PREMIOS CON MOITO DEPORTE
Agotado o prazo, entregáronse os premios de CORRER POR MEAÑO aos galardoados. Unha iniciativa da Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. que tirou de imaxinación para manter vivo o espíritu da Carreira Popular de Meaño no ano do covid. A vivencia foi posible gracias á colaboración das firmas Paco&Lola, Quinta de San Amaro e Supermercado Atlántico-Lage. Delas, o peche de hostalería pola situación covid, aprazou a disfrute de bono-tapas na Quinta de San Amaro para Lupe Vilar e Estefanía Silva (e respectivos acompañantes). A establecemento xa contactou coAs galardoadas para comunicarlles que poderán disfrutar desde convite un chisco máis adiante, cando recuperemos certa normalidade. Aquí vos deixamos as fotos de entrega de galardóns e o noso consello para este nadal: merca o teu agasallo navideño no comercio local. Paco&Lola, Quinta de San Amaro e Supermercado Lage son tres emblemas que nos enorgullecen en ser escaparate e embaixadores de Meaño. (NOTA: Publicarase máis adiante as fotos dos premios da Quinta de San Amaro).
![]() |
Cristina Castro e Alfonso García "Achas" recollen o premio e Paco&Lola |
![]() |
Visita e degustación en adega dun Paco&Lola |
![]() |
Olivia Rodríguez Moreda recolle o lote infantil no Supermercado Atlántico-Lage |
![]() |
Cecilia Abal Mosteiro recolle o seu lote infantil en Supermercado Atlántico-Lage |
E tamén no marco de agasallos o CTM GAM sorteou un fin de semana nun balneario, galardón co que a Asociación G.A.M. se fixera gañando o concurso do programa Bamboleo da TVG. E para obter uns ingresos para a sección do Clube de Tenis de Mesa procedeuse ao sorteo, entega da que acompañamos foto. Se estás interesado en achegarte e probar este deporte, non dubides en pasarte polo pavillón de As Covas-Meaño, os lunes e mércores entre 19 e 21 horas. Sexas de onde sexas. Alí informarante. Sen compromisos. Un deporte con un equipo de xente que te vai enganchar! Próbao!

María Estévez recolle o premio na libraría-café "O Principiño" en Meaño

No hay comentarios:
Publicar un comentario