón máis que nunca a prudencia, e que se cumpran esos soños navideños para un 2021 onde só cabe mellorar. E tamén  toca agradecer aos maiores os momentos compartidos para poder contarvos historias desde esta páxina: siña Teresa (Cobas), cos seus 95 aniños, Fina (Xil), Estela (Arxentina), Feliciana (Padrenda), Silvina (Meaño), Isabel Etelvina (Simes), Manolo (Simes), Calixto, Nelly... e tantos, cos que puidemos compartir un sorriso trala mascariña, conversas entrañables coas que seguen a ensinarnos tanto aos corazóns. E, como non, o nosa gratitude tamén aos lectores, con 201.200 rexistros de entrada (en representación de 72 países diferentes) ao longo destos sete anos que levamos na rede, para citarnos aquí co pretexto de Meaño. Vós sodes a razón que nos anima a seguir abrindo cada fin de semana este ventanuco humilde, fiel a aquel espíritu de partida. Sen pretensións. 


Laura Ortigueira Hermida (7 anos)


Se queres deixar amosar neste Ventanuco a túa historia, a túa opinión, foto ou punto de vista, non dubides en contactarnos escribindo ao correo que figura arriba na marxe dereita poloventanuco@gmail.com. Porque seguimos abertos a ti.  Bo Nadal!


De Laura... con corazón para ti

 

1 comentario:

  1. Apertas agarimosas! Bo Nadal! Gracias por estar ahí nomás, del otro lado del ventanuco que nos acerca a terra. En este año 2020 que nos dijo más que nunca que lo que más importa es lo que tenemos más querido, más cercano y más simple.
    Gracias por el recuerdo Tino. Siempre en nuestro corazón.

    ResponderEliminar